RECLÁMASE DO CONCELLO SINALIZACIÓN DE SEGURIDADE NA ZONA DE BAÑO DA PRAIA DA COVA.
A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao coa intención de repoñer as balizas de seguridade da praia da Cova.
A praia da Cova xa é unha icona a nivel nacional. Nesta época estival é frecuentada por unha inxente cantidade de visitantes. Para garantir a seguridade na zona de baño, a Asociación Veciñal do Saviñao SOLICITA do Concello a reposición das dúas balizas verticais, desaparecidas recentemente, que avisan do límite da zona de baño onde se fai pé e do profundo desnivel que empeza alí.
Coa intención de reforzar a seguridade e de evitar desgrazas, esperamos a colocación con carácter urxente desta sinalización.
Atentamente, a Presidenta da asociación.
Escairón, a 26 de xullo de 2024




