O CLUBE CAMPELAS DE PATINAXE ARTÍSTICO NON PODE FACER USO DO POLIDEPORTIVO.

O club de patinaxe Campelas leva anos fomentando este deporte entre as distintas xeneracións que acolle ano tras ano, facendo un traballo encomiable nun deporte que non é maioritario, coas dificultades que elo conleva. Os éxitos que van conseguindo convírteno na mellor representación que hoxe en día ten a nivel deportivo o municipio do Saviñao. De feito ven de conseguir, coa escenificación dunha temática contra a violencia de xénero, a segunda praza nun certame internacional celebrado en Madrid no mes de marzo do 2019.

Nembargantes iste éxito e dedicación non están a recibir o trato que se merece por parte do Concello. Hai dous anos a corporación financiou a renovación da superficie da pista do polideportivo de Escairón, pero as características da pintura empregada fai imposible a práctica do patinaxe ó frear o deslizamento dos patíns. Este feito foi reclamado ó Concello polo propio clube, pero despois de todo iste tempo aínda non se modificou a superficie da pista. Como consecuencia o clube ten que desprazarse aos concellos de Bóveda e Chantada para realizar os entrenamentos, cos custos e contratempos que ocasiona ás nais e país das rapazas e rapazes das distintas idades.

Por outra parte, esta limitación está imposibilitando a celebración de certámenes no noso concello, co que se está perdendo un irrepetible motivo para recibir visistas de clubes doutras partes de Galiza e mesmo do estado español que movilizarían bastante xente, coa conseguinte repercusión económica.

Recentemente recibimos as queixas das nais e país das compoñentes do clube, motivo polo que solicitamos do Concello a urxente reforma da pista para que se poida practicar a patinaxe, con materiais que o fagan compatible con outros deportes, como é xeneralizado en todos os polideportivos.

Non se entende a tardanza en afrontar esta  reparación dada a importancia da actividade e o gran número de rapazas e rapaces que a practican. Tampouco se entende a falta de recoñecemento por parte da Alcaldía de que a patinaxe artística é unha excelente mostra e promoción do Saviñao en Galiza e fora de Galiza.

O 7 de maio rexistramos a queixa no Concello e entrevistámonos co Alcalde, quen afirma que xa está encargado o proxecto para facer unha superficie de parket. Esperamos ver o que tarda en facer realidade esta prioridade deportiva.

queixa pista de patinaxe 1  queixa pista patinaxe 2

1 3 2 4

 

A reforma da pista apróbase no mes de outubro do 2020.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail