A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA GRAVES DEFICINCIAS DE MANTEMENTO NO CENTRO DE SAÚDE DE ESCAIRÓN, ASÍ COMO A ALARMANTE CARENCIA DE INVESTIMENTOS POR PARTE DO CONCELLO.

        Na data de hoxe, lúns 17 de decembro, os veciños do Saviñao sufriron a carencia de calefacción no Centro de Saúde, feito que se leva repetindo dunha maneira preocupante durante todo este outono. A causa radica no ineficiente sistema de calefacción de biomasa recentemente estreado no concello, pero a Alcaldía non parece ofrecer solución. Pero neste lúns negro non foi a única incomodidade sufrida polos pacientes. Engadíuse a carencia de luz e os contínuos cortes ( denunciados pola asociación, sen resposta ), co que as consultas estiveron inoperantes boa parte da mañán.
A asociación veciñal ven reclamando nos últimos catro anos reformas no centro de saúde. Agora quérenos contentar coa construcción dun novo edificio, pero haberá que esperar como mínimo ata o 2020 para velo funcionado. ¿ teremos que soportar todo este tempo as contínuas derramas, o frio e condicións mais propias doutro século ?.
Preocúpanos que estas carencias nos servizos públicos contrastan co afán recadatorio que leva aplicando esta corporación. Sopórtase un IBI elevadísimo, incrementáronse todas as tasas municipais, co que existe superávit nas contas. Pero esta bonanza económica non repercute nos veciños xa que non existe investimento algún desta corporación municipal. Pola contra, sopórtanse tres dedicacións exclusivas e outra media, algo desproporcionado para un concello de 3.850 habitantes.
Nas vísperas dunhas eleccións municipais a actúal corporación parece máis interesada en organizar citas culinarias populistas que en solucionar as graves carencias e os problemas cotiáns dos veciños. Unha xestión global do Alcalde que pode catalogarse de NEFASTA:

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail