OPOSICIÓN VECIÑAL Á CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE NA ZONA VERDE DA LAMA
Despois do acordo tomado pola Corporación Municipal no Pleno do 21 de abril , polo que se acorda modificar a catalogación dos terreos que hai detras do campo de futbol e pista de tenis da Lama en Escairón , de Dotacional Deportivo a Dotacional Sanitario , a asociación recolle e trasmite o desacordo veciñal a esta agresión . Ademais consideramos que a principal carencia sanitaria do noso municipio non é un novo edificio , senón a dotación suficiente en persoal sanitario .
Recordamos que este foi o primeiro concello da comarca onde se aplicaron os recortes sanitarios , e no 2011 suprimíronse unha praza médica e outra de enfermería . Daquela a protesta veciñal fora masiva e enviáranse case 600 reclamacións persoais ó SERGAS , pero a dotación en persoal quedou mermada , ó mesmo nivel que Pantón con 1000 habitantes menos , ou que Sober con 1.500 veciños menos .
Así na data do 19 de maio enviamos á Consellería de Sanidade e ó Concello o rexeite veciñal á construcción dun novo edificio sanitario , razonado e xustificado .
A Asociación Veciñal do Saviñao , con NIF G 27401157 e inscrita co nº 13651 no rexistro de asociacións da provincia de Lugo , a través do seu presidente Francisco Nieves Rajo con DNI 37.293.664 S , diríxese á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia facéndose eco do sentir dos nosos veciños .
MANIFESTA :
Esta asociación ten coñecemento de que o noso Concello adoptou , o pasado 21 de abril , acordo plenario para o inicio dos trámites legais encamiñados a cesión do terreo público para a construcción dun novo Centro de Saúde en Escairón . Ditos terreos figuran catalogados como Dotacional Deportivo na zona urbana , segundo as Normas Subsidiarias e de Planeamento que rixen no noso municipio dende 1984 .
Díante da gravidade destes feitos desexamos trasmitir a oposición razonada ó referido acordo municipal, en base ós seguintes criterios :
I . A instalación dun edificio sanitario nun terreo destinado a usos deportivos é considerado polos veciños un expolio e un atentado urbanístico . Haberá que reducir sustancialmente o parque biosaludable e a súa área recreativa , poboada dun bello platanar .
O conxunto formado pola carballeira centenaria da Devesa , o amplio complexo deportivo da Lama e a tonalidade verde dos seus horizontes , é a admiración dos nosos visitantes . A edificación proxectada romperá irremediablemente a perspectiva dun dos parques naturais urbanos máis valorados da nosa provincia .
II . O terreo cedido para o novo Centro Médico atópase casi no fondo dunha conca na que afloran as augas pluviais e subterráneas do seu entorno , convertíndose nos meses de inverno nunha verdadeira lagoa . Cremos que é unha severa contradición arquitectónica xa que nesas condicións vai ser moi dificil aillar o edificio da humidade natural do lugar .
III . A traída de augas que se utiliza como supletoria para o abstecemento do pobo , quedará parcialmente baixo os cimentos do novo Centro Medico . Hai riscos de que o pozo do embalse de dita traída poida afectarse gravemente pola posibilidade de filtracións e vertidos accidentais de productos nocivos e toxicos propios da enfermería , ou por derrame de gasoleo da calefacción , ou por rotura das tuberías do alcantarillado . A inutilización desa fonte de augas para o consumo doméstico sería inevitable e conduciría á clausura do abastecemento pola autoridade sanitaria .
IV . A veciñanza considera que as carencias sanitárias do municipio non deben corrixirse coa construcción dun novo edificio sanitario , senón que bastaría coa instalación dun elevador , o adecentamento das actuais dependencias , e fundamentalmente coa dotación suficiente de persoal sanitário .
V . Para a asociación non é xustificable , nas circunstancias actuais , a inversión dun millón e medio de euros programados , máis os previsibles custos sobrevidos dos riscos antes comentados . Son razóns máis que convincentes cando as perspectivas demográficas do noso municipio , e en xeral da Galicia rural , condúcennos a unha inmediata despoboación .
Por todo o exposto
SOLICÍTASE :
Que previo estudo das condicións do lugar elexido se acorde :
1º . A denegación da instalación do novo Centro de Saúde no emprazamento previsto pola Corporación Municipal .
2º . Optar polas reformas do Centro de Saúde actual , de modo que se corrixa a carencia máis grave e xa reclamada pola asociación : a instalación dun ascensor que dé acceso á primeira pranta . Asemesmo poderían redistribuírse os espazos e adecentar as dependencias comúns . O actual edificio é amplo dabondo para asumir a asistencia sanitaria .
3º . Asemesmo debería garantirse a estabilidade da asistencia pediátrica os dous días semanais , e a substitución completa das ausencias de todo o persoal sanitario .
Coa esperanza de que se reconsidere o acordo tomado pola nosa corporación municipal , decidido con demasiadas presas e sin valorar todas as condicións coxunturais , firma a presente o presidente da asociación .
En Escairón , 18 de maio do 2016 .
A/A de Don Jesús Vazquez Almuíña , Conselleiro de Sanidade .
A diario recibimos opinións de moitos veciños que non aceptan esta obra , por elo decidimos abrir unha recollida de firmas en todos os locais comerciais de Escairón para valorar o sentir da poboación . Na data do 21 de xuño diriximos solicitude á Confederación Hidrográfica Miño – Sil de acreditación da zona como referencia do nacemento do rego de Pesqueiras , así como de dereitos de particulares ou administracións nesa zona concreta .
Parece haber moita presa por colocar o cartel da » próxima construcción » , estamos ás portas das eleccións autonómicas . Nembargantes a Consellería afirma que non haberá proxecto ata dentro de tres meses , e que a obra terá que ir nos presupostos do 2017 . ¿ presas para qué ? .
Na data do 8 de xullo envíase ó Presidente da Xunta , Nuñez Feijoo , solicitude razonada de reconsideración da decisión tomada entre a Consellería e o Concello . A resposta da secretaría do Presidente foi que esta solicitude será remitida ás consellerías responsables . Na data do 6 de setembro rexistramos no Concello e na Consellería de Sanidade nova solicitude argumentada de reconsideración desta obra , acompanada polas firmas recollidas , un total de 578 , suficientemente representativas do sentir veciñal .
plano da area que ocupara o novo centro de saude
O 8 de agosto misturouse a reivindicación coa festa
Resposta de Recursos Económicos da Xunta