Solicitude ó Consorcio da visita ó románico
A Asociación Veciñal do Saviñao dirixíuse antes do verao de 2012 ó Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, como entidade responsable da promoción do turismo na nosa zona, solicitando que se procure, con todos os contactos posibles, a apertura das egrexas románicas da comarca.
Consideramos que o motivo fundamental que atrae ó visitante ás nosas terras é o patrimonio románico. Quen acode aquí leva unha desilusión e frustración ó comprobar que todo ese património que se anuncia, e que mesmo apadriña co seu nome ós concellos de Ourense e Lugo que o conforman, non pode ser visitado, tan só dende fora e sen a máis mínima explicación. Trabállase noutras iniciativas, como a Ruta dos Viños, a hostelería e a cociña, o golf, as festas medievais, etc, son elementos que engaden encanto e complementan o motivo pricipal da visita ás nosas terras, que está aínda sen solucionar, acceso ó románico.
Dende fai dous anos unha empresa ven ofrecendo unha media xornada de visita ó románico de cada concello. Máis a oferta parécenos moi escasa, por canto tan só se visitan 3 templos en cada ún dos concellos (no Saviñao, das 7 egrexas románicas tan só se visita Stº. Estevo de Ribas de Miño), e moi limitada xa que ún só día á semana supón unha restricción á disponibilidade e á accesibilidade ó románico.
O feito de que a nosa zona xeográfica, denominada Ribeira Sacra, non sexa capaz de ofrecer ós visitantes e turistas a posibilidade de observar, valorar e coñecer os templos románicos no seu interior, parécenos unha incongruencia e unha seria carencia que limita moito as inmensas posibilidades que a nosa terra ten no atractivo e competitivo mundo do turismo cultural e de interior; e que está frenando o desenvolvemento do que xa debería estar a funcionar como o máis importante recurso económico.
Dende a asociación solicitouse ó Consorcio de Turismo que centre todos os esforzos na búsqueda da apertura destes templos, propoñendo que se intensifiquen as conversas có Obispado, cós párrocos responsables de cada unha destas egrexas, coa Diputación e Consellería de Cultura e Turismo, para que negocien díante da institución clerical; ou ben que sexan os responsables de turismo de cada un dos concellos quenes acompañen e faciliten a visita ós visitantes.
Sin o logro desta mostra, toda a oferta turística cultural queda valeira de contido. Si nalgún día se quere optar a Patrimonio da Humanidade hai que ter perfectamente cuberta e solucionada esta carencia. Namentras, tan só a paisaxe nos pode promocionar.