SOLUCIONADO O ACCESO E SINALIZACIÓN DO DOLMEN DE ABUÍME

Esta era unha débeda histórica da sociedade do Saviñao coa história antiga e co seu patrimonio . Ata agora o dolmen só podía ser visitado acompanado dun veciño coñecedor do lugar , eso si o visitante conseguía dar co campo da festa de Abuíme , e despois acceder atravesando fincas privadas e abancando as alambradas divisorias das mesmas . Chegar a ver o monumento era toda unha odisea . Así de difícil resultaba poder visitar un dos escasos monumentos megalíticos “visibles” en toda a Ribeira Sacra .

Dende a Comisión de Patrimonio e Cultura da asociación tomouse a iniciativa de buscarlle unha pronta solución a este olvido histórico dos nosos rexedores e gobernantes . A finais de xullo do 2013 inícianse os contactos cos veciños propietarios das parcelas por onde se debería trazar o camiño ó dolmen sin invadir as lexítimas . O tema despertou moito interese nos veciños que non puxeron trabas o concederon en “ ben da colectividade “ o permiso de paso polas extremas das fincas .

Días despois limpiouse o acceso e o perímetro do dolmen . Na data do 11 de agosto , para celebrar este acordo , organizouse unha visita ó dolmen invitando a todo o que quixera acodir . A resposta foi masiva , máis de 80 persoas se deron cita no campo da festa , entre eles moitos veciños de Abuíme , orgullosos de poñer en condición de visitable este elemento tan apreciado da súa historia . Inaugurouse así o paso e díante da anta Enrique Perez Losada explicou o significado do monumento naquel momento da prehistoria , así como o aspecto actual . No acto público a asociación comprometeuse a conseguir a adecuada sinalización para guiar os visitantes sin posibilidade de perderse .

No Nadal conséguese que o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra aporte 6 sinais metálicas para colocar nas estradas , guiando o visitante dende Escairón ata a entrada do camiño . En xaneiro do 2014 coa aportación voluntaria dos asociados , colócanse dous postes de madeira tratada que marcan o traxecto polo camiño cedido polos veciños .

Remátase así coa tarefa comprometida ,  quedando agora o monumento megalítico en situación de “ visitable ” e conseguindo o obxetivo da posta en valor de este preciado elemento patrimonial , único na Ribeira Sacra  .

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail