O concello rexeita a teleasistencia

A Asociación veciñal diríxese ós medios de comunicación comarcais a propósito da non inclusión do Saviñao no Plan de Teleasistencia.

Si nos inicios do ano 2013 denunciábamos a constante perda de servizos que vimos sufrindo no Saviñao no último ano e medio, agora volvemos a comprobar como o noso alcalde non parece disposto a aportar un só euro para beneficio das persoas maiores do municipio, ó negar a acollida ó Plan de Teleasistencia presentado pola Diputación.

Dito plan aportaría unha axuda e protección ó comunicar ás persoas maiores que viven soas e que non reciben servizos de dependencia, contribuíndo a que vivan no seu lugar, fixando poboación e evitando a migración a outros concellos na busca dunha residencia. Para elo o concello debería aportar a metade da inversión. Dos 67 concellos da provincia, tan só CATRO decidiron prescindir de este servizo, convertíndonos nunha negativa e insolidaria excepción.

Dende a asociación denunciamos o abandono que estan a sufrir as persoas máis lonxevas do noso contorno. Considerar que o Saviñao é un territorio amplo (200 km. cuadrados) e con núcleos de poboación moi dispersos polas 29 parroquias. A elo engadir o envellecemento da poboación, o que o convirte aínda en máis aillado e dependente.

Respecto das carencias nos servizos ós maiores , xa no ano pasado se incrementaron os prezos da axuda a domicilio. A elo engadir a carencia dunha residencia para maiores accesible, pois a que hai foi privatizada e non hai intención de colaboración coa Diputación que comprou os terreos para construir unha pública. Tampouco existe Centro de Día, xa que acódese a Pantón. Tamén foron desmantelados os servicios de Protección Civíl e dos GRUMIR para non causar gastos. Todo elo deixa totalmente desprotexida e desamparada a poboación máis fraxil e limitada, e a que máis o precisa: os nosos maiores.

Unha vez máis a carencia de servizos públicos indispensables contrasta coa frívola concesión dos catro salarios na corporación, que vemos como lastran calquera inversión ou cobertura nas necesidades máis básicas dos veciños. Por elo dende a asociación solicitamos se retome e rectifique a decisión de non acollerse a este servizo de interese para a poboación, e pedímoslle unha vez máis a volta a cordura e que se supriman tres das catro dedicacións exclusivas de concellais, unha é suficiente para o noso municipio e posibilitaría dispoñer dun remanente no presuposto para facer fronte a situacións como a actual, que suporía unha medida de confianza e seguridade para os veciños máis aillados.

Escairón a 25 de xaneiro do 2013.

Catro días máis tarde publica a prensa que tan só Samos se negou a cofinanciar Dito plan. Diriximos pregunta díante da Deputación acerca do acollemento do noso concello ó Plan. Responden afirmativamente.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail