ENTREVISTA CO ALCALDE DO SAVIÑAO. TEMAS DE INTERESE VECIÑAL POR UNHA MELLORA DA NOSA SOCIEDADE.

O 25 de novembro do 2019 mantemos  unha reunión co Alcalde na que tratamos distintos temas de interese veciñal que non tiveron resposta por parte da autoridade municipal:

1. POSIBILIDADE DE SOLICITAR Á XUNTA A UBICACIÓN DUNHA RESIDENCIA PARA MAIORES E CENTRO DE DÍA.

Considerando que somos o único Concello do sur de Lugo que non conta con ningún servizo público de atención aos nosos maiores, consideramos que está é a maior necesidade do noso municipio na actualidade.

¿ Hai intención por parte da nosa corporación en dirixirse á Xunta para solicitar esta dotación ?. Para elo o Concello podería comprarlle o solar á Deputación e ofrecelo en propiedade para iniciar a petición á Xunta.

Resposta: Afirma que o convenio para unha residencia firmado coa Deputación no ano 2011 aínda está vixente, e que o investimento aprobado de 1.200.000 € está garantido. A intención é conseguir esa residencia, dacordo co PsoE local, con 25 prazas e 23 do centro de Día. Respecto do edificio sindical, a Xunta valora en 90.000 € e o Concello considerao excesivo.

2. ESTADO DE CONTAS DAS FESTAS MUNICIPAIS.

Coa intención de conseguir transparencia nos gastos municipais consideramos imprescindible que as contas das festas se fagan públicas no taboeiro do Concello. Esas contas deberían ser pormenorizadas : Custo total das festas. Aportación do concelllo. Recadación das aportacións veciñais e de empresas. Recadación das atracións e postos. Custo das orquestas. Custo do folión e doutras actividades.

Resposta: Presenta un custo total de 66.000 €, as aportacións persoais: 16.482 €, o recadado das atracións: 5.150 €, publicidade e patrocinio de Celega: 1.500 €, co que o Concello aportou 42.868 €. Comenta que pola lei de Protección de Datos non se poden publicitar as aportacións nominais. Non considera necesaria a publicitación no taboeiro do Concello xa que estas contas foron presentadas nun Pleno municipal.

3. ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE ORDENAMENTO DA CIRCULACIÓN NA ÁREA DA PRAIA DA COVA E ACCESOS.

Valoración das 5 propostas presentadas:

      – Proibición do acceso a vehículos maiores de 6 metros e sinalización da mesma en Belesar e no Priorato da Cova.

      – Pintado das prazas de aparcamento e da proibición de aparcamento nun dos dous lados da estrada.

      – Dende a zona baixo do churrasco e antes do acceso a Seoane establecer o sentido único da circulación, baixada polo Priorato e subida por         Soutomango e Arxuá. Garantir ós usuarios e propietarios o acceso nos dous sentidos ( sinalar a excepción ).

      – Colocar indicadores dixitais en Belesar e no Priorato da Cova que avisen cando o aparcamento está cheo para disuadir do acceso para evitar o colapso.

      – Valorar a opción dun servizo de trasporte cada hora ou media hora que faga o traxecto do Priorato á área da praia ( microbus , tren de tracción de vagóns ).

Resposta: Analizamos esas medidas propostas:

  • Respecto á prohibición do acceso a vehículos maiores de 6 metros, acepta esta medida na temporalidade alta, non no resto do ano.
  • Prohibición de aparacamento nunha das beiras da estrada e pintado das prazas de aparcamento. Totalmente dacordo. Afirma que non aporta mais de 35 prazas.
  • Sentido único do tránsito entre O Priorato da Cova e a praia. Non o vé claro. Comenta a intención de facer rebaixes dun metro e apartadoiros en distintos puntos para facilitar o doble sentido da circulación.
  • Ubicación de indicadores dixitais no Priorato e en Belesar que avisen da ocupación do aparcamento. Opina que non evitaría que quen quixera acceder o fixera e que poderían ter problemas con Tráfico.
  • Opción dun transporte colectivo entre O Priorato e a praia. Cuantificao núns 12.000 € ó mes nos dous meses de temporalidade alta e non sería asumible polo Concello.

Comenta que lle encargaron a Abente un estudo das solución posibles.

Informa da intención dos Concellos de Saviñao e Pantón de continuar o corredor entre Belesar e a Cova ata a área de Maiorga, co que se abriría outra vía de acceso á praia que aliviaría a situación. Aconsellamos máximo celo con esta obra xa que podería ameazar seriamente a paisaxe, que é o argumento básico para conseguir o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade.

4. MANTEMENTO E PROMOCIÓN DA RUTA DE SENDEIRISMO.

Tendo en conta que esta ruta é a única ( homologada ou non  homologada ) que existe no noso municipio e considerando o interese como elemento de atración de visitantes, que está ofrecendo unha asistencia coñecida dun mínimo de 600 persoas anuais, consideramos que o Concello debía asumir esta ruta como propia e debería ser promocionada polo propio Concello ( non aparece nin na web, nin no facebook, nin no punto dixital de información turística), ofrecendo a información que ata hoxe nos reclaman a asociación: puntos de comida, de pernocta, telefonos de taxis e trasporte, etc

Asemesmo reclamamos que se execute o acordo tomado no Pleno Municipal de limpeza de mantemento da ruta, tal e como fai anualmente o Concello de Pantón no seu territorio, e como ata agora leva asumindo a asociación nos últimos 6 anos.

Resposta: Afirma que o fará coas dúas brigadas de incendios que teñen todos os veráns e que será prioritario, xunto co Camiño de Inverno. Recoñece que co persoal propio do Concello non se da mantido. Comprométese en avisarnos ó comezo da campaña para que indiquemos os tramos a limpar.

5. CENTRO DE SAÚDE NOVO.

Tendo en conta a problemática manifesta e xa avisada previamente, do anegamento daquela zona polo nacemento constante de auga ¿ non contempla o Concello a posibilidade máis óptima de cambiar a ubicación do centro de saúde, por exemplo no prado do Larsa propiedade da Deputación ?. Do contrario o problema vaise cronificar pois a evitación da afloración da auga vai ser inviable e costosa na actualidade e no futuro.

Resposta: É evidente que a obra non ten marcha atrás. Estase facendo unha base de formigonado para evitar a trasmisión de humidades ó edificio. Afirma que non houbo empecinamento na elección do lugar e que no inicio ofrecéronlle á Xunta o mercado gandeiro, o cuartel ou o solar da Deputación, aínda que esta denegou á venda. Di que tamen lle propuxeron a remodelación do local actual pero a Consellería esixía 700 m.

6. COIDADOS DA DEVESA.

A Devesa é un patrimonio natural de gran aceptación veciñal. Na procura de que este bosque urbano de mais de trescentos anos perdure no tempo, é urxente a realización dunha poda “profesional” de saneamento das vellas pezas de carballos e o adecuado selado. Cuantificamos 4 carballos totalmente mortos e outros catro en vías de desaparición.

Asemesmo pedimos que se continue coa labor de reposición das pezas que cada ano van causando baixa, cousa que ata este ano se viña realizando con bastante éxito, descoñecemos o motivo polo que este ano non se fixo.

Resposta: Admite a necesidade manifestada dunha poda e asegura que se fará neste ano con persoal do Concello. Alertamos da última poda feita con persoal do propio concello que foi agresiva e sin criterio, pois cernaron a cabeza guía dalgúns carballos.

7. MELLORA DA AUGA DA TRAÍDA.

Ano tras ano e cada vez que chove forte a auga de consumo móstrase opaca e turbia, e con pousos que provocaron danos no sistema de calefacción e electrodomésticos dalgunhas vivendas. Esta problemática debe ser resolta cun sistema de filtrado mais eficiente, xa que nalgún momento pode ser non apta para o consumo pese o forte incremento do prezo. A excusa da choiva como causa non pode ser desculpa nesta comunidade.

Resposta: Recoñece a frecuencia coa que sáe turbia e atribúeo a varias razón: Con ocasión da roturas das tuberías, como acontece nas de fibrocemento na Páxara, o retorno desa auga mézclase coa terra. Coas choivas torrenciais hai arrastres de terra ó cauce do Sardiñeira. A zona de captación está próxima a zonas de labradío co que o arrastre é inevitable. Afirma que están invertindo úns 60.000 € na renovación dos filtros nos depósitos da Costa de Stº Antonio. Sanidade fai unha análise cada semana da auga de consumo e afirma que o feito de sair turbia non supón que sexa inapropiada. Recoñece pouca capacidade de mellora.

8. SOLUCIÓN AOS FRECUENTES CORTES DE LUZ EN ESCAIRÓN.

Vimos sufrindo case que a cotío cortes de luz que estan ocasionando cuantiosos danos a particulares e negocios. O ultimo exemplo foi no pasado mes coa perda das vacunas do ambulatorio cun custo elevadísimo ( hai vacunas que custan mais de 120 euros a unidade ), non sendo a primeira vez que acontece. Dende  a asociación , así como dende a Asociación de Comerciantes de Escairón, solicítase que a Alcaldía represente os intereses dos veciños diante da empresa suministradora de enerxía, e esixa unha rápida solución a esta carencia que está ocasionando perdas cuantiosas.

Resposta: Recoñece esta anomalía e admite dificultades na negociación coa compañía, xa que esta  deriva responsabilidades á distribuidora e a rede nacional. Respecto ao acontecido no centro médico, comenta que xa foio correxido, atribuíno ás obras feitas pola Consellería hai úns 3 anos que cargaron toda a potencia nuha soa fase maila que había trifásica. Confirma que en Escairón hai tres trasformadores e que os frecuentes cortes poden ser debidos á sobrecarga dunha das liñas.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail