admin

Charla prevención incendio forestais

A Asociación Veciñal do Saviñao desexa comunicar a convocatoria e invitación á charla informativa que sobre A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS vai ser impartida no Auditorio Municipal de Escairón na data do xoves 28 de abril, a partir das nove da tarde a cargo de membros do Distrito Forestal nº 8, da Dirección Xeral de Montes.

Coñecida a condición de este municipio como concello de Alto Risco de incendios forestais, dada a cantidade e a diversidade da flora que nos rodea e o seu carácter autóctono, así como dado o abandono que nos últimos tempos estamos a padecer no medio rural, considérase dende a asociación un tema de máxima atención e prioridade todo o que teña relación coa protección forestal e o seu aproveitamento como un dos recursos productivos que poidan ter futuro no noso concello . Por elo invítase a todos os veciños e comunidades forestais a acodir a este acto informativo no que se van tratar temas como:

  • – Autorización de queimas.
  • – Medidas legais en materia de incendios, uso posterior das terras queimadas, repoboacións, etc.
  • – Regulamentacións varias no tema forestal.

Polo que agradécese de antemán a vosa participación.

Rexeite veciñal á antena de Licín

A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia nos medios de comunicación a reanudación das obras da instalación da antena de telefonía movil en Licín a cargo da empresa France Telecom por carecer dos permisos pertinentes .

No pasado mércores día 7 os veciños afectados por dita antena paralizaron as obras da instalación electrica da antena xa anteriormente denunciada , levantando acta e denunciando díante da Garda Civil a carencia dos permisos pertinentes , tanto da licencia municipal como da autorización da Consellería de Industria .

Con anterioridade , no mes de abril , os veciños dos lugares da parroquia de Licín xa pararan a obra unha vez que fora colocada a estructura metálica da antena , o carecer das autorizacións necesarias e por considerar unha ameaza para a saúde dos habitantes dos lugares máis próximos : A Pousada , Pacio , A Hermida , A Cavada e A Páxara . Por aquelas a obra fora iniciada aínda no periodo de alegacións e precisamente neste prazo os veciños a título personal e a mesma Asociación Veciñal presentaron as alegacións pertinentes , quedando a instalación parada ata esta mesma semana .

A asociación veciñal apoia e solidarízase cos veciños o considerar que son eles quenes deben decidir sobre as condicións do entorno onde viven , como usufructuarios históricos do territorio teñen o dereito a rexeitar todo o que consideren unha ameaza para a saúde  , e nesta ocasión así é percibido . Aínda por díante dos intereses da empresa de telecomunicacións e do particular que se beneficiaría do arrendamento desa   terra , son os veciños quenes perciben unha ameaza para a súa saúde e non están dispostos a permitir esa instalación , chegando onde sexa preciso ó ser a TOTALIDADE dos veciños quenes se sinten afectados e estando dispostos a movilizarse .

A asociación veciñal defende o dereito dos nativos a decidir sobre as condicións do entorno onde desenvolven a súa vida a cotío .

Sigue leyendo

Residencia dos maiores: Isto non é o que necesitabamos

A Asociación Veciñal do Saviñao, unha vez coñecidas as condicións de apertura dos Apartamentos Tutelados de Escairón, desexa manifestar a decepción sentida así como reclamar a falta de sensibilidade dos responsables municipais para coa xente maior deste concello ó “entregar” a única (e tantos anos desexada) residencia ó uso privado.

A admisión unicamente privada e co custo de 1.200 € ó mes deixará sen este servizo esencial e esperado prácticamente á globalidade dos nosos maiores, que na grande maioría teñen unha pensión da cotización agraria moi inferior a esa cifra, o que lles imposibilita o acceso.

A asociación non entende como un edificio público municipal, doado por Dña. Maruja Somoza coa condición de ser aproveitado para Residencia de Maiores, arranxado e remodelado ata en dúas ocasións con fondos públicos, e dotado de material e mobiliario con orzamento público, poido ser entregado a unha privatización total ; sin a máis mínima opción de cobertura (concerto) coa Consellería de Bienestar e Igoaldade.

Consideramos que este patrimonio público foi convertido nunha mini residencia de luxo só para persoas válidas, e non dá solución ós dependentes do noso medio, nin palía as carencias en servizos para a terceira idade no noso concello. Así os nosos maiores deben buscar praza noutras vilas, desenraigándose do seo entorno. Isto non é o que precisaba o noso municipio.

Para compensar este abandono, a asociación esíxelle ós responsables municipais o inicio das xestións pertinentes para lograr polo menos algunhas prazas concertadas, pero desconfiamos das intencións privatizadoras, pois hai dous anos se negaron a entrar no concerto que se lle ofrecía dende a Consellería de Benestar e Igualdade.

De non ser así haberá que iniciar xa os trámites para conseguir unha residencia “de verdade”: que acolla persoas dependentes e que inclúa servicios de enfermería, fisioterapia e poida valer como Centro de Día. Resumindo, un centro adecuado ás necesidades e á realidade demográfica que estamos a vivir, como os que funcionan dende hai anos en case todos os concellos veciños.

Ximnasia Pilates

No Nadal de 2010 impártese a iniciación a Ximnasia Pilates a cargo de Marisol Diaz. Trátase de repetilo no 2012 pero non había disponibilidade de local. Ten boa aceptación e tentarase a súa repetición.

1 cartel pilates

 

Alegacións á modificación do escudo

A finais do ano 2010 a Corporación municipal decide institucionalizar o escudo e facelo oficial. Para elo é requisito imprescindible que sexa aprobado pola Comisión de Heráldica, organismo que propón e forza á inclusión da imaxe nun escudo de armas e a coroa real. Díante de esta modificación que altera o sentido que para os nacidos no Saviñao sempre tivo o sol elíptico, a asociación (ademais do Círculo Saviñao) presentou as alegacións seguintes, que non foron aceptadas nuha sesión plenaria, coa conseguinte oficialización.

Coñecida a proposta de Heráldica para a institucionalización do escudo do Saviñao, a Asociación Veciñal do Saviñao desexa manifestar o rechazo e a oposición á modificación do escudo que “dende que se recorda” representou as terras do Saviñao, que non é outro que un sol elíptico introducido nun óvalo, de uso histórico por todalas entidades asociativas rexistradas no concello.

Como alegacións presentadas díante do concello considera a asociación que a coroa non é representativa destas terras pois non hai antecedente histórico de fidalguía nin de dependencia real das terras do Saviñao. Por outra banda, considera desafortunada a modificación da disposición ovoidea por outra totalmente circular que o alonxa das orixes máis telúricas e básicas da elipsoide solar. Tampouco entende por qué o sol ten que aparecer encastrado nun escudo de armas, que lonxe de refrexar o sentido de culto ancestral e cósmico, acércao ó bélico e militar. Considera que o actual escudo é máis perdurable o longo da historia, e que as modificacións propostas tan só o adaptan ó momento histórico contemporaneo.

Por todo elo solicita á Heráldica se respete a sinxeleza dun sol prerromano manifestado dunha forma elipsoidal ó modo en que na cultura castrexa se tiña esa misteriosa apetenza polas formas ovoidales.

A asociación aporta, ademais dos argumentos etnográficos, os datos históricos que avalan o mantemento do escudo tal e como é, sen modificacións que alteren o sentido que ese icono ten para os habitantes do Saviñao.

En Escairón, a 15 de novembro do 2010.

COMPARATIVA DOS DOUS ESCUDOS

Plataforma nido para as cigoñas

        Como nestes últimos anos estamos recibindo a visita destas aves migratorias que nos deleitan coa observación do seu portentoso vó planeante e coa súa embergadura , e dado que para algúns veciños supón un serio problema o anidamento nas chimeneas e tellados das vivendas , solicítase da Consellería de Medio Ambiente unha plataforma nido que nos conceden a finais do 2010 e fáiselle entrega ó concello .

         Esta estructura orixinalmente non é moi alta , úns cinco metros , polo que se lle aumenta outro tanto . O lugar da ubicación , fronte o parque infantil do Palomar , decídese para retirar o nido que unha parella elaboraba todos os anos na cuberta do edificio da esquina entre Xan de Forcados e Pardo Bazán .

          Estamos á espera de comprobar si o lugar elexido é do peculiar gusto e preferencia de estes ben recibidos visitantes .

Solicitude de dúas bocas de rego

anagrama

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese a Alcaldía do concello do Saviñao co ánimo de

EXPOÑER:

Que como estamos inmersos na época estival, con amplo risco de que se produzan incendios nos nosos montes, e dado que actualmente só existe no municipio unha boca de rego ancha capacitada para adaptar mangueiras das motobombas dos vehículos contra os incendios, e por riba, esta é de propiedade privada.

SOLICÍTASE:

Apertura de, alomenos, dúas bocas de rego ubicadas en Escairón e en Currelos, en lugares accesibles e adaptadas á conexión coas mangueiras das motobombas, para que estas poidan facer rapidamente as funcións de captación de auga coa finalidade de actuar o máis rápido posible e facilitar unha maniobra que, de non ser axil, pode retrasar as labores de sofocación de incendios.

Na espera de que se cumpla tan elemental requisito e polo ben da funcionalidade dos servizos e do benestar de todolos veciños, despídese atentamente o presidente da asociación vecinal. En Escairon a 18 de xullo do 2010.

A/A do Sr. Alcalde – Presidente do concello do Saviñao.