RUTA DO RIO SARDIÑEIRA

Primera etapa Segunda etapa

Esta é unha ruta que acompaña o traxecto do río Sardiñeira dende a súa desmbocadura no Miño, ascendendo primeiro encaixonado e frondoso ata a piscifactoría, mudando despois a un aspecto máis humanizado en pequenos vales máis abertos con pastizais ata a veira do río. Remata esta ruta fluvial na confluencia do río Portiño co Sardiñeira máis arriba da Veiga, cerca de Valiñocobo. Son úns 11 kilómetros de ruta ineal…

É unha ruta estreita por sendeiros de pescadores que vai a carón do río troiteiro, onde se pode apreciar restos da antiga ponte que facilitaban as comunicacións, os restos dos numerosos muiños e as represas feitas para canalizar as augas ata a súa boca de carga ou para servir de rega ós pastizales. Ruta rebosante de vexetación, cuberta de amieiros, padrairos chopos, abelairas, salgueiros e vídalos, fentos e outras especies apetentes pòla auga que apenas deixan pasar a luminosidade do sol.

Antes de iniciala convén asegurarse de que está transitable, pois límpiase antes do inicio da tempada de pesca. Non está sinalada. Tamén sufríu a perda dunha das dúas pontiñas de madeira que hai que cruzar, polo que hai que garantizar que foi reposta antes do inicio do recorrido. A día de hoxe non se repuxeron , polo que a ruta é inviable.

É unha ruta esixente pois hai que vencer pequenos obstáculos, subindoos e volvendo a baixalos, o que se fai algo rompepernas (alomenos na primeira parte da ruta), que se traduce nun ritmo lento de camiñata.

  • DENDE A DESEMBOCADURA ATA A PISCIFACTORIA.

Parte a ruta dende o lugar de Montegrande, á veira da estrada que dende S. Vitorio remata en Porto. Aínda é un lugar elevado dende o que se otea á poniente a devesa de Pudio e a entrada do Miño no Sardiñeira.

Dende as casas deshabitadas de laxe e pizarra descéndese durante 870 m. ata o nivel do Sardiñeira cerca da súa desembocadura, accedendo a veira dereita do río (en realidade a esquerda do sentido da ruta) . Vai chan, tendo que subir un pequeño tramo para volvelo a baixar ata a veira do río.

Chega ó muiño do Carrasco, que é tamen o inicio do acoutado de pesca.

Pouco despois aparece a antiga e consistente ponte que comunicaba as parroquias de Vilelos e S. Vitorio e daba acceso ó muiño, hoxe aínda se aprecian as bases de apoio e algunha viga de madeira. Río arriba pasa ó carón da represa que servía de captación de auga para o muiño.

Despois dunha curvatura do río aparece unha estreita pontiña de madeira, hai que subir un tramo curto e volver a retomar a veira para logo atravesala ata a veira esquerda.

Úns 500 m máis adiante hai que salvar unha grande peneda, bordéase subindo en círculo e volvendo a baixar, perto está o muiño do Coiteiro. Faise durante úns 50 m. o camiño estreito e irregular polas árbores que medran a expensas do río.

Ó pouco aparece a segunda pasarela estreita de madeira que facilita o paso, axudado por unha corda, ata a marxe dereita. É aproximadamente a metade desta primeira etapa.

Hai que salvar unha peneda que cae ata o río subindo e volvendo a baixar. Hai un tramo de vexetación sen arranxar ata achégarse ata unha pequena represa no río e pouco máis adiante aparecen os pilares de pedra dunha ponte ó carón dos restos do muiño do Maseda. Pása a ruta por riba do muro da canle de captación ata chegar á presa que servía para desviar as augas para o muiño.

Subense uns penedos por riba da presa e baíxase en socalcos dificultosos por unha corda anclada na parede que axuda a salvar o desnivel.

Máis adiante ábrese a ruta nun amplo prado xa exento de arboleda que anuncia a piscifactoría de troitas e anguías onde se pode facer un alto e repoñer forzas nunha bella paisaxe do Sardiñeira represado que fai honra ó seo nome: O Recreo.

Ata aquí andivéronse 4.350 m. nunhas 2 horas e cuarto.

  • DENDE A PISCIFACTORÍA ATA A CONFLUENCIA DOS RÍOS PORTIÑO E SARDIÑEIRA .

Parte dende a represa da piscifactoría na marxe dereita, superando outra presa e unha pequena dificultade orográfica. A uns 500 m. vense os restos dunha antiga ponte. Continúa paralelo o cauce ata a ponte da estrada que leva á piscifactoría. Atravésase esta á dereita retomando a marxe esquerda do río, agora camíñase nun prado inclinado que cae na vexetación ripícola.

No inverno, o caudal do río non permite cruzar a presa que imos atopar máis adiante, polo que haberá que continuar pola estrada ata a confluencia coa estrada de Currelos, subir por ela á dereita ata xusto antes da ponte, alí desvíase á esquerda por un tramo da antiga estrada.

A 1 km. do inicio achegámonos a unha presa que hai que pasar para cambiar á veira dereita, adentrámonos nun prado con chopos e ó sobrepasalo hai que subir e volver a baixar para salvar unha peneda. Ascende pon uns escaños e pasa a ruta baixo a ponte da estrada.

Neste punto hai dúas opcións : 1- Subir xusto antes da ponte ata a estrada e dende esta buscar o traxecto da vella estrada. Ou 2- xusto na ponte “escalar” un terraplen pegado á base da antiga ponte por onde ía a vella estrada. Xa na ponte vella seguimos pola veira dereita do río.

Ó pouco (uns 800 m.) alcánzase ó muiño do Barreiro, perfectamente conservado e listo para ser posto de novo en uso, enfronte vese a base da antiga ponte de pedra que achegaba ata alí os carros co grao para moer.

Vólvese a estreitar o camiño, xa sen prados, baixo unha pechada arboreda. Acompánase o canal de carga do muiño, pásase por riba dunha pequena pontiña de troncos continuando na veira dereita do río. Ascende ata dúas presas, case que xuntas, e ábrese o camiño nun prao en curva que cae suavemente ata o río.

Aquí hai dúas opcións:

1- Máis cómoda , desviarse polo camiño que ascende á esquerda ata a confluencia coa estrada, seguir por ela pasando a granxa de pavos e retomando unha pista cementada á dereita (a segunda) que vai directa ás instalacións de captación de auga para a traida de Escairón.

2- Para os máis intrépidos: deixando o prado ás costas pásase polo lado esquerdo dunha grande presa e o pouco hai que empezar a subir por úns roquedos alonxandonos do río. Vaise por unha vexetación de carrascal sen recoñecerse o sendeiro, guiándonos visualmente pola torre do tendido electrico do edificio da traida de augas que é o punto de referencia onde temos que ir. É dificultoso polo irregular do terreo e pola falla de definición do camiño.

Xa no edificio de captación, temos que bordealo pola dereita pasando outra presa e cruzando a ponte ata a veira esquerda do río.

Acompana a ruta unha rega para os praos ata achegarse a outra presa, pasada esta xa se abre á un gran pastizal no val da Veiga. Crúzase a rega dos praos, pásase por unha choupeira e atravésase unha carballeira nova de roble americano. Achégase a ruta ata a ponte da Veiga na estrada de Cazón. Ata aquí recorréronse 4.990 m. en aproximadamente 2 horas.

Dende este punto pode facerse un recorrido de ida e volta ata a confluencia dos ríos Portiño e Sardiñeira. Crúzase a ponte pola estrada e desvíase polo primeiro camiño á dereita e polo prao que bordea o río, debendo recorrelo na veira máis próxima ó mesmo.

Despois vaise pegado o canal de rega do prao ata chegar a unha presa alta. Pásase pegados a comporta da presa, bordeando despois unha pena polo seo lado dereito e abocando á outro grande prao.

Circúlase por un sendeiro estreito que vai elevado 1 m. por riba do cauce. Chégase a outra presa que se deixa á dereita. Ábrese o camiño a un ancho prao onde ten o límite o Couto de pesca, xusto na xuntanza dos dous ríos e onde se poden apreciar os pilares dunha antiga ponte de pedra. Estamos nas proximidades de Valiñocovo. Este tramo de ida e volta ata a Veiga supón 2.300 m. e 30 minutos. De continuar a ruta , achegaríase ó muiño da Armada.

GALERIA DE FOTOS DA RUTA