VALORACIÓN DAS MEDIDAS ADOPTADAS POLO CONCELLO PARA EVITAR O COLAPSO CIRCULATORIO NA ÁREA DA COVA E PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN.
Unha vez coñecidas as medidas que adoptou unilateralmente o Alcalde do Saviñao para evitar o caos circulatorio que se produce todos os anos na época estival, a asociación, trala reunión mantida o venres 16 de abril, fixo unha valoración de ditas medidas e emitíu unha serie de consellos E adaptación das medidas.
Dita valoración foille presentada a Alcaldía e ao partido da oposición para que analizen as medidas propostas pola asociación antes do inicio das obras e adopten as solucións necesarias.
Adxuntase escrito :
A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao e aos partidos da Corporación Municipal coa intención de valorar as medidas para evitar o colapso da área da praia da Cova.
Unha vez coñecidas as intencións da Alcalía para axilizar e desconxestionar os accesos á praia da Cova e dado que a asociación veciñal presentara unha serie de medidas e actuacións na data do 15 de xulio do 2019, procedemos a valorar e analizar dita decisión:
1- AMPLIACIÓN DAS PLAZAS DE APARCAMENTO.
A creación dunha nova área de aparcamento pode mellorar moderadamente o problema, mais esas dúas zonas de novo aparcadoiro non deberían supoñer un desmonte visible e deberíaN respetar as pezas arboreas existentes con esmerada sensibilidade.
2- COLOCACIÓN DE SEMÁFOROS PARA FACILITAR O ACCESO.
Consideramos que os semáforos poden regular o tránsito pero non o volume de ocupación da área. Córrese o risco de convertir nunha longa caravana de vehículos a estrada de acceso e facer maior tapón na área.
Cremos que para regular o tránsito sería moito mais axil e efectiva a UNIDIRECIONALIDADE da estrada dende o desvio para Arxuá, descenso pola actual estrada e subida por Soutomango e Arxuá, sinalizando e permitindo o tránsito bidirectional ós veciños e propietarios das parcelas da zona.
O volume regularíase coa colocación de dous paneis que indicaran o estado de ocupación das plazas de aparcamento na área. Ubicaríanse en Belesar e no Priorato da Cova, anunciando a ocupación total para así disuadir ós visitants de acceder á área xa que sería imposible estacionar.
3- MICROBÚS DE ACCESO Á ÁREA DA COVA DENDE ESCAIRÓN.
Consideramos mais práctico que o microbus saíra dende o Priorato da Cova e mesmo podería facer unha viaxe ata Belesar para recoller xente, xa que a maigrande parte dos visitantes non son de Escairón e na área do Priorato hai unha zona de aparcamento e podería ampliarse ata as proximidades da igrexa románica. Esto facilitaría que os visitantes deixaran alí os vehículos desconxestionando a área da praia.
4- ANCHEAMENTO DA ESTRADA DE DOUS METROS.
Esta parécenos a medida mais agresiva e lesiva para a paisaxe e natureza da zona, xa que dous metros suporía a sangria duns taludes case que verticais e conlevaría a corta de decenas de árbores caducifolias que personalizan á ribeira. Non olvidemos que precisamente a paisaxe e a natureza son os dous pilares básicos nos que asenta a candidatura a Patrimonio da Humanidade e a súa agresión sería notoria e imperdonable.
Díante desta medida propoñemos a adaptación de pequenos APARTADOIROS que den cabida a tres vehículos para orillar e esperar o acceso.
5- Considerammos imprescindible a sinalización dos accesos dende o Priorato e Belesar concretando a limitación pola anchura da estrada e proibindo a circulación de vehículos mais longos de 6 metros.
Trátase de facer desta área unha zona de relaxamento e non de estres e débese priorizar a idea dun turismo sostible para toda a Ribeira Sacra, non basado tanto na cantidade senón na calidade. Temos que lograr que o turismo se adapte ó territorio e non que o teritorio sucumba e sexa destrozado polo turismo.
Esperando sexan tidas en conta estas reflexións e supoñan un repensamento antes de tomar decisions que poden pagarse longo tempo, atentamente despédese de Vde. a Presidenta da asociación.