Solicítase inclusion no Parque Bombeiros Monforte
A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese díante da Alcaldía do Concello do Saviñao coa finalidade de
EXPOÑER:
Observando a cantidade de accidentes en forma de incendios en domicilios e vivendas que acontecen durante todo o ano na nosa comarca e no resto da comunidade galega; e dado o deplorable estado das instalacións eléctricas de moitas das vivendas do rural; e engadindo que no noso concello non existe un servizo permanente que poida atender unha urxencia en forma de lume, pois tan só se dispón dunha carroceta e un pick-up cun limitado depósito e cunha disponibilidade limitada ó horario laboral (non as 24 horas), e dado que tampoco se dispón dun equipo de Protección Civil nin tampouco dos GRUMIR xa que de ambos se prescindíu no seu momento por parte da Corporación.
SOLICÍTASE:
Se inícien os trámites para solicitar dende o Concello a inclusión do Saviñao na Mancomunidade do Parque de Bombeiros de Monforte para así ter a garantía dunha resposta rápida, continuada no tempo e profesional díante dunha potencial emerxencia en forma de lume nas vivendas de calesquera lugar da ampla xeografia do noso municipio.
Esperando se inicien os trámites para a solución desta importante carencia de servizos no noso concello, despédese atentamente de Vde. o presidente da asociación. En Escairón a 15 de novembro do 2011.