PLAN DE CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DA DEVESA

Que todos os veciños do territorio do Saviñao estamos orgullosos do bosque bicentenario da Devesa non ofrece a máis mínima discusión . Pero o que tamén nos preocupa é a escasa atención que se lle presta para conservar e mellorar , se cabe , este patrimonio natural . Coa intención de aportar alternativas prácticas , dende a asociación elaborouse un plan integral de medidas a iniciar  para preservar este conxunto senlleiro .

Dito plan foi presentado ós tres grupos políticos do ámbito municipal coa intención de que fose debatido e se tomase unha decisión consensuada , pois o tema non debería ter discrepancias ideolóxicas . Tras dous envios do proxecto aínda estamos esperando que o tema sexa tratado nun Pleno . Parece que non hai interese nin intención por parte das forzas políticas de protexer este espazo emblemático .

Recentemente , con ocasión da proposta do novo plan urbanístico ( PXOM ) , presentáronse alegacións e dirixíronse solicitudes á Dirección de Conservación da Natureza para que o entorno da Devesa reciba a calificación de Espazo Libre ou verde , que sirva de cinturón protector e integre a totalidade da masa árborea e as zonas “ roubadas “ ó conxunto : a zona de díante do concello , zona da carpa , da feira , do parque infantil e dos edificios do centro sanitário e da gardería  .

 

PLAN DE CONSERVACION E PROTECCION DA DEVESA .

Con estas medidas propostas pretendese afianzar o espazo natural da Devesa e humanizalo un pouco máis , para que continúe sendo unha referencia promocional do noso concello e un elemento identificador de todos os veciños  do Saviñao .

 

A)    MEDIDAS INSTITUCIONAIS .

1º. Conseguir e solicitar algunha forma de protección institucional para A Devesa como conxunto arbóreo. Hai aberta unha Catalogación de Arbores Senlleiras na Dirección Xeral de Conservación da naturaza de Medio Rural . Foi solicitado pola asociación en dúas ocasións sen resposta positiva ata agora . O que non é obstaculo  para buscar outras formas de protección . Recordamos que existe un acordo plenario para otorgarlle esa necesaria protección administrativa que todavía non foi executado.

 

B) ACTIVIDADES DE PLANTACIÓN .

2º. Coa intención de garantir a persistencia da Devesa no tempo, anualmente vimos solicitando a reposición de cada unha das pezas arbóreas que van desaparecendo , así como  algunha engadida para cubrir claros, no conxunto central da Devesa.  Recordamos que dende a reprantación de 1997 non se repuxeran as baixas que neste tempo se foron producindo. As labores de prantación deberían realizarse nos meses de xaneiro e febreiro , época propicia , antes do inicio da primavera. No ANEXO I expoñemos a solicitude feita no 2016 e feita parcialmente, xa que tamén se incluía a plantación de tres castiñeiros de índias na beirarrúa fronte da piscina.

3º) Prantación na area diante do concello, no lugar ocupado polo piñeiro (cortado fai úns anos) , dunha peza caducifolia ( carballo ou faia) .

4º) Recomendamos a prantación dalgunhas árbores ornamentais na zona do parque infantil  . Argumentase que por unha parte daría algo de sombra a ese espazo tan árido e asolado no verán, e por outra parte contribuiría a integrar esa zona na Devesa , ademáis de convertílo nun espazo máis humanizado e menos desanxelado . Adxúntase plano e especies a prantar. ( ANEXO II) .

 

C)    INTERVENCIÓNS DE OBRA .

5º)  Solicitáse ó concello a retirada do inutilizado sistema de iluminación interior da Devesa , matizar que coa iluminación exterior xa compre . Consiste na retirada dos caixóns de cemento e do sistema de tubaxe soterrado para o cableado, xa que o único que fan e afear , estorbar e probablemente facilitar a transmisión de pestes ( fungos ) nas pezas arbóreas.

6º) Solicitar a modificación do actual estanque do lavadoiro, para convertilo nun espazo de uso e disfrute humán . Proponse o valeirado da auga e a creación dun pequeno auditorio semicircular adaptado á forma do estanque actual , aproveitando a parede do vaso para facer dúas (ó máximo tres) filas de asentos , sen invadir mais o espazo verde que o rodea . Dita área pensamos pode ser aproveitada para o uso lúdico : para zona de reunión da xoventude (xa o é de feito), para esceario de actividades públicas ( concertos, recitais literarios etc), ou como unha zona de solana para o verán . ( ANEXO III ).

 

D) RECOMENDACIÓNS XERAIS .

7º) Recomendar ó concello que se eviten podas abusivas como a realizada nos castiñeiros de índias fai tres anos , que cernaron totalmente as copas, poñendo en serio perigo a viabilidade dos mesmos ( de feito 3 destas pezas hai que replantalas de novo ) e anulando a globalidade da súa copa e impedindo a floración ( dous dos aspectos mais vistosos desta especie ) .

8º) Débese prestar atención especial as vellas e lonxevas pezas de carballos do núcleo da Devesa , facendo unha “poda terapeútica” e selando as partes mortas e desecadas dos carballos , eliminando aquelas polas que poidan ocasionar esganizamentos e fracturas , e perfilando en definitiva a forma dos mesmos para conservalos o maior tempo posible . Esta sería unha actuación a facer cada 10 anos e por persoal especializado .

9º) Recuperar para este espacio natural ( A Devesa ) a función social que antaño tivo . Propónse que recupere o sentido dun acto de encontro e cohesión das distintas parroquias do Saviñao, potenciando e organizando a celebración dunha comida de campo , de ámbito municipal , no espacio da Devesa nun dos días das festas municipais de Escairón, ben seña o sábado ou o domingo das festas.

10º) Evitar o acotamento e cercado dos espazos naturais ( como o cercado da área situada detrás do campo de futbol da Lama ) , para facilitar a amplitude visual da zona verde de Escairón , sen barreiras visuais nen arquitectónicas .

11º) Reiterar a petición da retirada da carpa , prantando en todo o perímetro da esplanada tilos como o que ocupa actualmente ese espazo , contribuíndo a aumentar a presenza arbórea no entono do edificio consistorial e convertindo dita esplanada nunha praza máis armoniosa e acolledora .

O investimento para todas estas melloras para a Devesa e o seo entorno sería mínimo , tan só é precisa vontade para afrontalo, e , por descontado , unha boa dose de sentido común , sensibilidade polo noso património ecolóxico e cariño pola Devesa , orgullo de todos os veciños .

anexo I ( actual 2016 )               anexo II               anexo III

 

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail