SOLICÍTASE Ó CONCELLO AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Visto o incremento dos prezos no presente ano que comprometerá a economía das familias e dada a inmediatede da apertura do curso escolar, a asociación solicita a urxente apertura de axudas do Concello para material escolar para familias con necesidade económica e que non teñen a cobertura das axudas da Xunta de Galicia, tal e como se ven facendo noutros municipios próximos.
Na espera dunha resposta a este tema de necesidade real, despídese de Vde. A Presidenta da asociación.




