TRASMÍTESE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL PETICIÓN DOS VECIÑOS DO GORGOZO E XUVENCOS DE SEGURIDADE VÍAL Ó PASO DA ESTARDA POLOS NÚCLEOS HABITADOS.

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Delegación de Vías e Obras Públicas da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo , para solicitar a adopción de medidas para que se repete a limitación da velocidade polos lugares de Xuvencos e O Gorgozo da estrada provincial LU-P 4102.

Os veciños do Gorgozo e de Xuvencos, por onde transita a estrada de dominio provincial LU-P 4102 entre Ferreira de Pantón e Currelos, estan preocupados pola alta velocidade de paso dos veículos que pon en risco o desplazamento e a mobilidade peonil dos moradores destes dous lugares.

Por elo reclaman da Deputación Provincial medidas que fagan posible o cumprimento da limitación da velocidade a 50 qm/h. ó paso da estrada por entre as vivendas e a zona poboada.

SOLICÍTASE:

  • Colocación de badenes transversais na calzada que obriguen a aminorar a velocidade.

  • Ubicación de dúas sinais luminosas intermitentes ó comezo da zona poboada, unha en cada sentido da circulación, da proibición do tránsito a mais de 50 qm/h. que advirtan e alerten da limitación da velocidade.

Na procura da seguridade dos veciños e de facilitar a natural interelación entre eles na zona habitada e de que sexan atendidas as súas lóxicas peticións, despédese de Vde. a Presidenta da asociación veciñal.

Escairón, a 5 de decembro do 2022.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail