Protesta pola suba tasas basura e gardería
A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía e equipo de goberno municipal para trasmitír o malestar xenerado na poboación obxetivado polas masivas queixas que se están a recibir na asociación.
Ditas queixas céntranse no incremento das tasas da recollida de basura, de un 122 % (pasaron de 9 a 20 €), inxustificables por canto non houbo cambio nin mellora algunha no servizo.
Do mesmo xeito, o incremento do prezo da gardería (de 110 a 220 €) para inicios do ano, sin distinción das rendas familiares, está provocando alarma e preocupación.
Dende a asociación denunciamos que estes incrementos de todas as tasas municipais son abusivos e desproporcionados. Este afán recaudatorio é impopular por canto ten un agravio comparativo co manteñemento das insostibles CATRO dedicacións exclusivas, cando Monforte con 19.000 veciños ten DÚAS ou Chantada con 9.000 ten tan só UNHA.
Non consideramos lícito que se esté a cargar sobre os veciños esta desproporcionada situación, cando o cidadán está pagando todos e cada ún dos servizos públicos (residencia de maiores privada nun edificio público, incremento da tasa da axuda domiciliaria, gardería privatizada,…).
Aínda recoñecendo que estas decisións están amparadas nunha maioría absoluta, estase facendo unha xestión de costas ó veciño, impositiva e recaudatoria que probablemente esté traicionando esa confianza depositada, e non se pode esperar ata a próxima valoración popular sen esixir un cambio de actitude. O ben común está por riba de calesquera interese particular ou político.
Díante do malestar xenerado, a asociación veciñal solicita ó concello rectificación, no sentido da ponderación e proporcionalidade nas tasas municipais, así como un maior compromiso cos intereses dos administrados e a preservación dos servizos públicos imprescindibles.
En Escairón a 17 de decembro do 2012.