Rexeite veciñal á planta de asfalto de Morgade
A Asociación Veciñal do Saviñao, trasmitindo a oposición e o rexeite dos veciños afectados de Morgade (parroquia de Seteventos) pola actividade dunha planta de asfaltados próxima ás vivendas, ven de presentar no concello unha reclamación e rexeite á solicitude de licencia municipal solicitada pola empresa.
A citada planta de asfaltados (Asfaltos y Viales S.L.) ven desenvolvendo a súa actividade dende fai uns catro anos, pero foi a raiz do Plan E, fai ano e medio, cando a súa actividade cambia e inicia a elaboración “en quente” de asfalto e aglomerado, causando molestias ós veciños do lugar de Morgade.
Na data do 12 de xullo do presente ano os veciños de Morgade presentan, acompañada dunhas firmas, unha reclamación díante do Concello onde expoñen o malestar pola actividade nociva e insaludable que lles afecta. No día seguinte, o 13 de xullo, sáe publicada no B.O.P. unha solicitude de licencia municipal para dita planta, sometendose a información pública por un prazo de 20 dias habiles.
A asociación veciñal, en representación dos veciños de Morgade, presenta na data do luns 30, e en tempo e forma, a alegación e reclamación á legalización da irregular situación desta empresa, solicitando a denegación da licencia por parte da autoridade municipal e a ordenación do traslado de dita planta ás parcelas existentes de Solo urbanístico de Actividade Industrial (polígono) onde debería desenvolver a súa actividade.
Os argumentos que se adxuntan son:
1º- O rexeite dos veciños de Morgade a ter que soportar danos medioambientais, concretados en olores, ruidos provocados pola maquinaria utilizada, particulas en suspensión aerea e polvos que afectan as hortas e pastizales, así como lixiviados líquidos derivados de asfaltos e lavado de camións que discorren libremente polas cunetas.
2º- A actividade industrial non é a adecuada para ser desenvolta no solo rústico de protección forestal onde actualmente está emplazada, para iso o municipio dispón de Solo Industrial específico para ditas actividades.
Por outra parte xeneraríase un agravio comparativo con outros veciños autónomos ós que lle foi denegada licencia municipal para actividades máis discretas, como foi o caso dun taller de restauración e outro de carpintería ós que se lle denegou por ser consideradas actividades industriais en solo rústico.
Dende asociación considérase que a empresa é coñecedora da imposibilidade de seguir coa súa actividade no emplazamento actual, e de feito fai dous anos xa solicitara unhas parcelas no polígono industrial, ás que posteriormente renunciou.
Con esta reclamación os veciños estarán atentos á resolución que se tome dende o concello para iniciar, se fose necesario, as denuncias que sexan precisas para facer valer a legalidade vixente.
30 de xullo do 2012
ESTADO DAS ALEGACIÓNS
No Nadal de 2012, díante da tardanza na resolución da solicitude, acudimos ó concello para informarnos do proceso. A sorpresa foi maiúscula cando nos responden que non consta ningunha alegación no expediente, pese a mostrar a alegación co seu nº de rexistro feita no concello na data do 30 de xullo.
Á vista da manipulación do expediente dende dentro do edificio consistorial, diriximos escrito díante do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente explicando e aportando copia das alegacións presentadas en tempo e forma co nº de rexistro de entrada no concello (o orixinal “ desaparecido”).
Asemesmo consúltase con un abogado o tema. Presentase un Acto Presunto no concello e recíbese resposta do estado actual do expediente. Notifica o concello, o 27 de decembro do 2012, que o expediente está na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, estando á espera da resolución e comunicación da resolución ás partes interesadas, logo tamén á asociación na representación dos veciños afectados.
Así as gastan no noso concello. Hai que estar vixiantes.