SOLICITUDE DE LIMPEZA E ADECENTAMENTO DOS PUNTOS VISITABLES DO NOSO MUNICIPIO

Co inicio do verán comeza unha estación na que o noso territorio é visitado por moitas persoas que escoitaron e viron imaxes suxerentes de natureza , paisaxe e patrimonio . O noso municipio , como moitos outros do interior , precisa urxentemente de acicates económicos que asenten poboación e frenen o abandono do territorio por parte dos xovenes que aínda quedan . O turismo debe ser aproveitado como un bó recurso de ingresos , eso sí , sostible e sin agresións , integrado na fermosa natureza que nos rodea .

Por iso , dende a asociación instamos ós nosos gobernantes a que se impliquen na tarefa de mostrar o mellor do noso territorio , e esto leva a limpar e manter os puntos de maior afluencia de visitantes , co fin de continuar na promoción deste territorio como pequeno paraiso de disfute dos sentidos .

Son elementos de interese : o románico , o resto do patrimono arqueolóxico , a natureza e a paisaxe . O entorno das egrexas está bastante ben conservado , bótase en falla a sinalización e limpeza dos accesos á Leira Rapada . Os dous puntos paisaxisticos de mais demanda : o pobo de Belesar e o a praia da Cova tamén están en aceptables condicións , quizais a limpeza das cunetas da estrada que une estes dous puntos sexa unha carencia a reclamarlle á Deputación .

A asociación demanda a execución do que é responsabilidade institucional , a limpeza e adecuación doutros tres puntos de interese que presentan a día de hoxe un lamentable estado , e por elo rexistramos a seguinte solicitude :

A Asociación Veciñal do Saviñao , inscrita co nº 14 no rexistro municipal de asociacións , a través do seu Presidente Francisco Nieves Rajo , con DNI 37.293.667 S , diríxese diante da Alcaldía do Concello de O Saviñao para solicitar a limpeza e adecuación dos puntos de interese turístico do municipio .

EXPOÑENDO :

        Como se inicia a tempada turística , de gran interese económico e social para este municipio , e dado o estado case que impracticable dos puntos máis visitados por quenes acoden atraidos polos elementos culturais , naturais e paisaxísticos do nosos teritorio , solicítase se cumpran as responsabilidades institucionais municipais de mantemento e conservación dos elementos territoriais da súa competencia .

SOLICÍTASE :

        1- Adecuación do firme da estrada municipal de acceso ó lugar de Cuñas , onde se atopa a Adega Moure e o verdadeiro miradoiro do Cabo do Mundo , dado que a existencia de fochancas e profundos baches dificulta o tránsito e ofrece unha nefasta imaxe das infraestructuras municipais . Recordar que este quizais sexa un dos lugares do noso territorio que máis visistantes está a recibir nos últimos anos .

        2- A limpeza do camiño de acceso e perímetro do dolmen de Abuíme , que nos últimos tres anos foi executada voluntariamente pola asociación veciñal , e que xunto co da Leira Rapada , constitúen os únicos elementos neolíticos visitables en toda a Ribeira Sacra .

        3- A limpeza anual da ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra do Miño , no tramo de 21 quilómetros por camiños veciñais ,  a única homologada do noso concello co código PR-G 162 . Do seu matemento encargouse nos tres últimos anos a asociación , dunha maneira voluntaria e altruista . A parte de ruta que corresponde a Pantón , úns 15 quilómetros , é conservada puntual e anualmente por ese concello . É unha das rutas de sendeirismo máis coñecidas e recorridas da Ribeira Sacra , estimándose entre 500 e 600 o número de camiñantes ó longo do ano .

        Na procura de que o noso municipio oferte a mellor imaxe cara a seguir incrementando o número de visitantes , e polo tanto xerando emprego e economía local , consideramos que co inicio do mes de xullo deberíanse iniciar os traballos de limpeza e adecuación dos puntos de atracción .

        Esperando unha responsable e rápida actuación institucional na conservación destes elementos de atración turística , despédese de Vde. o presidente da asociación veciñal .

 

En Escairón , a 29 de xuño do 2016

 

Pois aconteceu que a 6 de xullo visita Escairón o Presidente da Xunta , e como tamén o levan á Adegas Moure , provoca o inmediato rebacheo da estrada que durante dous anos ficaba descomposta e case que intransitable , pese a gran cantidade de autobuses e vehículos que acceden ó lugar . Tamen temos coñecemento de que nestes días foi limpado  «daquela maneira» o camiño de acceso e perímetro do dolmen de Abuíme . Agradecemos os feitos , pero desexamos que non se teña que recordar cada ano , son tarefas de responsabilidade municipal . Queda por ver a execución da limpeza da ruta , que a asociación entregou ó concello sinalada , homologada e publicitada ¿ que máis quere o señor Alcalde ? unha ruta de sendeirismo homologada que non lle costou un só euro ó concello , tan só mantela limpa , cousa que nos tres últimos anos levou a cabo a asociación dunha maneira altruísta e vontaria .

 

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail