Alegacións á modificación do escudo

A finais do ano 2010 a Corporación municipal decide institucionalizar o escudo e facelo oficial. Para elo é requisito imprescindible que sexa aprobado pola Comisión de Heráldica, organismo que propón e forza á inclusión da imaxe nun escudo de armas e a coroa real. Díante de esta modificación que altera o sentido que para os nacidos no Saviñao sempre tivo o sol elíptico, a asociación (ademais do Círculo Saviñao) presentou as alegacións seguintes, que non foron aceptadas nuha sesión plenaria, coa conseguinte oficialización.

Coñecida a proposta de Heráldica para a institucionalización do escudo do Saviñao, a Asociación Veciñal do Saviñao desexa manifestar o rechazo e a oposición á modificación do escudo que “dende que se recorda” representou as terras do Saviñao, que non é outro que un sol elíptico introducido nun óvalo, de uso histórico por todalas entidades asociativas rexistradas no concello.

Como alegacións presentadas díante do concello considera a asociación que a coroa non é representativa destas terras pois non hai antecedente histórico de fidalguía nin de dependencia real das terras do Saviñao. Por outra banda, considera desafortunada a modificación da disposición ovoidea por outra totalmente circular que o alonxa das orixes máis telúricas e básicas da elipsoide solar. Tampouco entende por qué o sol ten que aparecer encastrado nun escudo de armas, que lonxe de refrexar o sentido de culto ancestral e cósmico, acércao ó bélico e militar. Considera que o actual escudo é máis perdurable o longo da historia, e que as modificacións propostas tan só o adaptan ó momento histórico contemporaneo.

Por todo elo solicita á Heráldica se respete a sinxeleza dun sol prerromano manifestado dunha forma elipsoidal ó modo en que na cultura castrexa se tiña esa misteriosa apetenza polas formas ovoidales.

A asociación aporta, ademais dos argumentos etnográficos, os datos históricos que avalan o mantemento do escudo tal e como é, sen modificacións que alteren o sentido que ese icono ten para os habitantes do Saviñao.

En Escairón, a 15 de novembro do 2010.

COMPARATIVA DOS DOUS ESCUDOS

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail