ALEGACIÓNS PRESENTADAS Á DECLARACIÓN BIC DA RIBEIRA SACRA
O 19 de marzo envíamos á Dirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Cultura as alegacións á relación de bens a incluir como bens de protección da paisaxe cultural ( BIC ) da Ribeira Sacra, previa á proposta a Patrimonio da Humanidade.
Indicamos a omisión dalgúns elementos medievais e románicos do noso concello, así como doutros elementos patrimoniais de interese dentro do noso territorio municipal. tamén rexistramos no concello esta relación, para que teñan coñecemento das omisións detectadas.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións de Lugo, e co nº 14 no rexistro municipal do Saviñao, a traves da súa Presidenta, Celia Ferreiro Riazor con DNI 33.812.714 T, diríxese á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e,
EXPOÑEMOS:
Que Segundo o anunciado no DOG num. 246, do venres 29 de decembro do 2017, incóase expediente para declarar a Ribeira Sacra ben de interese cultural ( BIC ).
Que dentro do prazo de tres meses que se lle concede ás institucións e persoas xurídicas formulamos as seguintes
ALEGACIÓNS :
ALEGACIÓNS Á INSTALACIÓN DUNHA MINICENTRAL HIDOELÉCTRICA NO RÍO SARDIÑEIRA
RAZÓNS PARA O REXEITE DA MINICENTRAL HIDROELÉCTRICA DOS AMIEIROS NO RÍO SARDIÑEIRA .
1ª – Dada a gran cantidade de explotacións hidraulicas existentes no noso concello e no contorno comarcal , como os macroencoros e estacións eléctricas dos Peares e Belesar , a minicentral do río Pesqueiras e a veciña do río Asma , consideramos excesiva a explotación dos leitos fluviais .
Como o Sardiñeira é un rio de escaso caudal , a construcción dun azud de 5 metros de altura modificaría substancialmente a masa de auga superficial e natural . Ademais deberíase ter en conta o reducido interese enerxético desta minicentral , o que supón un escaso beneficio particular fronte a un gran prexuizo público .
RELACIÓN DE TEMPLOS E MOSTEIROS MEDIEVAIS NO MUNICIPIO DO SAVIÑAO .
A Asociación Veciñal do Saviñao , en base aos traballos de investigación de Enrique Pérez Losada , presenta unha recompilación dos antigos asentamentos relixiosos nas terras do Saviñao anteriores á Idade Moderna .
O que pretende a asociación é poñer en coñecemento a gran cantidade de templos cristiáns que poboaban estas terras na Idade Media . Este traballo divídese en dúas partes, na primeira faise mención dos templos e mosteiros situados no territorio da Ribeira Sacra deste municipio , deixando para unha segunda parte os ubicados fora das zonas de ribeira , localizados máis ó interior . Procúrase detallar os máis descoñecidos ou omitidos noutros estudos .
A intención é dirixir este traballo á Comisión de Seguemento da candidatura da Ribeira Sacra á Patrimonio da Humanidade , para que poida servir de aportación argumental na consecución desa desexada figura de interese cultural .
PARTE PRIMEIRA. TERRITORIO DO SAVIÑAO DE RIBEIRA E BOCARIBEIRA ( BIC RIBEIRA SACRA )
A deputación invita a participar na elaboración dos orzamentos do 2015
A DEPUTACIÓN INVITA A PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS DO 2015. CLARO QUE PARTICIPAMOS!
A Deputación de Lugo anunciou unha, ata agora, descoñecida apertura na participación da cidadanía para a elaboración dos orzamentos.
Dende a asociación acollemos a iniciativa con gañas e sentido positivo, e elaboramos unha serie de suxerencias que trasmitimos á institución vía correo electrónico, e ademais levamos par expoñer nó acto do 22 de xullo no Centro do Viño de Monforte.
SOLICITUDE DE INCLUSIÓN DA DEVESA NO CATALOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS
Unha das primeiras actividades da asociación , nos seus inicios no outono do 2009 , foi a de dirixir á Dirección Xeral de Conservación da Natureza , dependente da Consellería de Medio Rural, unha solicitude para incluir A Devesa de Escairón no catálogo de Arbores Senlleiras , para conseguir algunha forma de protección institucional para este emblemático espazo verde.
Ante estas perspectivas o único que esta asociación pretende é garantir o futuro ecolóxico e social de este espazo querido por todos , por formar parte da identidade dun pobo e por considerar que ben merece un agasallo por parte do home ó que tanto aporta . Destacar que esta solicitude non é competitiva nin excluínte coa búsqueda doutras formas de amparo e protección, que xa deberan estar solicitadas hai dous anos por un acordo plenário que así foi recollido nas súas actas , precisamente esta deixadez institucional espoleou ós veciños a tomar esta iniciativa . Todo seña por manter e mellorar este monumento da natureza.Baseándose no porte e na relevancia sociocultural de este espazo arbóreo así como na procura de cuidados fitosanitarios ( necesidade de protección radicular , podas terapeúticas e selado de polas mortas ) a asociación veciñal elaborou un dossier composto dunha memoria onde se explican as características ecolóxicas da carballeira , destacando a súa idade ( tres séculos ), a altura ( moitos sobrepasan os 25 m. ) e o grosor ( máis dun metro de diámetro e tres de perímetro ), ademais da importancia social e cultural que tivo e continua a ter na sociedade do Saviñao ( referencias literarias , actos multitudinario, uso actual, etc.), que fan deste conxunto un reclamo engadido ós paraxes atractivos da Ribeira Sacra. Acompanando esta memoria cunha mostra fotográfica de todos os aspectos comentados.
Esta solicitude pretende buscar algunha forma de protección institucional para evitar o deterioro e mellorala se cabe , pois nos últimos 40 anos ven a sufrir continuas agresións que mermaron a súa extensión e frondosidade. A saber : construcción dos vellos grupos escolares e centro de saúde na súa veira, un parque infantil e unha pista deportiva ( hoxe retirados ), a limitación do perímetro norte e oeste por sendas estradas , a destrucción e arrancamento de pezas sofrido no ciclón Hortensia , e as últimas : o soterramento dun sistema de iluminación interior da Devesa ( absurdo e hoxe inutilizado ) e a ampliación dun dos edificios limítrofes ata os mesmos troncos dalgúns destes vetustos carballos .
Expoñemos a argumentación presentada e o dossier fotográfico adxuntado .
Propostas trala caída da Nogueira de Licín
Como consecuencia dos continuados temporais que vapulearon Galicia no inverno de 2014 temos a negativa nova da caída da Nogueira de Licín, a única árbore do noso municipio e o único exemplar de esta especie incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia co código 122A e ó que se lle supoñen 500 anos de idade. Así na data do 10 de febreiro do 2014 o propietario, Xose Antonio, notifica á prensa o feito.
SOLUCIONADO O ACCESO E SINALIZACIÓN DO DOLMEN DE ABUÍME
Esta era unha débeda histórica da sociedade do Saviñao coa história antiga e co seu patrimonio . Ata agora o dolmen só podía ser visitado acompanado dun veciño coñecedor do lugar , eso si o visitante conseguía dar co campo da festa de Abuíme , e despois acceder atravesando fincas privadas e abancando as alambradas divisorias das mesmas . Chegar a ver o monumento era toda unha odisea . Así de difícil resultaba poder visitar un dos escasos monumentos megalíticos “visibles” en toda a Ribeira Sacra .
Dende a Comisión de Patrimonio e Cultura da asociación tomouse a iniciativa de buscarlle unha pronta solución a este olvido histórico dos nosos rexedores e gobernantes . A finais de xullo do 2013 inícianse os contactos cos veciños propietarios das parcelas por onde se debería trazar o camiño ó dolmen sin invadir as lexítimas . O tema despertou moito interese nos veciños que non puxeron trabas o concederon en “ ben da colectividade “ o permiso de paso polas extremas das fincas .
Días despois limpiouse o acceso e o perímetro do dolmen . Na data do 11 de agosto , para celebrar este acordo , organizouse unha visita ó dolmen invitando a todo o que quixera acodir . A resposta foi masiva , máis de 80 persoas se deron cita no campo da festa , entre eles moitos veciños de Abuíme , orgullosos de poñer en condición de visitable este elemento tan apreciado da súa historia . Inaugurouse así o paso e díante da anta Enrique Perez Losada explicou o significado do monumento naquel momento da prehistoria , así como o aspecto actual . No acto público a asociación comprometeuse a conseguir a adecuada sinalización para guiar os visitantes sin posibilidade de perderse .
No Nadal conséguese que o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra aporte 6 sinais metálicas para colocar nas estradas , guiando o visitante dende Escairón ata a entrada do camiño . En xaneiro do 2014 coa aportación voluntaria dos asociados , colócanse dous postes de madeira tratada que marcan o traxecto polo camiño cedido polos veciños .
