A desfeita de Diomondi

Na tarde-noite do inocente 28 do nadal de 2010 derrubábase a fachada do palacio obispal de Diomondi, edificio medieval que servía de descanso estival ó obispado lucense. O suceso ben podería atribuirse ás inclemenzas metereolóxicas, de non ser porque dende a última restauración de fai 5 anos xa se lle notaba certa “panza” na fachada ; e de que as dúas ou tres filas de tellas da cornisa N. e O. do edificio levaban desprazadas facia máis de dous anos permitindo filtracións de auga. Sin que ninguén dera nota nin voz de alarma.

O evidente aconteceo. A asociación tivo a sorte-desgraza de dar o aviso de alarma e de denunciar o abandono ó que se somete todo o patrimonio histórico-cultural do noso concello. E elo abrangue dende o concello, ata o crero e a Dirección Xeral de Património, pois ninguén foi capaz de evitar o que para os veciños de “ a pé ” era evidente.

15 días despois do derrubo e díante das choivas torrenciais que seguían a caer, solicitamos á alcaldía que se tomara a iniciativa de cobrir a fachada para evitar a contínua erosión que auga e vento estaban a facer e que se adintelaran os vanos dos ocos. A alcaldía sen permiso de Patrimonio non actuaba (pero ¿pedirían dito permiso ou tan sequera chamarian?). Un mes e 5 días despois lévase a cabo a laboura preventiva de novas erosións: dintelanse ocos de ventás e porta, aplícase un morteiro na desgarrada fachada e apuntálase a estructura exterior do edificio.

Dende a asociación reclámase unha pronta e imprescindible restauración deste notable edificio e conxunto declarado Bien de Interés Cultural, feito no que se suman asociacións de toda Galicia, como foi o caso da asociación de amigos do románico O Sorriso de Daniel. Así na data do 6 de febreiro acoden solidariamente unhas 70 persoas de toda Galicia asociadas ó devandito grupo, sumándose a úns 50 veciños que os esperamos. O catedrático de arte Yzquierdo Perrín comenta datos da egrexa románica. Mª Nieves Peiró resume todo o estudo que leva facendo do edificio obispal e o decano dos arquitectos de Ourense Xan Rodriguez descobre as causas do derrubo e as condicións da necesaria restauración. No acto leuse un comunicado que sería presentado como moción ós 3 partidos políticos do arco parlamentario galego a fín de institucionalizar a conservación do románico como necesidade histórica.

Dous anos despois, a asociación O Sorriso de Daniel acude de novo ó templo a reclamar a falta de restauración . No mesmo acto a institución da egrexa, na boca de Carnero, confirma a falta de fondos para aplicar nesta necesaria actuación. Unha vez máis queda patente a ausencia do necesario dialogo entre os estamentos políticos e crericais para tratar de darlle unha utilidade que xustificase a súa reparación.

Namentras comprobamos como a fragante e descomunal hipoteca da Cidade da Cultura enterra toda iniciativa no campo da historia-património-cultura galegas. Esperemos que queden algúns céntimos sobrantes para restaurar unha peza clave no corredor de templos románicos que dan nome e fama a nosa Ribeira Sacra.

Na data do 27 de agosto do 2014 publícase na prensa a intención da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de restaurar o Pazo Obispal, unha moi boa nova cara a conservación do noso patrimonio.

É no verán do 2015 cando felizmente vemos rematada a obra de restauración da fachada do Pazo. Consistíu nun groso morteiro na fachada e reposición dos dinteis da portada e ventanais , así como do retellado da ala do pazo e ubicación dunha plataforma na pranta do interior . Recupérase así unha peza básica no amplio catálogo do románico da Ribeira Sacra que está optando a recibir o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade. Recoñecemos e agradecemos o interese da Dirección Xeral de Patrimonio.

No mes de abril do 2016 acode o Conselleiro anunciando que se continuará coas labores de restauración na igrexa , con limpeza da fachada , reforzo da espadana e retellado .

Dende a asociación propúxose darlle unha utilidade ó edificio do pazo . Considérase que sería oportuno que fose utilizado como albergue para os camiñantes do Camiño de Inverno , pois este punto estratéxico está a 100 quilómetros exactos do destino Compostela , e a día de hoxe non hai habilitado ningún na comarca .

compromiso de arranxo

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail