Reposición do surtidor de auga da área da Lama

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese diante da Alcaldía do Saviñao coa finalidade de

EXPOÑER:

Que dende sempre existíu ó lado do campo de futbol da Lama en Escairón unha fonte e que, dende que se fixeron as obras de canalización polo borde do campo e a área verde que existe detrás diste, foi sustituida por un punto surtidor de auga á altura da pista de tenis.

Tendo en conta que esta é unha zona de práctica deportiva, por canto ademais do campo de futbol hai outro campo de futbol Indoor, unha cancha de tenis e un parque con aparatos de exercicio biosaludables, é necesaria e imprescindible a existencia de un surtidor de auga coa que poidan refrescarse quenes acoden a facer exercicio.

Recentemente comprobamos como o surtidor que alí existía foi inutilizado, privando ós veciños deste servizo necesario e apropiado como complemento de calesquera práctica deportiva, nun espazo masivamente utilizado por xente de todas as idades.

SOLICÍTASE:

A pronta reposición deste servizo publico tan demandado e a posta en funcionamento do surtidor de auga.

En Escairón a 13 de agosto do 2012.

A día de hoxe o surtidor continúa selado, sin estar operativo. Non hai outro punto de auga en toda a área deportiva.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail