GRETAS NA IGREXA ROMÁNICA DE SANTO ESTEVO. SOLICITAMOS VIXIANZA E SEGUIMENTO DAS MESMAS.

Dacordo cun dos obxetivos da asociación , como é a protección do patrimonio do municipio, e a iniciativa da nosa asociada Silvia Ayestarán, interesada e profesional en temas patrimoniais , na data do luns 17 de outubro do 2016 diriximos díante da Consellería de Cultura a solicitude para que se faga unha vixianza e seguemento das gretas detectadas en distintos puntos do templo. Concretamente na escaleira de acceso interior  ao rosetón , na parte interna da ábsida, e nas arquivoltas da fachada principal .

Trátase de reclamar da institución civil responsable que se coordine un seguemento da evolución destas gretas que permita rápidas actuacións no caso de detectar un empeoramento das mesmas . Santo Estevo é ún dos edificios románicos máis emblemáticos da Ribeira da Sacra .

Anteriormente xa nos dirixíramos díante de Patrimonio cando acontecera o derrubo da fachada do Pazo Bispal de Diomondi, ou cando alertamos da crecente inclinación dun ortostato do dolmen de Abuíme.

Escrito orixinal :

Don Francisco Nieves Rajo , con DNI nº 37.293.664 S , en representación da Asociación Veciñal do Saviñao , con CIF G27401157 e domicilio a efecto de notificacións na rúa Pardo Bazán nº 1 baixo 27540 Escairón ( O Saviñao , Lugo ) , ante a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia

EXPOÑO :

Que no mes de agosto tivemos coñecemento dunha posible afectación da estrutura  do edificio da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño , Ben de Interese Cultural ( BIC ) e xoia representativa do románico da Ribeira Sacra no municipio do Saviñao.

En concreto observáronse gretas de tamaño considerable en tres puntos da parede da escaleira de caracol que dá acceso ao rosetón da fachada principal. Ditas gretas non se atopan seladas nin se aprecia ningún sinal de xeso nelas indicativo dun seguemento das mesmas para determinar se permanecen activas .

Así mesmo aprécianse gretas na zona interna da ábsida e ventá lateral, como tamén nas arquivoltas da fachada principal .

Por tanto , e dado que a protección de dito edificio ( BIC ) compete á Xunta de Galicia e as actuacións na defensa do patrimonio cultural competen á sociedade civil, conforme ós art. 2, 3 e 5 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural Galego respectivamente, SOLICITAMOS UNHA URXENTE AVALIACIÓN TÉCNICA DAS GRETAS DETECTADAS.

En consecuencia co manifestado ,

SOLICITAMOS DA CONSELLERÍA DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA, considere por presentado este escrito e ó seu teor formulada SOLICITUDE en relación aos feitos expostos no presente escrito, adoptándose as medidas que ao repecto correspondan. Rogando que se nos comuniquen os acordos e resolucións que se tomen ao respecto. Por ser xustiza que pedimos en Escairón  a 17 de outubro do 2016 .

Fdo. Don Francisco Nieves Rajo .

A/A da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais .

 Novas do 28 de outubro do 2018 : No ano 2016 notificamos a Patrimonio a existencia de gretas en distintos puntos da egrexa de Stº Estevo, concretamente na escaleira de acceso ó rosetón, na cara interior da ábsida, e na arquivolta da fachada, solicitando a vixianza e seguemento da evolución das mesmas. Recentemente coñecemos que non se abríu expediente algún ó respecto, polo que nos diriximos de novo ante a Subdirección Xeral de Patrimonio da Xunta. Nesta semana rexistramos na consellería esta nova solicitude. Adxuntamos o escrito

gretas Santo Estevo

Na data do 4 de outubro coñecemos a traves do diario El Progreso que Patrimonio enviará técnicos para facer unha evaluación do edificio.

resposta-de-Patrimonio-copi

O 1 de novembro La Voz de Galicia publica que acuden técnicos da Direción Xeral de Patrimonio e o responsable de patrimonio do bispado de Lugo a valorar as gretas e cuberta do edificio.

Acode Patrimonio a valorar

A finais de outubro do 2020 anúncianse o inicio das obras de conservación do interior e da cuberta do templo.

No 2022 remátase a obra de restauración e conservación do templo.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail