Solicítase reparación das estradas afectadas polas obras de Solidaridad Solar
Na asociación veciñal recibíronse varias inquedanzas acerca da preocupación dos veciños polo deterioro das estradas e de certos camiños veciñais por donde se está a sacar a derivación eléctrica de media tensión da planta solar de Seteventos , que , aínda que vai soterrada , ocasionou a desaparición de boa parte da banda de rodadura da estrada entre o cementerio da Portela e A Touza na parroquia de Piñeiró , así como a desfeita de paredes e balados de propiedade particular e deterioro dalgúns camiños .
Tamén estan intransitables e descarnados os viais de acceso a Mosiños dende a estrada de Monforte e deiquí ata Seteventos , así como a estrada entre Seteventos e Abuíme , desfeitas dende o inicio das obras do parque solar , fai xa tres anos .
SOLICÍTASE :
Aclaración , cara a tranquilizar ós veciños , acerca de quen será a autoridade responsable da reparación das infraestructuras deterioradas , si será a empresa responsable Solidaridad Solar ou ben si será o Concello quen asumirá a reposición dos viales tal e como estaban denantes de ditas obras . Cremos que o feito de ser declarada de Interese Municipal non exime da reparación e acondicionamento das infraestructuras deterioradas na súa implantación .
Na espera de resposta , despédese de Vde. Violeta Perez Figueroa , presidenta da asociación vecinal . En Escairón , a 7 de xuño do 2012