A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA ANTE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE O ALCALDE REGALA A AUGA PARA O LAVADO DAS CISTERNAS DE LEITE DE CELEGA.
O Concello do Saviñao non só se inhibe nos contínuos vertidos contaminates da empresa láctea CELEGA ó río Pesqueiras, “ mirando para ó outro lado”, mentras teñen que ser os vecinos quenes insistan nas denuncias e defendan as condicións naturais do río. Agora compróbase como o Concello facilita auga da traida de forma totalmente gratuita, sin contador algún nin rexistro do gasto, para encher as enormes cisternas que logo serán lavadas e vertidas como residuais, sin a debida depuración.
Pero non só regala miles de litros de auga, senón que o Concello creou hai poucos días a rede de tuberías que derivan a auga da traída dende una arqueta aberta ó lado da caseta dos pozos, ata a beirarúa, onde instalaron outra arqueta e unha boca de acceso a auga , que facilite o enchido aos camións cisternas. Esto é na área recreativa da Lama de Escairón, fronte ó pavillón deportivo municipal. Adxuntamos dosier fotográfico onde se nota a zanxa do soterrado recenté da tubería, así como os dous rexistros , entre a caseta da Lama e a beirarúa.
Este feito ten gravidade por canto é un agravio compartivo, e de favor a una empresa, respecto ó resto da veciñanza que sofre ano tras ano os incrementos na tasa polo consumo da auga da traída. Mesmo pode estar incurrindo nun delito de fraude e prevaricación administrativa doble: por un lado por permitir os constantes e diarios vertidos , e por outro por regalar miles de litros de auga da traída que logo irá a cargo dos bolsillos dos vecinos.
Escairón a 28 de marzo do 2017. Ver anexo de fotos.
Solicítase actuación do Concello nas vivendas ruinosas de Escairón
O venres 24 de febreiro do 2017 rexistramos no Concello solicitude para dar solución a unha problemática que pode poñer en risco a peóns e a seguridade vial en Escairón . Trátase do cada vez máis crecente abandono de vivendas no núcleo urbano de Escairón, e da responsabilidade que pode recaer no Concello no caso de accidente por desprendemento de estruturas destas vivendas á vía pública.
Para evitar este risco, presentamos una relación de 7 vivendas que precisan de actuación inmediata. Algunha delas xa provocou en anos anteriores caída de cascotes da estrutura sin danos .
Adxuntamos copia da solicitude. Sigue leyendo
A ASOCIACIÓN DENUNCIA QUE O CONCELLO PERMITE O USO DO PUNTO DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS COMO PUNTO LIMPO CLANDESTINO.
Recibidas na asociación queixas dos veciños da rúa Celso Emilio Ferreiro de Escairón , polo alarmante incremento de ratas de gran tamaño nas proximidades das vivendas, cortes e negocios da zona, atribuídas á prolongada existencia de vertidos clandestinos de lixo no punto oficial de recollida de plásticos agrícolas ubicado no lugar proximo de » Os Bulleiros «.
Comprobamos como o punto específico de depósito de plásticos convertíuse nun vertedoiro incontrolado de materiais de diversa procedencia . Así é apreciable o predominio de calquera outro tipo de material acumulado : cascallos de obra, palés, mobiliario urbano, trapos e tecidos, caixas de bebidas, etc. acumulados nun longo periodo de tempo.
Considérase que este é o punto de orixe da presenza de roedores, o que o convirte nun foco perigoso para a saúde pública , afectando gravemente á veciñanza . Sigue leyendo
SOLICITUDE DE LIMPEZA E ADECENTAMENTO DOS PUNTOS VISITABLES DO NOSO MUNICIPIO
Co inicio do verán comeza unha estación na que o noso territorio é visitado por moitas persoas que escoitaron e viron imaxes suxerentes de natureza , paisaxe e patrimonio . O noso municipio , como moitos outros do interior , precisa urxentemente de acicates económicos que asenten poboación e frenen o abandono do territorio por parte dos xovenes que aínda quedan . O turismo debe ser aproveitado como un bó recurso de ingresos , eso sí , sostible e sin agresións , integrado na fermosa natureza que nos rodea .
Por iso , dende a asociación instamos ós nosos gobernantes a que se impliquen na tarefa de mostrar o mellor do noso territorio , e esto leva a limpar e manter os puntos de maior afluencia de visitantes , co fin de continuar na promoción deste territorio como pequeno paraiso de disfute dos sentidos .
Son elementos de interese : o románico , o resto do patrimono arqueolóxico , a natureza e a paisaxe . O entorno das egrexas está bastante ben conservado , bótase en falla a sinalización e limpeza dos accesos á Leira Rapada . Os dous puntos paisaxisticos de mais demanda : o pobo de Belesar e o a praia da Cova tamén están en aceptables condicións , quizais a limpeza das cunetas da estrada que une estes dous puntos sexa unha carencia a reclamarlle á Deputación .
A asociación demanda a execución do que é responsabilidade institucional , a limpeza e adecuación doutros tres puntos de interese que presentan a día de hoxe un lamentable estado , e por elo rexistramos a seguinte solicitude : Sigue leyendo
Propostas de mellora da oferta turística do noso municipio
Na data do 3 de decembro do 2015, acodimos a unha reunión solicitada polo concellal responsable de turismo. Adxuntamos unha serie de medidas encamiñadas a potenciar esta actividade para incrementar o interese dos visitantes polo noso territorio.
1. FACILITAR A VISITA ÁS EGREXAS ROMÁNICAS
Dado que é un dos principias motivos de asistencia de visitantes, esta é unha grande carencia, a visita ó interior dos templos. En tanto non se faga un convenio entre o bispado e a consellería para facilitar persoal que atenda esta necesidade, o concello podería ter algún responsable de abrir os templos previa solicitude.
2. ELABORECIÓN DUN MAPA DO MUNICIPIO.
É imprescindible cara a información a quenes nos visitan, dun mapa global do municipio. Nel deberán figurar todos os elementos de interese:
Puntos de servizos (sanitario, oficinas bancarias, farmacias, veterinarios, correos, etc), egrexas románicas, os dous dólmenes, adegas, áreas de recreo (praia da Cova, Belesar, ponte Mourulle …), ecomuseo de Arxeriz, casas de turismo rural e locais de restauración, ….
3. SINALIZACIÓN DOS ACCESOS ATA O DOLMEN DA LEIRA RAPADA.
Xa que o seu descobremento foi a derradeira novidade, habería que poñer sinais metálicas na estrada ata Vilatán, e dende alí colocar 5 ou 6 sinais de madeira que indiquen o camiño ata o dolmen. Como se fixera para a sinalización do de Abuíme. Tamén debe ser subida ó punto dixital de información turística.
4. RESPONSABILIDADE MUICIPAL E XESTIÓN DA RUTA DE SENDEIRISMO DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO (PR-G 162).
Dado que é a única ruta homologada do municipio e case que de toda a ribeira do Miño, e dada a gran cantidade de grupos de sendeirismo que veñen a recorrela, solicitamos que sexa o concello quen a asuma e se faga cargo dela.
Ata agora foi a asociación quen a diseñou, rozou, conseguíu subvención e homologación, a promocionou, e se encargou de mantela limpa nos anos 2013, 2014 e 2015. Agora debe ser o concello quen se encargue da limpeza anual (tramos a tractor e outros a pé a cargo das brigadas de incendios ou persoal municipal), da promoción, da publicación no factbook institucional, responder as solicitudes de información, subila ó punto de información dixital.
5. EXCAVACIÓN DALGUNHA MÁMOA.
Coa existencia de dous dólmenes no territorio, somos o único municipio da Ribeira Sacra que ten monumentos megalíticos visitables. É coñecida a existencia de numerosas mámoas no noso término, polo que deberían aproveitarse axudas e subvencións cara a financiar a excavación dalgunhas destas mámoas. Elo convertiríanos a bó seguro, nun municipio de interese arqueolóxico que incrementaría as visitas.
6. ALTERNATIVA ÓS ACCESOS Á PRAIA DA COVA.
Todos os veráns vemos como a circulación cara á área fluvial da Cova se torna en caótica e certamente perigosa. Proponse que se faga en traxectos unidireccionais, como se fai en moitos lugares de gran afluencia turística.
A baixada cara a praia manteríase tal como é actualmente, dirección dende O Priorato á praia. A subida podería ordenarse por Soutomango e Arxuá, para o que habería que reforzar esta estrada local.
Para evitar inconvintes ós usuarios e propietarios das terras, poderíaselles permitir a circulación en ambos sentidos, sinalando esta excepción convenientemente.
7. UBICACIÓN DUN CAMPING.
A carencia dun camping en toda a Ribeira Sacra é un dos puntos débiles dos servizos da nosa comarca. A área da Cova, ampliada coa compra por parte do concello dalgunhas parcelas aledañas, sería un lugar idóneo para prestar este servizo, que podería completarse coa instalación duns bungalós. Sería pioneiro na cobertura desta necesidade de crecente demanda.
Solicitude de reformas no centro de saúde de Escairón
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, a través da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, con DNI 34.259.009 A, diríxese ó Servicio de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, coa finalidade de solicitar unha necesaria actuación sobre o edificio do Centro de Saúde de Escairón, para que á súa vez o trasmita á Subdireción Xeral de Investimentos da Dirección Xeral de Recursos Económicos do SERGAS.
EXPONSE :
- O edificio do Centro de Saúde da capitalidade do municipio amosa unha imaxe de deterioro e de falta de funcionalidade para o desempeño das labores sanitarias que ven prestando a úns 2.600 veciños. Recordar que a última reforma remóntase ó ano 1996.
- É notable e gravosa a carencia dun elevador no centro de saúde, considerando que na 1ª planta estan ubicadas dúas das tres consultas médicas do centro así como outra de enfermería, profesionais que a miudo teñen que baixar á pranta baixa para atender a pacientes limitados fisicamente. Esto supón o incumprimento do Decreto 35/2000 do 28 de xaneiro que aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión das barreiras na Comunidade autónoma de Galicia.
- Recordar que no mes de outubro do 2010 a Consellería de Sanidade contemplaba unha inversión de 40.000 € para o consultorio de Escairón. Daquela desglosárase nunha partida de 25.397 € incluída no epígrafe de “construcción de centros de atención primaria” e doutra segunda de 13.995 € integrada nas inversións programadas de “novas no centro de saúde e equipamento”. Despois de catro anos de espera ningunha de esas inversión presupostadas se levou a cabo.
- Este concello, pola contra, foi obxeto do recorte dunha praza de médico e outra de enfermeiro no verán de 2011, sufrindo un agravio comparativo con respecto ós concellos veciños que con 1.300 habitantes menos conservaron a mesma dotación. É por elo lóxica unha compensación na asistencia sanitaria ós veciños deste municipio.
Solicitude retirada antena Mondavide
A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á alcaldía do concello do Saviñao co motivo de manifestar a preocupación e inquedanza veciñal polo funcionamento da antena de telefonía situada na proximidade do deposito de augas en Mondavide.
Como queira que no ano 2004, coincidindo co desmontaxe doutra antena en Santalla, xa fora solicitada polos veciños a súa retirada, adxuntando daquelas unhas 150 firmas e obtendo o compromiso da alcaldía da retirada que co tempo non se executou, tal que aínda a día de hoxe segue a estar operativa; e como queira que o vecindario segue preocupado pola presenza desta fonte de campos magnéticos …
A asociación solicita do concello información sobre:
– A data de caducidade da cesión de utilización de dita instalación.
– A cantidade que o concello percibe en concepto de arrendamento de dito servizo.
Por outra parte, a asociación solicita da alcaldía que inicie as xestións para a retirada definitiva desta antena xa que a súa ubicación no medio da poboación de Mondavide e Escairón non é a máis idónea e supón unha ameaza potencial para a saúde dos veciños.
O que se fai a data do 4 de abril do 2011.
A antena foi retirada a finais do 2011.
Máis parece que as cousas non son definitivas e a mediados de xullo do 2015 os veciños de Mondavide ven como se procedeu a re-instalación de novas antenas de Vodafone no mesmo lugar. Presentamos no Concello solicitude de explicacións, así como a súa inmediata retirada. Parece ser que o Concello proponlle outra ubicación alternativa, pero a concesión concretada nos anos 90 é por 30 anos. Confirma o Acalde que o concello recibe unha cuantía económica, sin concretar.
Reunidos coa Alcaldía en agosto do 2015, confirma a súa determinación a rescindir o contrato establecido coa empresa, de non aceptar esta a nova ubicación proposta.
Solicitude seguridade vial
A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía do concello do Saviñao coa finalidade de solicitar medidas de seguridade víal a adoptar nas entradas da poboación de Escairón.
MOTIVACIÓN:
Dado o alto número de incidencias sucedidas neste último ano nas entradas rodadas á localidade de Escairón, tanto dende o acceso de Monforte como dende a estrada de Ferreira, e dados os antecedentes de sucesos na entrada dende a estrada de Currelos, e dada a preocupación vecinal recollida nesta asociación coas numerosas queixas recibidas; consideramos que a prevención debe anticiparse á traxedia a fin de evitar danos humáns ós veciños.
Solicitude á Conselleira de territorio e infraestruturas .
SOLICITUDE Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS DA XUNTA DE GALICIA DO ARRANXO DAS ESTRADAS ESCAIRÓN – PESQUEIRAS E DO ACCESO A ESCAIRÓN DENDE O CORREDOR.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións de Lugo, a través da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, con DNI 34.259.009 A, diríxese diante da Axencia Galega de Infraestructuras para solicitar as tarefas de conservación e mantemento dos tramos de dúas estradas autonómicas de moita frecuentación e importancia no noso municipio.
Solicítase o vaciamento definitivo do estanque do lavadeiro da Devesa
Unha vez máis as augas do estanque do lavadeiro motivan queixas dos veciños, nesta ocasión son augas fecais do alcantarillado as que invaden o espazo acuático. Na data do 28 e xullo pídese ó concello a inmediata solución e solicítase a solución definitiva: a conversión de este espazo da Devesa nunha zona de uso e disfrute humano, tal e como recolle o Plan de Protección e Conservación da Devesa proposto pola asociación. No día seguinte foi vaciado o estanque, e renovadas as augas, pero eso non nos parece suficiente.
Consideramos que esta área debería ser aproveitada para ampliar e abrir a Devesa, eliminando a oxidada verxa que a pecha e humanizando ese espazo de uso tradicional polas mulleres que lavavan e clreaban a colada. Podería ser usado para pequenos eventos culturais (concertos, contacontos, etc), de reunión da xoventude que todavía a estas alturas carece de local e ubicación, ou de recreo veciñal.