Solicítase o vaciamento definitivo do estanque do lavadeiro da Devesa
Unha vez máis as augas do estanque do lavadeiro motivan queixas dos veciños, nesta ocasión son augas fecais do alcantarillado as que invaden o espazo acuático. Na data do 28 e xullo pídese ó concello a inmediata solución e solicítase a solución definitiva: a conversión de este espazo da Devesa nunha zona de uso e disfrute humano, tal e como recolle o Plan de Protección e Conservación da Devesa proposto pola asociación. No día seguinte foi vaciado o estanque, e renovadas as augas, pero eso non nos parece suficiente.
Consideramos que esta área debería ser aproveitada para ampliar e abrir a Devesa, eliminando a oxidada verxa que a pecha e humanizando ese espazo de uso tradicional polas mulleres que lavavan e clreaban a colada. Podería ser usado para pequenos eventos culturais (concertos, contacontos, etc), de reunión da xoventude que todavía a estas alturas carece de local e ubicación, ou de recreo veciñal.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 14 no rexistro municipal de asociacións, a través da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, diríxese díante da Alcaldía do Concello de O Saviñao coa intención de
EXPOÑER:
Comprobado o lamentable estado actual das augas do estanque do lavadeiro da Devesa de Escairón, feito que se ven repetindo con demasiada frecuencia, pero que neste ano alcanzou cotas non asumibles o haber presenza de augas fecais do alcantarillado, co coseguinte fétido olor, deplorable aspecto e risco sanitario.
SOLICÍTASE:
1- Inmediata limpeza e solución das augas estancadas, xa que o calor vai empeorar aínda máis o seu estado, e por riba, estase na época estival e festiva, co que se incrementan os visitantes e a imaxe que se dá é de total abandono e despreocupación institucional.
2- Desecación e vaciado definitivo de esta área acuática e conversión da mesma nuha zona de ocio e expansión humana, xa que é o uso tradicional e lóxico de este espazo incluído no patrimonio da Devesa. Repetimos a proposta incluída no Plan de Protección e Conservación da Devesa, elaborada pola asociación e presentada no ano 2010 a todo os grupos polícos do municipio.