A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA NOVOS VERTIDOS DA EMPRESA LÁCTEA CELEGA Ó RÍO PESQUEIRAS.
Na data do 11 de novembro do 2016 recibíronse queixas dos veciños polo aspecto das augas do cauce do río Pesqueiras , en concreto nos lugares de A Veiga e Torno , úns 5-6 quilómetros abaixo da central leiteira. A alarma despertouna os restos flotantes de espuma branca , cun fétido cheiro e o leito opaco das augas.
Recordamos que na primavera deste mesmo ano ADEGA presentou denuncia ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ( CHMS ) e o SEPRONA, despois do informe elaborado pola asociación veciñal. Asemesmo un veciño afectado tamén se dirixíu ante a CHMS , o Concello e a Consellería de Medio Ambiente. Os feitos son repetidos e continuados , pois ademais destes residuos visuais , comprobamos como case que todas as mañáns percíbese un fétido olor nas proximidades do cauce que vai desaparecendo ó longo do día , o que fai sospeitar que eses vertidos fanse alevosamente pola noite.
Os frecuentes cortes de luz supoñen custos ós negocios e veciños ¿ que fai a Alcaldía ?
Dado que xa pasaron dous meses dende que lle enviáramos ó Alcalde solicitude de intervención diante da empresa Gas Natural Fenosa, para que esixira correccións cara a evitar esta lacra enerxética, vemos como seguen a repetirse os cortes de luz sen solución, ocasionando custos e quebradeiros ós veciños, negocios e empresas do municipio. Por elo enviamos nota de prensa denunciando a pasividade da Corporación municipal.
A CATÁSTROFE DOS LUMES NON PODE VOLTAR A REPETIRSE. PROPOÑEMOS MEDIDAS A ADOPTAR NO NOSO MUNICIPIO.
Despois da debastadora vaga de lumes que sufríu este ano a comunidade galega, consideramos que debe servir de alerta e chamada de atención a toda sociedade ou do contrario, considerando a ameaza que suporá no futuro mais inmediato o cambio climático que xa estamos padecendo, o mundo rural corre serio risco de afrontar un número crecente de incendios similares aos das recentes datas.
Por elo compre sentar as bases para que NUNCA MÁIS se volva producir un desastre humano e medio ambiental como o deste ano. Por iso é o momento de aportar solucións deixando a un lado intereses enfrontados ou posicións tácticas políticas, e adoptar as medidas consensuadas que minimicen no posible as desoladoras consecuencias do lume.
Dende a asociación dirixímonos ó órgano de goberno local e a todos os partidos políticos do municipio coa finalidade de que sexa tratado este tema coa seriedade e responsabilidade que se merece, e se adopten resolución plenarias para previr e evitar na medida das posibilidades locais a catástrofe do lume no noso municipio.
Dende a asociación veciñal propoñemos unha serie de medidas para que sexan debatidas nunha sesión plenaria e, si se consideran, sexan executadas dun modo inmediato:
DE NOVO A POBOACIÓN TEN QUE SAIR NA DEFENSA DO HOSPITAL DE MONFORTE
Despois de que a Xunta de Galicia presentara, a principios do mes de agosto , un proxecto de lei dunha nova lei de sanidade na que se ameaza de novo aos hospitais comarcais, concretamente ós de Monforte e Burela en Lugo, O Barco en Ourense e o Salnés en Pontevedra, xenérase de novo alarma na comarca.
Segundo a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Monforte, a Área sanitaria destas comarcas baixa de categoría, pasando a ser Distrito dependente de Lugo , co que se perde capacidade de xestión, decisión e contratación, e pode ocurrir que certas especialidades onde hai un só médico, no futuro sexa enviado dende Lugo 2 ou 3 días á semana.
Ademais desaparece a idea de que o paciente é o centro e eixe da asistencia sanitaria, pasando a ser » os recursos dispoñibles » o motor das prestación sanitarias, co que é facil deducir que a sanidade dependerá dos recortes presupostarios.
