A TRAIL HEROICA SACRA DEIXA A RUTA DE SENDEIRISMO ATESTADA DE PLÁSTICOS
No seno da asociación recibíronse queixas de usuarios da ruta de sendeirismo PR-G 162 que procedemos a trasmitir e notificar ao Concello.
Trala celebración da carreira anual Trail Heroica Ribeira Sacra que discorre en boa parte pola ruta sendeirística PR-G 162, comprobouse que dende Belesar ata Guítara en Pantón deixaron por todo o recorrido numerosas marcas de plástico colgando das árbores ou en peches de fincas particulares. Non entendemos o motivo da colocación destes longos plásticos cando a ruta está perfectamente sinalada. Este feito vense repetindo cada ano e é unha actitude lamentable xa que o plástico tarda anos en degradarse e supón unha agresión medio ambiental.
Por este motivo pedímoslle ao Concello do Saviñao que se dirixa á organización chantadina responsable da carreira ( xa que foron quenes os colocaron e suponse que co permiso do Concello ) para que proceda de inmediato á retirada de todas as marcas, tanto no recorrido polo Saviñao como polo de Pantón. Ou ben que se dé orden aos operarios do propio concello do Saviñao de que as retiren.
Polo coidado e conservación da única e moi transitada ruta de sendeirismo que ten o noso municipoio e polo respeto ao medio ambiente, esperamos unha pronta actuación reparadora.
Escairón, a 26 de outubro de 2026
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |











