DENUNCIA DO USO DUNHA PARCELA MUNICIPAL COMO VERTEDEIRO E ESCOMBREIRA NO NÚCLEO URBANO DE ESCAIRÓN.
A Asociación veciñal denuncia díante da opinión pública e nos medios de comunicación a nefasta xestión dos residuos no concello coa ocupación continuada e reiterativa dun soar de titularidade municipal como vertedeiro ilegal e escombreira ubicado no casco urbano de Escairón.
Dende hai máis dun ano vemos como esta área pública, localizada na Lama de Escairón e próxima ás vivendas e centro de saúde, ven sendo utilizada polo Concello como vertedeiro incontrolado e que día a día medra e se expande. Este soar, antaño adicado á adestración de cans de caza, está hoxe repleto de escombros de obra, electrodomésticos e enseres domésticos que xa ocupan a totalidade da parcela, úns dous mil metros cuadrados.
Dende varias empresas da construcción demándase un lugar onde depositar os escombros e restos de obra dado o incremento da actividade de restauración de vivendas no municipio.
A presenza deste vertedeiro incontrolado e sen peche perimetral ven a reforzar a necesidade, trasmitida en moitas ocasións ao Alcalde, da creación dun Punto Limpo oficial no antigo mercado gandeiro, que conta con portal de entrada e peche. A resposta do Alcalde sempre foi a mesma: que precisaría dunha persoa adicada a xestionalo, como si o inconvinte fora insalvable para a administración municipal.
Nos tempos actuáis non é de recibo nin cumpre a legalidade medio ambiental nin urbanística o depósito de residuos nun soar no casco urbano de Escairón.
Hoxe non queda outra alternativa máis que a denuncia pública dunha nefasta xestión dos residuos e restos domésticos. Na procura de que dunha vez por todas, por parte da Corporación local, se lle dé solución a esta demanda e se corrixan as irregularidades e as ilegalidades na xestión do lixo.
Escairón a 9 de xaneiro do 2026.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |









