Os frecuentes cortes de luz supoñen custos ós negocios e veciños ¿ que fai a Alcaldía ?

        Dado que xa pasaron dous meses dende que lle enviáramos ó Alcalde solicitude de intervención diante da empresa Gas Natural Fenosa, para que esixira correccións cara a evitar esta lacra enerxética, vemos como seguen a repetirse os cortes de luz sen solución, ocasionando custos e quebradeiros ós veciños, negocios e empresas do municipio. Por elo enviamos nota de prensa denunciando a pasividade da Corporación municipal.

        A asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 14 no rexistro municipal de asociacións, a través do seu presidente Francisco Nieves Rajo, con DNI 37.293.664 S, diríxese á Alcaldía do Concello do Saviñao coa finalidade de trasmitirlle unha queixa veciñal.

EXPOÑENDO :

Vimos de recibir queixas de veciños do Saviñao respecto dos frecuentes cortes de luz que se producen dende hai moito tempo e están a ocasionar serios e repetidos custos e desperfectos nos aparatos eléctricos das vivendas, negocios e instalacións gandeiras do municipio.

Xa no ano 2015 a Asociación de Comerciantes do Saviñao dirixira queixa ante a Consellería de Industria. Daquela a empresa eléctrica respondera que se debían á interposición de polas das árbores sobre o tendido eléctrico. Aínda  que as compañías de seguros cubren os custos das averías, a larga o ciudadano acaba pagando as consecuencias, pois en moitos casos ven incrementada a cuantía da póliza ou incluso ven cancelada a mesma.

Dende aquelas os cortes de luz seguen producíndose, curtos pero reiterativos, polo que se demanda unha seria e consistente esixencia á compañía eléctrica Gas Natural Fenosa para que ofreza un servizo normalizado e de calidade, pois a tarefa que se paga é cara e as carencias moitas, pese a xenerarse a enerxía nos dous encoros que asolagaron as ribeiras do noso municipio.

SOLICÍTASE :

Da Alcaldía, como órgano representativo de todos os veciños, exerza esa representación e se dirixa díante da companía eléctrica esixindo unha rápida e definitiva solución a este problema que xa se convertíu en crónico, e realize as inversións que sexan necesarias para a corrección das deficiencias no servizo.

Na espera de que a Alcaldía defenda os intereses de todos os veciños e teñamos un servizo de luz normalizado e que non ocasione contratempos nas economías familiares , despédese atentamete de Vde. O Presidente da asociación.

En Escairón a 6 de outubro de 2017.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail