OS APARATOS DE EXERCICIO FÍSICO TAMEN SON MOBILIARIO PÚBLICO, HAI QUE MANTELOS.

A Asociación Veciñal a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao co motivo de solicitar traballos de mantemento ou reposición dos aparatos biosaludabeis ubicados nas distintas parroquias do municipio.
A principios da década do 2000 dotouse a todos os concellos da comunidade galega de aparatos de exercicio físico denominados biosaludabeis que daban acceso ós veciños do rural a posibilidade de facer exercicio de mantemento e incluso de rehabilitación física nas proximidades das súas vivendas. O Concello do Saviñao non foi unha excepción e case que todas as parroquias teñen instalados estes aparatos con aceptable uso por parte da poboación.
A día de hoxe recibimos queixas polo estado de abandono e inutilización destes aparatos, estando uns totalmente deteriorados, outros con sinais de agarrotamento e case que todos coa carencia da información acerca do uso e correcta utilidade dos mesmos.
Dende a asociación trasmitimos esta demanda veciñal e solicitamos do Concello as necesarias labouras de conservación desta dotación pública, xa que en todo este tempo non se realizou revisión algunha.
Concretamos a petición na reposición daqueles que están totalmente averiados, así como unha revisión de mantemento e engrase de todos e cada un e a reposición dos paneis explicativos da súa funcionalidade e correcto uso.
Na procura dunha rápida actuación no mantemento e conservación deste necesario e utilizado mobiliario público e coa intención de cumplir esta demanda veciñal, despèdese atentamente de Vde. a Presidenta da asociación veciñal. Escairón a 15 de setembro de 2023.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail