CONTAMINACIÓN REPETIDA E PERMANENTE DO RÍO PESQUEIRAS . Informe enviado a ADEGA .

        O río Pesqueiras é un afluente do Miño que nace nas proximidades de Escairón , capitalidade do Saviñao , na zona da Lama e na zona do Parque Empresarial . Despois dúns dous quilómetros pasa pegado á central láctea de Celega , para continuar uns 5 quilómetros despois ata o lugar de Pesqueiras , e dende alí iniciar o pronunciado descenso ata a desembocadura no Miño , xusto na base da presa de Belesar .

        Este río foi couto de pesca ata hai uns 20 anos , no que a contaminación exerzeu de verdugo da vida piscícola , e nas súas marxes operaban ata sete muíños .

       Neste febreiro pasado , recibíronse na asociación multitude de queixas polo alarmante estado das augas que baixaban espumosas , e malolentes pese a gran cantidade de choiva caída . De feito as dúas fotos seguintes foron feitas por un veciño que vive nas proximidades do río , no lugar da Veiga , e úns 4 quilómetros e medio despois do paso do cauce pola central láctea de Celega .

1   

2

        Tamén se comprobou o fedorento olor das augas o paso do río baixo a estrada e corredor rápido , á altura do desvio ó lugar de Vilamor e da confluencia do rego Saviñao , úns dous quilómetros e medio máis abaixo da central .

        Na procura dunha denuncia efectiva desta situación , que se ven repetindo dende hai máis de 15 anos , a asociación ADEGA ineteresouse pola situación e ofreceuse para tratar de buscar unha solución . Coa intención de intentar a recuperación da vida ecolóxica deste rio , a asociación veciñal elabora este informe que aportará a asociación ecoloxista .

       Esta central láctea CELEGA , xa recibíu varias denuncias medioambientais , pero parece que é máis rendible o pago das multas administartivas que a solución definitiva do problema . Dende a veciñanza só pretendemos que a empresa invirta unha pequena porcentaxe dos seus beneficios na reposición das condicións naturais do río Pesqueiras .

     A empresa Celega orixinaria adicábase a produción de queixo , e xa daquela fora sancionada por Medio Ambiente . Actualmente , despois da sua venda , é unha pranta de almacenamento de leite onde conflúen unha gran cantidade de camións cisterna . Dende aquí é transportada ata Toledo .

       O río Pesqueiras , pese a recibir a auga da depuradora de Escairón , baixa nun aceptable estado ata que se achega á central láctea de Celega . Proba delo son as fotos que aportamos , dúns 200 metros augas arriba da central , nas que se aprecia a vexetación ripícola habitual . Por elo consideramos á empresa Celega directamente responsable da contaminación actual e das últimas décadas , e supoñemos que non será dificil esta confirmación unha vez feita a analise das augas a  carón da central e cauce abaixo .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        A situación cambia a partir do punto en que o río bordea a central , unha vez pasado o muiño , que serve de referencia .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

       A empresa conta con depuradora , pero esta non debe ser suficiente para depurar a cantidade de resíduo producido . Quizais o problema principal radique na gran cantidade de cisternas que diariamente son limpadas  na pranta , nas que se utiliza a sosa ,  e nalgúns casos acidos decapantes . A área de limpeza está ubicada na zona baixa da pranta , case que pegada ó río . É probable que non se esté a neutralizar as perigosas variacións de pH dos líquidos residuais .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        Pouco mais abaixo do muiño a empresa fai a captación da auga , supostamente limpa , do cauce do río .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

       Case que de inmediato , pódense ver dentro da pranta os dous chorros de verquido , o da esquerda é a saída da depuradora .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        Seguindo o curso descendente do río , ó pouco vese o tubo de verquido ó cauce , que é o único “ visible “ de toda a pranta .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

     Seguimos bordeando a pranta no sentido descendente . Vese a depuradora e a zona de lavado das cisternas , con un enmarañado de tuberias e gomas que conectan supostamente os residuos da limpeza coa depuradora .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        Aínda que vemos algún tubo derivado ata a caseta inferior que non pasa pola depuradora . A esta altura xa se nota no leito a falla de vexetación .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        Úns 60 metros abaixo xa se deixa notar a contaminación . Vese o leito totalmente “queimado” , tan só se ven unhas formas filamentosas ou algodonosas adheridas ó fondo , de cor nacarado – branquecino , quizais restos da vexetación morta .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        O aspecto das augas e do leito do río agrávase úns 100 metros abaixo da pranta , pois ademais das formacións branquecinas fixadas no fondo , tamén se ven outras flotando , incluso aparecen algunhas sólidas con aspecto de tripa . É dende aquí onde se aprecian tubos que baixan directamente da zona de lavado das cisternas , sen pasar pola depuradora .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

       Seguindo o curso descendente do río , recorremos o tramo de 2 – 2 quilometros e medio , ata que o curso pasa baixo a estrada Monforte – Chantada , a altura de Vilatán . O aspecto é igualmente desolador , co leito exento totalmente de vexetación , vese o fondo inerte e tan só algúns restos de limo morto . Incluso as terras que foron anegadas nas medras invernais carecen de vida .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        Unha vez pasado o río baixo as estradas Monforte – Chantada , recibe un importante afluente : o río Saviñao , de parecido caudal . Ó pouco atópanse os muiños da Graña . No canal de carga repétese a mesma imaxe , fondo sen vexetación e restos dos limos mortos . Baixo os muiños as rochas vense desprovistas do musgo habitual . A partires daquí o río baixa máis rápido , pasando á veira do Churrasco Pepe , con similares características , pese ó novo caudal recibido .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

       Úns catro quilómetros abaixo pasa rápido polo lugar da Veiga onde se dera a voz de alarma a inicios de febreiro . Agora non hai espuma , pero a vexetación fluvial segue sen aparecer , aínda que nas veiras xa se intúe vida .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

       Pouco antes de iniciar o pronunciado descenso ata o Miño , 5 quilómetros augas abaixo da pranta , pasa polo lugar de Torno en Pesqueiras , máis sosegado e paralelo a unhas hortas . Aquí é o primeiro lugar onde se empeza a ver nacemento de vexetación no leito do cauce , o que indica que a recuperación é posible . Logo de pasar o lugar de Pesqueiras , repártese entre o cauce natural e o desvio que alimenta a minicentral hidroeléctrica , para caer case vertical ata desembocar no Miño , ós pés da presa de Belesar .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        Dende a asociación enviamos este informe a ADEGA , motivados non tanto pola denuncia da orixe da contaminación , senón máis pola necesidade de buscar a recuperación das condicións biolóxicas e da biodiversidade dun río ampliamente utilizado polo home dende sempre ata a actualidade . Para elo solicitamos da empresa Celega que executen as medidas correctoras necesarias para manter este río como algo vivo .

        En Escairón , a 6 de maio do 2016 .

        Dado que aínda non houbo resposta de ADEGA , na data do 8 de xullo envíase o informe ó Proxecto Rios , unha plataforma de conservación dos rios galegos . Posteriormente comunícanos ADEGA que foi presentada denuncia díante do SEPRONA e da Confederación Hidrográfica Miño – Sil , na data do 7 de xullo . Posteriormente , o 29 de agosto , aparece publicado nun xornal dixital unha denuncia presentada por un particular poseedor dun predio na veira deste afectado río , trátase de Don José Manuel López Iglesias , advogado en Bruselas , quen se dirixe ás tres administracións responsables : Concello , Consellería de Medio Ambiente e Confederación Hidrográfica . Estamos á espera de ver unha acción correctora inmediata por parte da empresa , que é a 9ª no ranking de facturación da provincia de Lugo .

        Na data do 12 de setembro sáe publicada nova no medio dixital O Xornal de Galicia . Adxuntan 3 fotos recentes , do 10 deste mesmo mes , nas que se aprecia como , pese o tempo trascorrido , continúa a contaminación . Motiva a presenza na pranta lactea de axentes do Seprona .

3 2 1

nota de prensa de O Progreso

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail