TRASMÍTESE A PETICIÓN VECIÑAL DA RETIRADA DAS ANTENAS DE TELEFONÍA DE MONDAVIDE ( ESCAIRÓN ).

A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor con DNI 33.812.714 T, diríxese á Alcaldía do Saviñao co motivo de solicitar a retirada das antenas de telefonía no barrio de Mondavide.

Recibida na asociación queixa pola ausencia de resposta por parte da Alcaldía á recente solicitude feita polos veciños do barrio de Mondavide en Escairón para a retirada das antenas de telefonía mobil próximas ás casas e que xa motivaron unha denuncia á Valedora do Pobo, a asociación veciñal diríxese á Alcaldía para reiterarlle esta petición xa que dita instalación é considerada polo vecindario como lesiva e perigosa para a saúde.

Esta desconfianza veciñal ven motivada pola gran cantidade de casos de cancro que se deron en varias familias do barrio. Pode que se trate dun azar ou ben que os campos electromagnéticos teñan algo que ver, este dilema non vai ter unha resposta cintífico-pericial inmediata, nin unha certeza, pero este rexeite ás instalación xa ten un longo recorrido.

No ano 2004, coincidindo co desmatelamento doutra antena en Santalla, xa fora solicitada a retirada da de Mondavide adxuntando unhas 150 firmas e obtendo daquela o compromiso da Alcaldía da súa retirada, cousa que nunca se executou. Posteriormente no ano 2011 a asociación veciñal reitera esta petición de retirada, coincidindo coa inmediatez da caducidade do contrato de arrendamento. Outra negativa por resposta e a día de hoxe as antenas continúan sendo unha ameaza percibida polos veciños de Mondavide.

Por todo esto a asociación veciñal SOLICITA da Alcaldía:

  • Información acerca da data de caducidade do contrato de dita instalación.
  • Información da cantidade percibida polo Concello polo arrendamento de dito servizo.
  • A retirada inmediata das instalación por ser considerada polos veciños unha ameaza para a súa saúde.

Na espera dunha atención ás demandas e queixas da veciñanza e dunha garantía para a salubridade da poboación, despédese atentamente de Vde. A Presidenta da asociación.

Escairón, a 8 de setembro do 2022.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail