Propostas de mellora da oferta turística do noso municipio

Na data do 3 de decembro do 2015, acodimos a unha reunión solicitada polo concellal responsable de turismo. Adxuntamos unha serie de medidas encamiñadas a potenciar esta actividade para incrementar o interese dos visitantes polo noso territorio.

1. FACILITAR A VISITA ÁS EGREXAS ROMÁNICAS

Dado que é un dos principias motivos de asistencia de visitantes, esta é unha grande carencia, a visita ó interior dos templos. En tanto non se faga un convenio entre o bispado e a consellería para facilitar persoal que atenda esta necesidade, o concello podería ter algún responsable de abrir os templos previa solicitude.

 2. ELABORECIÓN DUN MAPA DO MUNICIPIO.

É imprescindible cara a información a quenes nos visitan, dun mapa global do municipio. Nel deberán figurar todos os elementos de interese:

Puntos de servizos (sanitario, oficinas bancarias, farmacias, veterinarios, correos, etc), egrexas románicas, os dous dólmenes, adegas, áreas de recreo (praia da Cova, Belesar, ponte Mourulle …), ecomuseo de Arxeriz, casas de turismo rural e locais de restauración, ….

3. SINALIZACIÓN DOS ACCESOS ATA O DOLMEN DA LEIRA RAPADA.

Xa que o seu descobremento foi a derradeira novidade, habería que poñer sinais metálicas na estrada ata Vilatán, e dende alí colocar 5 ou 6 sinais de madeira que indiquen o camiño ata o dolmen. Como se fixera para a sinalización do de Abuíme. Tamén debe ser subida ó punto dixital de información turística.

4. RESPONSABILIDADE MUICIPAL E XESTIÓN DA RUTA DE SENDEIRISMO DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO (PR-G 162).

Dado que é a única ruta homologada do municipio e case que de toda a ribeira do Miño, e dada a gran cantidade de grupos de sendeirismo que veñen a recorrela, solicitamos que sexa o concello quen a asuma e se faga cargo dela.

Ata agora foi a asociación quen a diseñou, rozou, conseguíu subvención e homologación, a promocionou, e se encargou de mantela limpa nos anos 2013, 2014 e 2015. Agora debe ser o concello quen se encargue da limpeza anual (tramos a tractor e outros a pé a cargo das brigadas de incendios ou persoal municipal), da promoción, da publicación no factbook institucional, responder as solicitudes de información, subila ó punto de información dixital.

5. EXCAVACIÓN DALGUNHA MÁMOA.

Coa existencia de dous dólmenes no territorio, somos o único municipio da Ribeira Sacra que ten monumentos megalíticos visitables. É coñecida a existencia de numerosas mámoas no noso término, polo que deberían aproveitarse axudas e subvencións cara a financiar a excavación dalgunhas destas mámoas. Elo convertiríanos a bó seguro, nun municipio de interese arqueolóxico que incrementaría as visitas.

 6. ALTERNATIVA ÓS ACCESOS Á PRAIA DA COVA.

Todos os veráns vemos como a circulación cara á área fluvial da Cova se torna en caótica e certamente perigosa. Proponse que se faga en traxectos unidireccionais, como se fai en moitos lugares de gran afluencia turística.

A baixada cara a praia manteríase tal como é actualmente, dirección dende O Priorato á praia. A subida podería ordenarse por Soutomango e Arxuá, para o que habería que reforzar esta estrada local.

Para evitar inconvintes ós usuarios e propietarios das terras, poderíaselles permitir a circulación en ambos sentidos, sinalando esta excepción convenientemente.

7. UBICACIÓN DUN CAMPING.

A carencia dun camping en toda a Ribeira Sacra é un dos puntos débiles dos servizos da nosa comarca. A área da Cova, ampliada coa compra por parte do concello dalgunhas parcelas aledañas, sería un lugar idóneo para prestar este servizo, que podería completarse coa instalación duns bungalós. Sería pioneiro na cobertura desta necesidade de crecente demanda.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail