Baixada polos codos de Belesar

En cumprimento dún dos obxetivos da asociación veciñal, que é o do estudo e divulgación da nosa historia e património, preténdese con esta actividade recordar no seo recorrido os antecedentes históricos e culturais destas terraCoa Baixada polos Codos de Belesar preténdese a institucionalización desta xornada como unha pequena viaxe de confraternización veciñal e interxeneracional a traveso das culturas castrexa : coa presenza do castro da Portela, da romana: cos vestixios da calzada empedrada dos Codos e do burgo e restos da ponte de Belesar, e da cultura medieval: coa partida dende a egrexa románica de Diomondi descendendo polo Camiño de Inverno ata cruzar o río na dirección de Chantada, O Faro e Compostela. Descéndese. Farase no 2º ou 3º domingo de agosto.

Vista a boa acollida e a diversidade de xeneracións partícipes, preténdese dar continuidade anual nas datas da primeira quincena de agosto. Son 2.600 metros de baixada a pé por unha zona espectacular en paisaxe e natureza, chegando a Belesar con un paseo polo burgo e ó outro lado da ponte, e remate coa degustación duns aperitivos no clube naútico. O acto comeza cunha analise historica do lugar de partida.

No ano 2010 comentouse dende as abas do castro da Portela a historia da calzada romana e posteriormente medieval e logo “ camiño francés “ a Compostela; así como as orixes romanas da ponte de Belesar e a existencia de un mosteiro – hospital nesa localidade.

No 2011 iníciase o paseo coa visita ó interior e exterior da egrexa románica de S. Paio de Diomondi, onde se comentan datos históricos e estilísticos así como a presenza de diversos obispos no pazo aledaño.

No 2012 visítanse os restos da capela da Virxe do Camiño de Montecelo, con recordos do camiño real, vista do cruceiro, e o peto de ánimas da Portela.

No 2013 parte a ruta dende Piñeiro, onde valoramos os restos da capela de S. Cosmede. Dende alí transítase por un tramo do Camiño Real que nos codonduce ata Montecelo. Continúa a camiñata ata A Portela e baixada polos Codos.

No 2014 visitamos a egrexa románica de Seteventos e as súas curiosas pinturas murais para logo iniciar o descenso polos Codos.

No 2015 faise a visita cultural previa á camiñata na igrexa románica de San Salvador de Fión , que conserva da construción inicial á básida , e no seu interior unhas ben consevadas pinturas murais do século XVI . Posteriormente faise o descenso polos Codos ata o burgo de Belesar , onde se comparte un refrixerio e merenda .

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail