DÍANTE DA INOPERANCIA INSTITUCIONAL, ENVÍASE BUROFAX Ä VODAFONE SOLICITANDO A RETIRADA DAS ANTENAS DE MONDAVIDE.
Dado que pese ós esforzos dos veciños do barrio onde estan ubicadas as instalacións, pese a dirixirse á Valedora do Pobo e pese a resposta da Alcaldía de pedir un informe técnico para a reubicación das antenas que non se fai realidade, a A.V. diríxese directamente por burofax á empresa Vodafone España para razonar esta antiga reclamación veciñal.
La Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita con el nº 13651 en el registro provincial de asociaciones, con CIF G 27401157 a través de su Presidenta Celia Ferreiro Riazor se dirige a la empresa Vodafone-España con el fín de solicitar el cambio de ubicación de las antenas de telefonía movil de la localidad de Escairón ( ayuntamiento O Saviñao ).
Por el presente burofax, la asociación trasmite esta reiterada petición vecinal, por ser considerada dicha instalación una amenaza para la salud. Se trata de dos estaciones radioeléctricas de GSM y UMTS colocadas en depósito de agua en el barrio de Mondavide de Escairón, en suelo y nucleo urbano, codificada con el n.º 15621, que reciben permiso municipal de instalación el 6 de noviembre de 1997 a nombre de la empresa AIRTEL. La instalación se completa en 2003.
La preocupación vecinal viene de la alarma provocada por la contabilización de unos 20 casos de cancer entre el vecindario de un perímetro de 400 m de las antenas, lo que supera la prevalencia estimada en el Estado.
La reclamación vecinal para el cambio de ubicación comienza en 2004 cuando se entregan 150 firmas a la Alcaldía solicitando su retirada. En 2011 y coincidiendo con la inmediatez de la caducidad del contrato, la Asociación Veciñal do Saviñao solicita de la Alcaldía el cambio de ubicación de la instalación y el alejamiento de las viviendas. Pese al compromiso verbal del Alcalde, en 2012 el permiso es renovado con la misma localización. El pasado año 2022 los vecinos del barrio afectado se dirigen a la Valedora do Pobo de Galicia, tras lo cual el Alcalde se compromete a solicitar un informe técnico para valorar una nueva ubicación.
Los argumentos que aluden los vecinos son:
– Estan ubicadas en un “entorno sensible” dada la proximidad de las antenas a las viviendas, situadas a menos de 100 m., así como al colegio de enseñanza primaria de Escairón ( CPI Lopez Suarez ), a diversos talleres y al cuartel de la Guardi Civil.
– La existencia de numerosas áreas para una nueva ubicación que no cause preocupación a los vecinos, de hecho no existe ninguna instalación similar de otras compañías ubicada en zona urbana.
– La consideración de Principio Precautorio que aconseja la adopción de medidas preventivas ante una alerta social por la amenaza contra la salud sentida por la población.
– La existencia de un Código de Buenas Prácticas para la instalación de infraestructuras de telefonía movil.
Despues de este largo historial de reclamaciones vecinales y mentiras institucionales, la asociación vecinal solicita de la empresa responsable Vodafone, la retirada de dichas antenas y el cambio de ubicación, siempre fuera de suelo urbano y nunca a menos de 500m. De las viviendas y a menos de 1000 m. de centros de carácter público.
En espera de que de una vez por todas se dé solución a esta petición y se atienda esta preocupación social, se despide atentamende de Uds. la Presidenta de la asociación.
En Escairón, a 30 de junio de 2023.
A ASOCIACIÓN RECLAMA DO CONCELLO A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA SOLUCIONAR O CONFLICTO CIRCULATORIO NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO DE ESCAIRÓN.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, e co nº 14 no rexistro municipal, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao co motivo de solicitar a adopción de medidas para solucionar o conflicto circulatorio na rúa Rosalía de Castro de Escairón.
É notorio o conflicto circulatorio que día tras día e ás horas laboráis se repite na rúa Rosalía de Castro. A angostura da rúa e o feito de aparcar a ámbalas dáus beiras provoca que sexa imposible circular simultáneamente dous veículos en sentido oposto, tendo que orillar e esperar os dun sentido para permitir o paso ós do outro.
Esto agrávase coa circulación de veículos de grande tonelaxe, camións de gando, de pienso, forestais, de reparto, de leite e de asfalto que transitan por esta rúa para atravesar Escairón. Recordar que asemesmo nesta rúa está o Colexio, o que engade presión ó tránsito rodado.
Dende a asociación instamos ó Concello a adoptar canto antes medidas para dar solución a este problema circulatorio crónico. Por elo PROPOÑEMOS :
1.- Aparcamento alternativo por quincenas en cada unha das beiras da rúa, tal e como está ordenado e funciona na Avenida Buenos aires.
2.- Desvio dos camións de grande tonelaxe polas estradas de circunvalación, que ofrecen diversas alternativas, para evitar o tránsito polo centro de Escairón e desconxestionar así a circulación.
Na procura dunha solución definitiva a este incordio diario que afecta á capitalidade do municipio, despídese atentamente de Vde. a Presidenta da asociación. Escairón á 11 de abril do 2023.
Na data do 23 de xuño iníciase o pintado da rúa, proíbindo o aparcamento na marxe dereita de toda a rúa. Agradecidos por admitir algunha suxerencia da veciñanza.
TRASMÍTESE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL PETICIÓN DOS VECIÑOS DO GORGOZO E XUVENCOS DE SEGURIDADE VÍAL Ó PASO DA ESTARDA POLOS NÚCLEOS HABITADOS.
A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Delegación de Vías e Obras Públicas da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo , para solicitar a adopción de medidas para que se repete a limitación da velocidade polos lugares de Xuvencos e O Gorgozo da estrada provincial LU-P 4102.
Os veciños do Gorgozo e de Xuvencos, por onde transita a estrada de dominio provincial LU-P 4102 entre Ferreira de Pantón e Currelos, estan preocupados pola alta velocidade de paso dos veículos que pon en risco o desplazamento e a mobilidade peonil dos moradores destes dous lugares.
Por elo reclaman da Deputación Provincial medidas que fagan posible o cumprimento da limitación da velocidade a 50 qm/h. ó paso da estrada por entre as vivendas e a zona poboada.
SOLICÍTASE:
- Colocación de badenes transversais na calzada que obriguen a aminorar a velocidade.
- Ubicación de dúas sinais luminosas intermitentes ó comezo da zona poboada, unha en cada sentido da circulación, da proibición do tránsito a mais de 50 qm/h. que advirtan e alerten da limitación da velocidade.
Na procura da seguridade dos veciños e de facilitar a natural interelación entre eles na zona habitada e de que sexan atendidas as súas lóxicas peticións, despédese de Vde. a Presidenta da asociación veciñal.
Escairón, a 5 de decembro do 2022.
SOLICÍTASE Á AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA A POSTA EN USO PÚBLICO DOS SERVIZOS HIXIÉNICOS DO ALBERGUE DE DIOMONDI.
Despois de recibidas queixas pola negativa do persoal do albergue a facilitar o uso dos sanitarios do edificio á todos os que non pernocten nel, a asociación remítese á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Axencia de Turismo de Galiza e responsable da rede de albergues da Xunta.
Cada vez é maior o número de peregrinos e de visitantes desta estratéxica igrexa románica polo que é necesario pensar na habilitación dúns servizos hixiénicos para cubrir as necesidades máis básicas das persoas. No lugar non existe esta imprescindible infraestrutura e pódese aproveitar eficientemente o existente no palacio obispal e agora albergue público, recentemente restaurado e coa rede de depuración adecuada. Diriximos solicitude ós responsables directos do edificio:
É importante sinalar que a igrexa románica de Diomondi, declarada Ben de Interese Cultural, recibe numerosas visitas pola súa importancia arquitectónica. Ademais, comeza a ser numeroso o número de peregrinos que fan o Camiño de inverno e transitan por alí.
Tendo en conta que o albergue está situado no Pazo obispal, un edificio contiguo á igrexa, parece lóxico que as persoas que visitan o templo románico poidan usar os servizos sanitarios do albergue. Non obstante, a nosa asociación recibiu queixas de visitantes aos que se lles negou o acceso a estas instalacións.
Dado que o albergue é un edificio público que forma parte da rede do Camiño de Santiago e que non existen outros servizos hixiénicos nos arredores, consideramos que se lles debe permitir o acceso ás súas instalacións sanitarias ás persoas que se achegan á igrexa de Diomondi, o que contribuirá, sen dúbida, a manter a limpeza no entorno do conxunto monumental.
Por estes motivos SOLICITAMOS da S.A. de Xestion do Plan Xacobeo que realice as xestións oportunas para facilitarlle o uso deses servizos ao público que o solicite.
Á espera dunha resposta, despídese atentamente a Presidenta da Asociación veciñal. Escairón a 23 de novembro do 2022.
ENVIO Ó CONSORCIO DE TURISMO DA RIBEIRA SACRA DUN PAQUETE DE MEDIDAS PARA EVITAR O COLAPSO CIRCULATORIO DOS ACESOS Á PRAIA DA COVA.
Dada a escasa receptividade do Concello do Saviñao ás medidas que dende a asociación se lle presentaran ata en catro ocasións, na última asemblea decidíuse aproveitar o portal de participación cidadá aberto polo Consorcio de Turismo para enviarlle un paquete de 5 medidas e unha recomendación para dar solución a este novo problema.
A área da praia da Cova convertíuse nos últimos anos nun dos puntos máis visitados do territorio Ribeira Sacra o que trouxo consigo a masificación e o conseguinte colapso circulatorio dadas as características das estradas ribeireñas que configuran a paisaxe en todo o conxunto da Ribeira Sacra.
Agora, unha vez rematado o verán e comprobado unha vez mais o caos e o colapso do tráfico nos accesos á praia da Cova, consideramos que é o momento de propoñer alternativas para salvar esta singular área dunha morte de éxito. Coñecida a posta en marcha polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra da plataforma de participación cidadá “Participa Ribeira Sacra” e como queira que a asociación veciñal propuxera á Corporación municipal do Saviñao, ata en catro ocasións, diversas alternativas para aliviar o tráfico nesa zona e non foran tomadas en consideración moitas delas, consideramos oportuno dirixirnos á entidade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para que se tomen medidas co tempo suficiente e coa finalidade de conseguir unha mobilidade sostible e dar solución dunha vez por todas a esta problemática que ameaza ó noso vulnerable territorio.
As propostas da Asociación Veciñal do Saviñao son:
1- Microbús lanzadeira. Xa iniciado este servizo no presente ano pero cremos que a saída debería facerse dende Fión, na bocaribeira, dado que a maigrande parte dos visitantes da praia proceden de fora do Saviñao e non chegan a pasar sequera por Escairón, punto de partida no ano que remata. Para elo habería que habilitar un prado como espazo de aparcamento dende o que partiría dito microbus. Poderíase valorar un Segundo servizo de microbus con punto de partida dende Belesar.
2- Circulación unidirecional do tráfico dende o desvio á Arxuá, pouco antes da igrexa románica da Cova, permitindo ó tránsito bidirectional aos propietarios de terras na ribeira, coa conseguinte sinalización. A baixada faríase pola igrexa da Cova e a subida por Soutomango e Arxuá. Quedaría un curto espazo bidirecional duns 400 metros onde se xuntan as dúas estradas e onde poderían colocarse uns semáforos.
3- Sinalización da proibición da circulación de veículos superiores a 6 metros de lonxitude, dadas as pechadas curvas existentes para advertir da imposibilidade de acceso dos grandes autobuses.
4- Sinalización do ancho da estrada para evitar a baixada dos grandes veículos.
5- Ubicación de paneis dixitais nas zonas de estacionamento e saída dos microbuses, en Fión e Belesar, que avisen da ocupación total co coche.
6- Evitar a toda costa a modificación da paisaxe, renegando de toda idea de ampliar o ancho da estrada coa apertura de chamativos e aparatosos taludes.
Coa intención de conseguir un turismo de calidade e sostible, compatible coa delicada orografía e paisaxe da Ribeira Sacra e de que sexan consideradas ditas medidas para evitar o colapso circulatorio nunha zona de visita masiva, despédese atentamente de Vde. a Presidenta da asociación veciñal.
RECLÁMASE SOLUCIÓN DEFINITIVA Ó FEÍSMO CRÓNICO DO HOTEL INACABADO DE BELESAR.
O 29 de setembro rexistramos no Concello a solicitude.
A Asociación veciñal do Saviñao, diríxese á Alcaldía do Saviñao para solicitar información acerca do proxecto do hotel-museo de Belesar e do futuro desa edificación.
O burgo de Belesar é un punto de interese clave na Ribeira Sacra pola importante cantidade de xente que o visita e fai a ruta bordeando o Miño ata a praia da Cova e por outros moitos motivos: por alí transcorre o camiño de inverno a Santiago, alí está o embarcadoiro dos catamaráns do Miño, á parte da beleza e a singularidade da aldea.
Neste fermoso e concorrido lugar está ubicado un dos puntos de FEISMO máis escandaloso e máis antiguo da Ribeira Sacra. Trátase da estructura inacabada do proxecto de hotel que o empresario Fortes iniciara hai máis de 15 anos e que aínda hoxe permanece paralizado.
