Solicitude retirada antena Mondavide

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á alcaldía do concello do Saviñao co motivo de manifestar a preocupación e inquedanza veciñal polo funcionamento da antena de telefonía situada na proximidade do deposito de augas en Mondavide.

Como queira que no ano 2004, coincidindo co desmontaxe doutra antena en Santalla, xa fora solicitada polos veciños a súa retirada, adxuntando daquelas unhas   150 firmas e obtendo o compromiso da alcaldía da retirada que co tempo non se executou, tal que aínda a día de hoxe segue a estar operativa; e como queira que o vecindario segue preocupado pola presenza desta fonte de campos magnéticos …

A asociación solicita do concello información sobre:

 – A data de caducidade da cesión de utilización de dita instalación.

– A cantidade que o concello percibe en concepto de arrendamento de dito servizo.

Por outra parte, a asociación solicita da alcaldía que inicie as xestións para a retirada definitiva desta antena xa que a súa ubicación no medio da poboación de Mondavide e Escairón non é a máis idónea e supón unha ameaza potencial para a saúde dos veciños.

O que se fai a data do 4 de abril do 2011.

A antena foi retirada a finais do 2011.

Máis parece que as cousas non son definitivas e a mediados de xullo do 2015 os veciños de Mondavide ven como se procedeu a re-instalación de novas antenas de Vodafone no mesmo lugar. Presentamos no Concello solicitude de explicacións, así como a súa inmediata retirada. Parece ser que o Concello proponlle outra ubicación alternativa, pero a concesión concretada nos anos 90 é por 30 anos. Confirma o Acalde que o concello recibe unha cuantía económica, sin concretar.

Reunidos coa Alcaldía en agosto do 2015, confirma a súa determinación a rescindir o contrato establecido coa empresa, de non aceptar esta a nova ubicación proposta.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail