¿ PARA CANDO A PROMETIDA RESIDENCIA PARA MAIORES EN ESCAIRÓN ?
Na data do 2 de xuño rexistramos envio de pregunta á Deputación Provoncial acerca de si existe intención de construir una residencia para maiores en Escairón. Pasados xa 7 anos dende a firma do convenio entre Deputación e Concello para a construcción dunha residencia, puiblicitada como una realidade inmediata e executada a compra do solar no fondo da Devesa pola Deputación, vemos como as dúas partes incumpliron o firmado no convenio. Nin a Deputación presentou o proxecto de obra , nin solicitou o permiso, nin o Concello aportou a primeira entrega dos 200.000 € acordados.
Úns polos outros e o noso municipio carece deste servizo esencial, e os veciños do Saviñao temos que andar buscando un lugar de reposo ou un centro de día para os nosos maiores nos municipios aledaños, cousa non doada de conseguir.
Recordamos que Dona Maruja Somoza deixara no seu testamento a doación do edificio da praza Maior de Escairón para a construcción dunha residencia para os maiores de todo o Saviñao. O que non se esperaba , nin ela nin os veciños, é que esa residencia ía ser entregada polo Alcalde a una empresa privada, en forma de “ apartamentos tutelados “, sin posibilidade de concerto e a un custo de 1.500 € por praza, co que exclúe á pràctica totalidade da poboación maior do noso territorio, cunhas pensións agrarias moi alonxadas desa cifra.
Agora comprobamos como a Deputación volve retomar o tema e está publicitando a construcción de novas residencias por toda a provincia, polo que preguntamos si existe intención de construir a de Escairón xa proxectada, e de si o convenio firmado por Ramon Gomez Besteiro ( daquela Presidente da Deputación ) e Joaquín Gonzalez ( alcalde ) está aínda vixente. Tamén solicitamos que se aproveite este edificio para ubicar un centro de día.
Os nosos maiores merecen una atención digna e de proximidade, e as institucións públicas deben responder a esta necesidade básica sin prexuizos nin intereses partidarios.
pregunta ao Presidente da Deputación.
O 19 de xuño coñecemos que esta necesidade foi levada ó Parlamento Galego polo grupo En Marea. Presentan unha pregunta e unha Proposta Non de Lei ( PNL ) na que se pregunta si hai intención de facer unha residencia para maiores en Escairón, dada a súa necesidade e xustificación, e de si o actual centro de saúde pode ser utilizado como centro de día cando se traslade a función sanitaria ó novo a construir na Lama.
PNL no Parlamento por unha necesidade basica