Dende a asociación ínstase a rematar con esta evidente inacción institucional e a iniciar unha rápida actuación que dea solución a este despropósito urbanístico.
Por todo o cal SOLICÍTASE:
- Información sobre a situación actual na que se atopa o edificio no que se refire á normativa urbanística.
- A toma dunha decisión que remate con este feísmo situado nun lugar estratéxico, e que prexudica notoriamente a paisaxe e a imaxe da Ribeira Sacra.
Na procura dunha rápida solución a esta anomalía urbanística que se enquistou na nosa paisaxe e polo ben común do territorio Ribeira Sacra, despídese de vostede a Presidenta da Asociación.
No mesmo día entrevistamonos co arquitecto municipal quen informa de que o pleito ven dende o 2004. Trala denuncia da APLU e a solicitude de derrubo total, un recurso díante do TSXG faia a favor do empresario. Dende entón reciben os informes sectoriais favorables pero deben esperar a recalificación do terreo. No mes de decembro do 2021 apróbase dita recalificación polo que a intención é a de rematar a obra, para o que deben presentar novo proxecto e recibir os informes sectoriais favorables, o que vai retrasar úns anos o remate do edificio.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O DOLMEN DA LEIRA RAPADA DEBE SER POSTO EN VALOR.
O pasado 19 de xullo entregouse no Concello a solicitude da sinalización do acceso ó dolmen da Leira Rapada, tanto pola estrada como polo camiño de acceso. Solicítase asemesmo a limpeza do camiño e a colocación dun panel que mostre as gravuras petroglíficas existentes na tapa, para o que a asociación ofrece un calco das mesmas que nos fora doado. A finalidade é poner en valor o patrimonio arqueolóxico visible e contribuir a potenciar o turismo cultural.
FREAR A ENTRADA DO EUCALIPTO NO NOSO TERRITORIO. DENUNCIA DE DÚAS PRANTACIÓNS DE EUCALIPTOS NO SAVIÑAO.
A Asociación Veciñal do Saviñao ven de denunciar á Dirección Xeral de Xestión Forestal da Consellería de Medio Rural dúas prantacións recentes de eucalipto no municipio do Saviñao.
Trátase de dous núcleos, un próximo a Curveixe na parroquia de Santa Mariña de Rosende de 2,118 Has., e outro na Albariza e A Armada na parroquia da Broza de 7,985 Has.
Denúnciase que ditas prantacións teñen un e dous anos, polo que foron realizadas despois da moratoria aprobada pola Xunta contra a proliferación do eucalipto na comunidade.
Dada a proliferación de prantacións ilegais de eucalipto nos concellos do sur de Lugo, maila pertencer á VIII área forestal onde non está recomendada esta especie por Decreto da Xunta de decembro do 2016, a asociación veciñal, amparándose nun dos fins estatutarios básicos como é a protección do medio ambiente, manifesta a clara oposición á proliferación desta especie.
Os argumentos que avalan o rexeite do eucalipto, ó noso entender, son:
1- Tratarse dunha especie foránea que traería en consecuencia a modificación da paisaxe e da natureza, destrozando os nichos biolóxicos de flora e fauna e alterando os cultivos forestais tradicionais.
2- Ser una especie invasora de moi rápida expansión e colonización do territorio.
3- Tratarse dunha especie pirófita que acelera a extensión dos incendios.
4- Contribúe a desecación do chan e das augas soterradas, causando o empobrezemento acelerado do solo e contribuíndo á aceleración do cambio climático.
Consideramos que na zona sur de Lugo existen moitas especies de árbores autóctonas e tradicionais que deberían potenciarse dada a súa adaptación e integración, e tamén pola maior rendibilidade económica potencial: carballo, castiñeiro, nogueira, bidueiro, abelaira, frutais ( mazaira, pereira, membrilleira, érbedeira, etc ).
Con estes argumentos a asociación continuará denunciando este tipo de prantacións no municipio por considerar que o benestar xeral e o interese medio ambiental da sociedade do Saviñao debe prevalecer sobre o beneficio económico dos intereses paticulares.
Texto da denuncia
FOTOS DA PRANTACIÓN DA ALBARIZA:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A ASOCIACIÓN VECIÑAL COLABORA ECOMICAMENTE PARA QUE NURIA LÓPEZ COMPRE UNHA CADEIRA DE RODAS COMPETITIVA.
A atleta máis premiada do Saviñao corre nunha cadeira de rodas. Nuria López vive, traballa e entrena na casa familiar de Licín, sen axudas nin apoio da federación de atletismo, a pesar de ter gañado 30 campionatos de España e outros títulos en copas do mundo, como a de París, na que conseguiu tres podios hai uns meses. Nesta competición, segundo nos contou ela mesma, os medios de comunicación dicían: “Gañou a atleta española”, pero en realidade Nuria non representaba a España, senón que foi a título persoal porque non fora seleccionada pola federación. Isto significa que ademais ten que pagar ela os desprazamentos ás carreiras.
Nestas condicións, e contando só coas pequenas aportaciónsque recibe, fáiselle imposible asumir a compra dunha cadeira de rodas adaptada, que custa 6000€. Agora ten unha de terceira man, moito mellor que a outra que tivo, de quinta man.
Sabendo destas dificultades, a Asociación veciñal do Saviñao decidiu en asemblea facer unha doazón humilde de 500 € para axudala a conseguir os seus obxectivos. Cando a visitamos e coñecemos as súas circunstancias, quedamos impresionados pola valentía, a vontade e a forza que demostra, tendo en conta as dificultades que ten que afrontar. Malia todo, ela segue adiante á súa maneira, porque lle gusta correr e tomar decisións. Desexámoslle moita forza e moitos éxitos.
SÁE Á POXA A ANTIGA CASA SINDICAL, PÍDESE Ó CONCELLO A SÚA ADQUISICIÓN PARA USO SOCIAL.
A Asociación Veciñal do Saviñao, diríxese á Alcaldía do Saviñao coa intención de solicitar a adquisición da Casa Sindical da rúa Mendez Nuñez.
O 3 de febreiro saíu publicado no D.O.G. a poxa pola Consellería de Facenda e Administración Pública do edificio dos antigos sindicatos, dita poxa terá lugar no Edificio Administrativo da Xunta na Ronda da Muralla en Lugo o próximo 17 de marzo. A poxa pública parte dun primeiro valor de 103.000 €, en segunda 88.000 € e 72.500 en terceira.
O edificio dos antigos sindicatos, denominado Lanca ou Campo da Virxe é unha construción de cantería de principios do século XX, ubicado nas proximidades da Devesa de Escairón, co que a súa adquisición por parte do Concello garantiría que nese solar non se constrúa en altura, aportando consenso urbanístico a esa zona de ocio. Dita construción está catalogada como patrimonio civil no PXOUM coa ficha AC-212 e a súa adquisición suporía un interesante incremento do patrimonio municipal.
O edificio actual de dúas prantas e 750 metros cuadrados por pranta ten capacidade suficiente para albergar no seu interior diversas salas e variadas actividades, polo que a asociación considera distintas posibilidades de uso no caso de ser municipalizado:
- A planta baixa podería adicarse a Local da Xoventude, unha vella reivindicación que nunca tivo resolución e que trouxo como consecuencia a deambulación das múltiples xeneracións de xóvenes polos bares ou á intemperie por non contar cun lugar de reunión ou a súa marcha a Monforte ou Chantada, causando desarraigo e fuga da xoventude..
- Poderíase asemesmo baraxar a posibilidade de ubicar nesa ampla planta baixa un Centro de Día para uso e desfrute dos nosos maiores, outra importante carencia de servizos do noso concello. Aínda que para esta actividade a asociación contempla mais idónea a remodelación do edificio de enfronte do antigo ambulatorio.
- A pranta superior podería distribuirse en varios locais para cesión ó diverso tecido asociativo do municipio para a realización das súas actividades, xa que a día de hoxe non hai posibilidade física de facilitar este dereito recollido no ROF e na LRBRL. Son varias as asociacións que non dispoñen dun local : os cazadores, a Asociación do Cabalo, as mulleres rurais, ou mesmo a nosa Asociación Veciñal do Saviñao .
Dada a inmediatez da poxa e o risco de que este edificio sexa adquirido por un titular privado e particular e considerando esta cifra perfectamente asumible para as arcas municipais, é a última oportunidade que terá o Concello de adquirir este ben patrimonial.
Por todos estes argumentos SOLICÍTASE da Alcaldía a participación na poxa para a adquisición deste inmoble para uso do conxunto da sociedade do Saviñao e dos diversos colectivos asociativos.
Na procura de que se actúe con responsabilidade e sentido de xestión da nosa colectividade, despédese de Vdes. A presidenta da asociación. Escairón a 7 de marzo do 2022.
Unha vez celebrada a poxa, coñecemos que non se presentou ningunha solicitude por este edificio. Aínda hai tempo para que o noso Alcalde recapacite.