Remátase así coa tarefa comprometida , quedando agora o monumento megalítico en situación de “ visitable ” e conseguindo o obxetivo da posta en valor de este preciado elemento patrimonial , único na Ribeira Sacra .
Proxecto de revalorización do mundo rural
NOTA DE PRENSA LA VOZ DE GALICIA 8 DE MARZO 2013
O sábado 9 de marzo do 2013 ten lugar a primeira presentación na comarca de Lemos do proxecto de Valorización do Mundo Rural que se pretende extender a outros concellos da comarca. A asociación encargárase de transmitir o proxecto a pequenos productores, artesáns, asociacións veciñais e culturais, SAT, colexos, e persoas interesadas. Contactouse con 28 entidades. Ó acto acudiron unhas 30 persoas. Agora trátase de divulgar o proxecto a máis tecido social do noso municipio, coordinarse para comenzar a traballar e esperar a aceptación que teña nos concellos veciños.
É un intento de revalorizar o noso mundo rural, de interrelacionar os distintos productores e elementos da nosa sociedade, de coordinalos para buscar a posta en valor de todo o que aquí temos: agricultura, gandería, foresta, acuíferos, patrimonio ecolóxico e cultural, etc. A finalidade: conseguir que se poida vivir onde nacemos e presentar todo o potencial da vida rural. O proxecto abarca toda a comarca de Lemos. É unha difícil tarefa, pero temos a obriga de intentalo, esperando ser o xérmolo dun renacer do campo.
APERTURA DUNHA RUTA DE SENDEIRISMO HOMOLOGADA , A RUTA DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO ( PR – G 162 ) . Stº. Estevo de Ribas de Miño – Segade ( Cima de Atán ) 36 km.
Este foi un dos retos ós que se someteu a asociación veciñal mais esixentes debido á longa duración e a responsabilidade que supuxo a coordinación dos distintos organismos e a variedade de funcións . A motivación que nos moveu a traballar nesta iniciativa foi, en primeiro lugar , a ausencia no municipio do Saviñao de rutas de sendeirismo , nin homologadas , nin sin homologar . En segundo lugar , intentar compensar con esta actividade o gran desequilibrio existente entre a promoción da Ribeira Sacra do Sil respecto da ribeira do Miño , a gran olvidada . E en definitiva , para da a coñecer o noso entorno e poñer en valor aqueles elementos que nos definen e que debemos ofertar .
Foi un longo traballo que se iniciou no outono do 2010 e rematou en marzo do 2013 . Comezou co diseño dunha ruta que concentrara elementos patrimoniais ( románico , codos romanos , calzadas medievais , castrexo , ..) , coa paisaxe e vexetación ( dende a imaxe dos socalcos da ribeira ata paso por pechos bosques , e paso por moitas poboacións así como pola fervenza de Augacaída ) , e coas posibilidades de ocio e gastronomía ( paso polo burgo de Belesar , a praia da Cova e a área de Maiorga , e alternativas de turismo rural próximas , adegas ) .
Unha vez diseñado o traxecto e comprobada a viabilidade con saídas de campo , exploracións das distintas vías , comprobación da transición por camiños pechos dende había máis de 25 anos ; plantexamos esta alternativa á Vicepresidencia da Deputación , sendo ben recibida , pero esixindo a súa homologación . Tamén se lle prantexou esta iniciativa á Alcaldía de Pantón , quenes están bastante máis sensibilizados con este tema , pois xa teñen unhas 6 rutas abertas no seu concello . Interésalle o proxecto . Rómpese así co corsé do localismo , agora trátase de ensinar o Miño no seu conxunto .
ALEGACIÓNS Ó PXOM
Unha vez coñecida a presentación do proxecto do novo Plan Urbanístico ( PXOM ) , esperado e desexado dende o último plan dos anos 80 , analizouse o mesmo , e unha vez recoñecidos erros e carencias , ademais das suxerencias veciñais recibidas , elaboramos unha serie de alegacións que suman un total de 40 .
Distribuímolas en 5 apartados , correspondentes ós enuncidos no proxecto : 1- Normativa Urbanística , 2-Catalogación de béns do concello , 3- Memoria Descriptiva e Xustificativa , 4- Planificación do Núcleo Urbano de Escairón , e 5- Espazos de Protección Forestal .