Na defensa dos servicios sanitarios do noso municipio
No mes de maio do 2011 o noso municipio ten a desgraza de ser pioneiro nos hachazos das medidas de recorte nos servizos sanitarios por parte do goberno do PP na comunidade autónoma. Así, xusto dous días antes das eleccións municipais, suprímese un médico no centro se saúde de Escairón, levado moi habilidosamente por parte de Raquel Arias ó seu concello de Sober cando aquel era o municipio, coa lóxica poboacional, candidato a perder un profesional. 4.450 veciños fronte os escasos 3.000 de Sober así o facían previsible.
A asociación púxose rapidamente na tarefa de tentar cambiar este negativo destino. Dirixímonos ó Comité de Centros de Atención Primaria de Lugo, a Recursos Humanos da Consellería, á mesma Conselleira Pilar Farjas e ata en dúas ocasións ó Valedor do Pobo. Todo esforzo foi inútil. Convocouse ós veciños a manifestarse ante o concello con ocasión dun Pleno onde se tratou “á lixeira” o tema, acodiron unhas 300 persoas. Colocáronse pancartas en Escairón e nos pasos elevados do corredor. Falouse nunha ronda de prensa en Monforte, e ata nos manifestamos ante a propia conselleira con ocasión dunha visita ó Hospital de Monforte. Anímase ós veciños a presentar follas de reclamación a título individual, e a fé que responderon, pois foron enviadas máis de 600 reclamacións á Xerencia de Lugo do SERGAS.
Pero non contentos coa afrenta, dous meses despois salta o rumor da posible supresión do consulorio de Currelos que, grazas o cambio de moitos veciños para ó médico de Currelos, consigue manterse.
A conselleira non foi quen de responder ós argumentos que defendían a xusta demanda, que expoñemos agora.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións diríxese á Illma. Sra. Conselleira de Sanidade Dña. Pilar Farjas Abadía co ánimo de
EXPOÑER:
Que no noso concello e a data 21 de maio foi suprimida unha praza de médico e que pese ás instancias dirixidas díante dos diversos estamentos da administración sanitaria solicitando a reconsideración da decisión, non se obtuvo resposta algunha. Dende os veciños consideramos esta unha decisión inxusta e discriminatoria respecto do resto de municipios que nos rodea, e supoñendo un recorte sanitario que merma a cobertura e protección desta zona.
E que por máis circula o rumor da intención da supresión do consultorio periférico de Currelos (no norte do municipio) e o traslado do persoal (médico, enfermeira e administrativo) ó centro de saúde de Escairón.
SOLICITAMOS:
Señan tidos en conta os argumentos que a continuación lle expoñemos e se proceda á reposición desta praza suprimida pero aínda orzamentada e se conserve a actual distribución sanitaria municipal.
Os argumentos que aporta esta asociación veciñal son:
1- A perda de servizos sanitarios acumulada neste concello nos últimos 15 anos:
– Desaparición da presenza sanitaria e atención continuada no concello coa concentración das gardas no PAC de Monforte.
– A supresión de DOUS cupos médicos nos 14 últimos anos.
2- As específicas condicións socio-xeográficas do Saviñao:
– A Extensión do concello: 204 km. cuadrados.
– A Dispersión da Poboación. Son 29 parroquias con ducias de núcleos en cada unha.
– O Envellecemento da poboación.
– A presenza dunha numerosa poboación “flotante” ou desprazados que botan na situación de 2ª vivenda a maigrande parte do ano.
Esto condiciona unha alta demanda de asistencia, con moitos desprazamentos “a domicilio” que retrasan a espera no centro de saúde, polo que non sobra ningún profesional.
3- A Comparativa cós concellos veciños. – Apelamos ó argumento da discriminación negativa que se está a facer con este concello respecto dós concellos veciños e limítrofes de similares características socio-xeográficas. Si a reestructuración de cupos en función da poboación é o argumento do SERGAS, ¿como non se aplicou a mesma medida nos limítrofes concellos de Paradela, Taboada, Bóveda, Pantón ou Sober?. Aportamos datos comparativos para evidenciar a inxusticia que ó noso entender se está a cometer co Saviñao: O Saviñao quedará agora con catro cupos médicos (ratio de 1121 habitantes/médico), os mesmos médicos que teñen o concello de Pantón (con 146 kilómetros cadrados e 633 habitantes/médico), o concello de Taboada (146 km.cadrados e ratio de 775 habitantes/médico), e o concello de Sober (con 134 km. cadrados e 562 habitantes/médico). Incluso antes da supresión o ratio no Saviñao era de 841 habitantes/médico, máis elevado que os concellos veciños. A comparación é moi significativa e, de aplicar a devandita “reestructuración dos cupos”, habería que comenzar noutros concellos de moita menor poboación e tamaño.
4- A forma de executar á supresión da praza, a traveso dun concurso de traslados, que se entende como intercambio de destinos entre propietarios das prazas, pero nunca abolición dunha das prazas. Confirmar que dita praza non foi AMORTIZADA (sería a situación resultante dunha suposta reestructuración), senón que está en situación de CUPO CERO, o que quere dicir que segue con orzamento e dependente da Xerencia de Atención Primaria de Lugo
5- A fixación da poboación e a pervivencia do medio rural galego, que tanto sona nas intencións políticas da Xunta, só se consigue co mantemento dos servizos próximos ó cidadán, e esta medida supón unha tendencia á migración das poboacións rurais cara á cabeceira da comarca na busca deses servizos que se perderon no concello de orixe.
6- Non existe ningún “ratio” de habitantes por médico legalizado ou estipulado baixo acordo ou reglamento. A este respecto sabemos que o único que existe é unha “recomendación”, que non tasa, de 1250 pacientes / médico, pero que estas cifras son propias da asistencia sanitaria urbana, na que nuns poucos kilómetros cadrados convive unha gran concentración de poboación; pero O Saviñao ten 205 kilómetros cadrados de extensión, 29 parroquias con ducias de lugares habitados en cada unha delas, polo que a dispersión, xunto co envellecemento deben ser considerados á hora de comparar ratios urbanos e rurais, máxime coas carácterísticas deste concello.
7- O descontento percibido do usuario e da poboación do Saviñao, concretado nas máis de 600 Follas de Reclamación presentadas a modo individual ás instancias do SERGAS, ou das movilizacións veciñais habidas e futuras.
8- O malestar evidente dos profesionais sanitarios do Centro de Saúde de Escairón que ven mermadas as condicións de traballo debido a saturación que supuxo ter que repartir o cupo do médico suprimido e a sobrecarga consecuente. Ata unha das profesionais chegou a solicitar unha excedencia SEN SOLDO díante destas condicións.
Respecto á intención de suprimir o consultorio de Currelos, consideramos que de facerse realidade esta ameaza agravaria aínda máis a asistencia sanitaria no concello, por canto:
1. Non compensaria en absoluto a supresión do médico en Escairón, xa que o número de médicos para todo o concello sería o mesmo, insuficiente e sobrecargados, e co gravame de ter desprazamentos domiciliariaos aínda máis lonxanos , o que retrasaría a atención cotiá nó centro de saúde.
2. Marxinaría á zona norte do concello, a máis lonxana da capitalidade, obrigando a grandes desprazamentos, e condicionando a asistencia domiciliaria.
3. Provocaría un desequilibrio sanitario na área sanitaria, por canto esa zona queda moito máis próxima de Monforte que de Escairón, o que conlevaría unha tendenza a acodir directamente ó hospital de Monforte, co conseguinte gasto en trasporte sanitario e coa sobrecarga inxustificada do servizo de urxencias do hospital.
4. Non supón moito aforro xa que o mantemento das instalacións corre a cargo do concello e supón un derroche e despilfarro de medios a anulación dun centro de recente creación.
Considérase dende a asociación que o consultorio de Currelos cumpre un servicio sanitario imprescindible ó correxir o desequilibrio xeográfico no Saviñao, motivo polo que foi creado, xa que Escairón situase no extremo sur do territorio, e dende as parroquias máis o norte do municipio tárdase máis de 40 minutos en acceder á capitalidade.
A construcción dun novo centro de saúde non pode servir de disculpa e advirten os veciños que o que se precisa son profesionais sanitarios e que os edificios non curan, so xeneran máis custos e quizais algúns beneficios a constructoras amigas, polo que solicitan que os investimentos para un novo edificio se concentren en sanitarios e, como moito, nunha remodelación do actual centro de saúde de Escairón.
Na espera de que estes argumentos sirvan para correxir unha situación de agravio e se volva ó estado sanitario anterior, depílese de Vde. o Presidente da asociación vecinal, en Escairón a 21 de outubro do 2011.
O único que se saca en limpo nesta deseperada loita é a conservación e mantemento do Centro de Saúde de Currelos.