RECLÁMASE SOLUCIÓN DEFINITIVA Ó FEÍSMO CRÓNICO DO HOTEL INACABADO DE BELESAR.
O 29 de setembro rexistramos no Concello a solicitude.
A Asociación veciñal do Saviñao, diríxese á Alcaldía do Saviñao para solicitar información acerca do proxecto do hotel-museo de Belesar e do futuro desa edificación.
O burgo de Belesar é un punto de interese clave na Ribeira Sacra pola importante cantidade de xente que o visita e fai a ruta bordeando o Miño ata a praia da Cova e por outros moitos motivos: por alí transcorre o camiño de inverno a Santiago, alí está o embarcadoiro dos catamaráns do Miño, á parte da beleza e a singularidade da aldea.
Neste fermoso e concorrido lugar está ubicado un dos puntos de FEISMO máis escandaloso e máis antiguo da Ribeira Sacra. Trátase da estructura inacabada do proxecto de hotel que o empresario Fortes iniciara hai máis de 15 anos e que aínda hoxe permanece paralizado.
Dende a asociación ínstase a rematar con esta evidente inacción institucional e a iniciar unha rápida actuación que dea solución a este despropósito urbanístico.
Por todo o cal SOLICÍTASE:
- Información sobre a situación actual na que se atopa o edificio no que se refire á normativa urbanística.
- A toma dunha decisión que remate con este feísmo situado nun lugar estratéxico, e que prexudica notoriamente a paisaxe e a imaxe da Ribeira Sacra.
Na procura dunha rápida solución a esta anomalía urbanística que se enquistou na nosa paisaxe e polo ben común do territorio Ribeira Sacra, despídese de vostede a Presidenta da Asociación.
No mesmo día entrevistamonos co arquitecto municipal quen informa de que o pleito ven dende o 2004. Trala denuncia da APLU e a solicitude de derrubo total, un recurso díante do TSXG faia a favor do empresario. Dende entón reciben os informes sectoriais favorables pero deben esperar a recalificación do terreo. No mes de decembro do 2021 apróbase dita recalificación polo que a intención é a de rematar a obra, para o que deben presentar novo proxecto e recibir os informes sectoriais favorables, o que vai retrasar úns anos o remate do edificio.