Ademais ábrese a porta á privatización de parcelas da sanidade pública. Sigue leyendo
A ASOCIACIÓN VECIÑAL ALERTA QUE COA DESAPARICIÓN DE LINEAS DE TRASPORTE NA COMARCA, CORRE SERIO RISCO DE DESAPARICIÓN DA SOCIEDADE RURAL.
Recentemente os veciños do Saviñao comprobamos como desapareceu unha línea de trasporte que unía catro municipios, a que recorría Taboada-Currelos-Escairón-Tuiriz-Monforte, así como unha franxa horaría do itinerario Monforte-Chantada-Santiago, o que prexudica seriamente os desplazamentos con Santiago e coa comarca de Lemos, afectando a accesibilidade ós servizos sanitarios do hospital ou os enlaces co trasporte por ferrocarril ou avión. Esta situación de desaparición de lineas de trasporte por carretera está castigando especialmente ás provincias de Lugo e Ourense, onde hai máis nucleos rurais, de feito en Chantada e Monforte recolleron firmas para enviar á Consellería, e en Quiroga tamén hai protestas.
A alternativa do trasporte mixto, escolar e público, ofrece moitas dúbidas por canto só facilita o desplazamento no propio territorio municipal, ademais de non estar operativo nos festivos e datas vacacionais, polo que non soluciona os recortes no trasporte coas comarcas de Chantada ou Monforte.
NOVAS QUEIXAS POR VERTEDOIRO ILEGAL NO TERRITORIO MUNICIPAL.
De novo temos que dirixirnos ó Concello para trasmitir a queixa dos veciños de Lamagrande en Vilelos pola presenza e crecemento progresivo dun vertedoiro ilegal na beira de estrada que comunica este lugar con A Besta.
Trátase dunha extensión duns 100 m.cuadrados de material na súa maioría plásticos agrícolas e algún escombro de obra.
Na data do 29 de agosto rexistramos solicitude da retirada de dito vertedoiro para evitar o seu crecemento e que poida convertirse nún foco de incendio. Adxuntamos fotos do mesmo.
Este feito afonda na necesidade urxente da instalación dun punto limpo oficial onde os veciños poidan depositar escombro ou materiais de defeito das vivendas.
word– escrito
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Na data do 10 de setembro do 2018, pasado un ano dende a solicitude de limpeza e vendo que o vertedoiro medra de novo, rexistramos nova solicitude de limpeza no Concello, así como da creación dun Punto Limpo que dé solución definitiva ós vertidos de obra e mobiliario.
Requerimento 2018.
![]() |
![]() |
Na data do 9 de setembro do 2018 a prensa comarcal anuncia que a Consellería de Medio Ambiente asumirá a limpeza dos vertedeiros incontrolados, un deles será este de Vilelos. Ademais tamén eliminará o lixo depositado nos dous puntos de vertido de plástico agrícola, o de Currelos e do Escairón. O seguemento e a actividade veciñal dá de novo os seus froitos.
VISITA CULTURAL Á ÁREA DA CIUDÁ EN XUVENCOS
Na data do 30 de xullo do 2017, a comisión de cultura da Asociación Veciñal do Saviñao organizou unha visita cultural á área da Ciudá.
Previa limpeza da zona, nesta xornada de reunión fraternal dos veciños, acodíuse a coñecer unha pequeña porción da historia da nosa terra. Nunha tarde apacible paseamos o recorrido dende a estrada ata o pequeño val que describe o río Sardiñeira. A zona aprécise fértil e de interese para o establecemento de poboación.
Achegámonos os 42 visitantes ata a única vivenda que alí foi construída. Na fachada dos restos da mesma chaman a atención as dúas pedras incrustadas a cada ún lado da ventana da esquerda, un trisquel e unha flor de auga, ambos símbolos castrexos, pero que probablemente foron trasaladados á vivenda dende o derrubo por parte dos irmandiños dunha torre medieval ubicada no cumio do castro que se localiza xusto detrás da casa .
Despois dunha serie detallada de datos históricos aportados por Enrique Perez Losada, iniciamos a subida en círculo ata a croa do castro, por unha senda recén limpada e amurallada en diversos niveis de socalcos ou terrazas. Na cima, dende a que se divisa toda a contorna labrada polo río Sardiñeira, vese unha parede vertical duns 2 metros e medio que indica a presenza dun costrución , e por riba dela o escombro de cascotes de derrubo, que poden ser indicio evidente da existencia anterior dunha torre medieval.
Esta foi unha actividade de coñecemento e divulgación da historia da nosa terra, que pretende que a memoria perdure e non se perda nas xeracións vindeiras.
Xa no ano 1930 o historiadores Cuevillas e Fraguas visitaron a zona e levantaron plano do castro, máis non se percibiron da existencia dos restos da torre.
A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA ANTE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE O ALCALDE REGALA A AUGA PARA O LAVADO DAS CISTERNAS DE LEITE DE CELEGA.
O Concello do Saviñao non só se inhibe nos contínuos vertidos contaminates da empresa láctea CELEGA ó río Pesqueiras, “ mirando para ó outro lado”, mentras teñen que ser os vecinos quenes insistan nas denuncias e defendan as condicións naturais do río. Agora compróbase como o Concello facilita auga da traida de forma totalmente gratuita, sin contador algún nin rexistro do gasto, para encher as enormes cisternas que logo serán lavadas e vertidas como residuais, sin a debida depuración.
Pero non só regala miles de litros de auga, senón que o Concello creou hai poucos días a rede de tuberías que derivan a auga da traída dende una arqueta aberta ó lado da caseta dos pozos, ata a beirarúa, onde instalaron outra arqueta e unha boca de acceso a auga , que facilite o enchido aos camións cisternas. Esto é na área recreativa da Lama de Escairón, fronte ó pavillón deportivo municipal. Adxuntamos dosier fotográfico onde se nota a zanxa do soterrado recenté da tubería, así como os dous rexistros , entre a caseta da Lama e a beirarúa.
Este feito ten gravidade por canto é un agravio compartivo, e de favor a una empresa, respecto ó resto da veciñanza que sofre ano tras ano os incrementos na tasa polo consumo da auga da traída. Mesmo pode estar incurrindo nun delito de fraude e prevaricación administrativa doble: por un lado por permitir os constantes e diarios vertidos , e por outro por regalar miles de litros de auga da traída que logo irá a cargo dos bolsillos dos vecinos.
Escairón a 28 de marzo do 2017. Ver anexo de fotos.
Solicítase actuación do Concello nas vivendas ruinosas de Escairón
O venres 24 de febreiro do 2017 rexistramos no Concello solicitude para dar solución a unha problemática que pode poñer en risco a peóns e a seguridade vial en Escairón . Trátase do cada vez máis crecente abandono de vivendas no núcleo urbano de Escairón, e da responsabilidade que pode recaer no Concello no caso de accidente por desprendemento de estruturas destas vivendas á vía pública.
Para evitar este risco, presentamos una relación de 7 vivendas que precisan de actuación inmediata. Algunha delas xa provocou en anos anteriores caída de cascotes da estrutura sin danos .
Adxuntamos copia da solicitude. Sigue leyendo
A ASOCIACIÓN ENTREGA NO CONCELLO O CENSO DE FONTES A ANALIZAR
Tal e como se acordara na reunión mantida co Alcalde na data do 17 de outubro do presente, a Asociación Veciñal do Saviñao fai entrega ó Concello da relación de fontes públicas do municipio e actualmente en uso polos veciños.
A finalidade é que pola parte responsable do control, o Concello, sexa realizada analise da potabilidade das augas de ditas fontes , para garantir aos usuarios as condicións sanitarias para o uso e consumo doméstico. Posteriormente deberíase sinalizar en cada unha delas a aptitude para o consumo. Sigue leyendo