Defender a sanidade pública
OS VECIÑOS OBRIGADOS DE NOVO A DEFENDER A SANIDADE PÚBLICA: CARENCIA DOS SERVIZOS DE RADIOTERAPIA, MEDICINA NUCLEAR E HEMODINÁMICA NO HOSPITAL DE LUGO.
Xaneiro do 2015. Ponse en contacto coa asociación Gloria de Abuíme que nos relata a odisea do viaxe que sufríu para recibir radioterapia na Coruña. Coincidindo co día da nevada, a ambulancia quedou atorada díante da súa casa cando foi a recollela, polo que tivo que chamar ó concello para que lle enviaran o todoterreno do extinto GRUMIR para rescatala. Posteriormente e unha vez recollidos os outros 4 integrantes da viaxe, sofre un pinchazo e a ambulancia carecía do gato elevador. Ten que acodir unha grúa do servizo na estrada. Despois do accidentado da viaxe, non reciben tratamento. Refire as queixas dos usuarios que sentindo gañas de mexar, non tiñan nin un recipiente no transporte para facelo ou para vomitar. A prensa faise eco das penosas viaxes que teñen que facer os pacientes de Radioterapia, que ó non existir ese servizo en Lugo, deben viaxar ata A Coruña.
Posteriormente contacta coa asociación a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, que aglutina a unhas 200 asociacións de toda a provincia. Na data do 13 de febreiro acodimos, xunto con Gloria, a unha reunión da Federación a Lugo. Levan máis de un ano mobilizándose para conseguir os servizos prometidos polo PP xa fai catro anos: Radioterapia, Medicina Nuclear (son aparatos de diagnostico pola imaxe que tamén obrigan a vixar ata Santiago ou A Coruña) e Hemodinámica 24 horas (son os cateterismos cardíacos e by-pass que hai que facer antes das 2 horas no caso de un infarto, en Lugo só funciona ata as 15 horas, polo que tamén esixe vixar á Coruña).
Esta federación de A. V. o ano pasado organizou unha manifestación multitudinaria en Lugo e recolleu 45.000 firmas co que conseguíu unha Iniciativa Lexislativa Popular (I.L.P.). Esta foi debatida no Parlamento Galego e foi “ adulterada “ cos votos de todos os parlamentarios do P.P., incluidos os de Lugo. Agora, visto que non se cumpríu o prometido estan máis indignados e dispostos a loitar pola defensa destes servizos sanitarios imprescindibles .
Na asamblea de Lugo decídese:
- Colocación de pancartas de protesta en todas as entradas de Lugo.
- Declaración de persoas non gratas á Conselleira de Sanidade e ó Director Xerente do SERGAS de Lugo, por ser os responsables directos destas carencias, así como a Nuñez Feijoo.
- Trasladar esta reclamación ó Congreso dos Deputados así como ó Parlamento Europeo, da man do partido que lle facilite a acción.
- Reunión en Lugo con delegados doutras provincias españolas onde teñen o mesmo problema.
- Pregunta na Comisión de Sanidadae do parlamento Galego polo Rexistro Único de Infartados, para ter coñecemento exacto da cantidade de infartos sofridos nos veciños da provincia.
- No caso dalgún falecemento motivado polo retraso na atención facer denuncia xudicial.
- Valorar co abogado a posibilidade dunha denuncia xurídica por omisión do servizo sanitario.
- Por último, organizar unha macro- manifestaciónen Lugo na data do xoves anterior ó día das eleccións municipais, para incidir directamente nas mesmas. Sería a partir das 8 da tarde e debería acodir xente de todos os puntos da provincia.
- Edición de pancartas plastificadas ó xeito das de Nunca Mais.
Na data do 14 de marzo celébrase no auditorio de Escairón unha charla informativa acerca das consecuencias que está acarreando ós veciños de Lugo a carencia de estes imprescindibles servizos. Acode Miguel Angel Real, vicepresidente da Federación de A.A.V.V. de Lugo. Ó acto, publicitado en todas as parroquias do Saviñao, acoden 27 persoas. Escasa participación para a gravidade da situación sanitaria e os riscos que estamos correndo.
O 21 de maio, 3 días antes das eleccións municipais, acódese á manifestación en Lugo na procura destes servizos necesarios para a provincia. Facilítanos a Federación de A.V. un autobús que recolle xente de Chantada, O Saviñao e Monforte. Ó acto acoden unhas 15.000 persoas que pedimos deixen de discriminar á provincia de Lugo en canto a dotación e servizos sanitários.
Na data do 10 de febreiro do 2019 acódese a unha manifestación en Santiago na defensa da sanidade pública. Despois de observar e padecer o deterioro da sanidade galega na Atención Primaria e nos servizos de Urxencia das capitais galegas, convocamos a todos os asociados a expresar o seo malestar nesta concentración a nivel de toda a comunidade.