Fobia do alcalde á natureza

Que o alcalde do concello do Saviñao ten unha aversión especial polas árbores é algo coñecido xa dende fai anos, pero e que onte os traballadores municipais executaron a orde de amputar a única àrbore que daba presentación ó cementerio de Escairón, un impresionante plataneiro. Esto provocou alarma e indignación en moitos veciños que se dirixiron á asociación.

Esta era unha peza de gran porte que ademáis de engrandecer o espazo do campo santo, daba cobixo os veciños na espera dos actos fúnebres, facendo ese tempo máis levadeiro, sendo todo un símbolo da dicotomía vida – norte que acompaña á existencia do ser humano.

Dende a asociación non se comprende cal é o motivo de cercenar esta impresionante peza arbórea, xa que non interrompía o tránsito nin molestaba nin ameazaba os muros do campo santo.

Esta é unha mostra máis da fobia que o noso alcalde parece ter coa natureza e coas pezas arbóreas. Xa fai tres anos que se fixera unha desfeita coa poda de todos os castiñeiros de índias que hai na beirarrúa do fondo da Devesa, o que supuxo o secado de tres de eses exemplares (aínda non reprantados a día de hoxe) e a inexistencia de floración que é o elemento máis agradecido de esa especie. Pero repítese esa estratexia de “rabizar” polo curto as polas é xeneralízase cada ano en todas as especies que hai no entorno de Escairón: na área de tras do campo do futbol vello e no perímetro do mesmo, na estrada que leva ó campo de futbol novo,.. parece como si lle molestase a sombra e a copa, e pretendera convertir cada peza nun bonsái. Fai dous anos, e coa disculpa de liberar os horrorosos edificios que circundan á Devesa, levouse a cabo a “capadura” das cabezas de cinco exemplares dos maxestuosos carballos , que aínda a día de hoxe non teñen garantida a supervivencia. No pasado ano solicitouse pola asociación a reposición de 9 pezas que foron secando no núcleo da Devesa, no intento tan só unha prendeo. Este ano solicitouse un novo intento de reprantación, pero vemos como a tempada remata e non se repuxo unha soa peza. Tamén se solicitaba por parte das nais que acuden cos seus fillos ó parque infantil a prantación de árbores ornamentais que co seu colorido humanizaran un pouco aquel entorno desolado e espido, pero iso non lle gusta ó noso alcalde. Pero e que ademáis de todo isto, no proxecto do PXOM pretendese convertir todo o perímetro da Devesa en espazo “Equipamental” que facilite a construcción de máis edificacións de servizos do concello, limitando e costreñindo o espazo patrimonial da Devesa, feito que a asociación denunciou.

Todos estes feitos apuntan a unha falta de sensibilidade especial do noso alcalde co patrimonio natural, empeñado en pechar todo espazo verde e público con ostentosas balaustradas de pedra que “encortellan” e encaixonan o que xa de por sí desprende halos de libertade e amplitude.

O feito actual, a amputación da única peza de plataneiro que animaba o entorno do cementerio, está xenerando innumerables criticas nos veciños, que non entenden o motivo nin a finalidade de tamaña agresión. Dende a asociación trasmitimos o descontento veciñal xenerado e pedimos do noso administrador municipal un pouco máis de sensibilidade cos espazos públicos verdes, xa que estes son usados, apreciados e conservados día a día polas distintas xeneracións, e de seguir así non poderemos legar ás xeneracións futuras.

6 de marzo do 2013.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail