Solicitude proxecto tras arrancar o plataneiro

Visto o descoñecemento global, pola nula información municipal, do proxecto da obra do entorno do cementerio, do que nin a oposición política tivo noticia, dende a asociación diríxese solicitude de execución dos dereitos do veciño recollidos no ROF e na LRBRL, concretando estos en:

1º – Envio da copia do acordo municipal no que se autorizan as obras, referido o acordo da Comisión de Goberno, que por lei xa debera expoñerse no taboeiro público do concello, e motivou a intervención (esteril) do Defensor do Pobo.

2º – Faciliten o examen e consulta do Proxecto de Obra que recolle as “secretas” intencións do que alí se pretende facer.

Esperamos resposta, e do contrario irémola buscar. Escairón a 14 de marzo do 2013.

Facilítannos o proxecto da obra de adecuación do entorno do cementerio, incluído nunha extensión da zona verde de Escairón ¿?. No proxecto non figura a intención de cortar a árbore, sí a colocación dunha xardineira na entrada do cementerio. ¿Quen deu a orde de arrancar o plataneiro?

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail