Na defensa do deireto á xustiza

Como ven sendo habitual, o veciño e cidadán ten que saír na defensa propia e dos seus, pois todos e cada un dos dereitos constitucionais estan sendo atacados, desmoronando unha sociedade que pretendía ser mais igualitaria e xusta. Nesta ocasión trátase de defender o dereito do acceso á xustiza.

Si na primavera do 2014 acodimos a unha reunión comarcal en Monforte, de todas as forzas sociais (partidos, sindicatos, alcaldes, xuristas, asociacións …), na que se trataba a lei Gallardón e a concentración da xustiza coa desaparición dos partidos xudiciais, e se gravaba con elevadas tasas o acceso á xustiza, co que se xenera unha grave discriminación entre quen ten recursos económicos para acceder a ela e quen non os ten.

Neste abril do 2015 anuncian que a partir do 15 de xullo desaparecerán os rexistros civís dos xuzgados de paz municipais, pasando a ser concentrados e postos na mán de rexistradores mercantís e da propiedade. Elo obrigará a facer desprazamentos para calquera inscrición : nacementos, defuncións, libro de familía, bodas, etc…. Para financiar esta maniobra haberá que pagar tasas. Todo un despropósito que alonxa aínda máis á xustiza do ciadadán e privatiza un servizo esencial.

Elo motiva unha difusión desta nova ameaza en todo o territorio municipal. Procedeuse a informar con carteis nas parroquias na espera dunha grande mobilización na comarca. Polo de pronto solicítase do Concello o seu pronunciamento oficial contra unha medida ilóxica e que vai contra todo o medio rural.

 A inicios do verán o Goberno retira o decreto, conflictivo e antipopular no ano de eleccións. Esperamos sexa definitiva esta decisión.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail