Solicitude á Deputación arranxo estrada Escairón – Ferreira
SOLICITUDE DO ARRANXO INTEGRAL DA ESTRADA ESCAIRÓN – FERREIRA Ó PASO POR RENDAL E LAMAQUEBRADA.
Reprodución da solictude dirixida á Deputación de Lugo o 14 de xuño do 2013:
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, a traves da súa presidenta Violeta Perez Figueroa con DNI 34.259.009 A, diríxese á Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo coa finalidade de
EXPOÑER:
Que na estrada de titularidade provincial entre Escairón e Ferreira de Pantón, concretamente entre o punto kilométrico 3.2 (pasado o cruz de Lamalonga) e ata o km. 4.5 (pasado o pazo de Lamaquebrada) contados dende o cruz que hai díante da gasoliñeira de Escairón, abríronse neste inverno unha gran cantidade de fochancas, que debido a súa profundidade (algún ten 10 cm. de fondo) está ocasionando accidentes e desperfectos de certa importancia nos usuarios de esta vía.
Tan só que se teña coñecemento na asociación, producíronse cinco siniestros nas dúas últimas semanas, dos que ó menos dous quedaron totalmente inmobilizados tendo que ser rescatados pola grúa con destrozos de importancia no neumático, disco e suspensión.
Advertimos do serio risco de que se produzan máis accidentes xa que nos días de choiva ditos buracos non se perciben ó estar nivelados pola auga. Por outra parte, moitos conductores nas maniobras evasivas para escaparlle a ditos baches, invaden o carril oposto poñendo en risco ós que circulan no sentido contrario.
O número de baches no tramo comentado, cunha profundidade certamente perigosa, é de 2 en dirección a Ferreira, e de 9 en dirección a Escairon.
Recordar que este problema repítese todos os anos nesta mesma zona e na mesma estación.
Por todo elo
SOLICITASE:
A actuación de esa área da Deputación como responsable do mantemento e conservación da rede viária provincial, e de esta estrada en particular:
1º – se proceda urxentemente o rebacheado de cada un dos buratos ou fochancas dunha maneira inmediata por canto estase poñendo día a día en perigo ós usuarios desta estrada.
2ª – Posteriormente deberíase facer unha actuación máis laboriosa e estructural, consistente na reposición das capas profundas de este tramo de estrada e novo asfaltado, por canto ano tras ano vemos como nesta mesma zona ábrense profundos buratos, por canto o tema é reincidente.
Na procura de previr novos accidentes, e con máis necesidade nestas datas, ás portas da época estival na que se multiplica a poboación, esperamos a pronta e necesaria actuación de esa área da Deputación.
Atentamente despidese de Vdes. a presidenta da asociación veciñal, en Escairón a 14 de xuño do 2013.
A/A do responsable da Área de Xestión Territorial Dn. Manuel Martinez Nuñez.
RESPOSTA:
Pese a que nunha primeira resposta vía e-mail afirmaban que a reparación integral estaría suxeita ó presuposto provincial, na data do 8 de agosto pudemos comprobar como a Deputación levaba a cabo a reposición total dunha nova capa de rodadura dende o límite con Pantón, na Morá, ata a ponte da Páxara. Agradecemos este bó facer do ente provincial.