Charla prevención incendio forestais
A Asociación Veciñal do Saviñao desexa comunicar a convocatoria e invitación á charla informativa que sobre A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS vai ser impartida no Auditorio Municipal de Escairón na data do xoves 28 de abril, a partir das nove da tarde a cargo de membros do Distrito Forestal nº 8, da Dirección Xeral de Montes.
Coñecida a condición de este municipio como concello de Alto Risco de incendios forestais, dada a cantidade e a diversidade da flora que nos rodea e o seu carácter autóctono, así como dado o abandono que nos últimos tempos estamos a padecer no medio rural, considérase dende a asociación un tema de máxima atención e prioridade todo o que teña relación coa protección forestal e o seu aproveitamento como un dos recursos productivos que poidan ter futuro no noso concello . Por elo invítase a todos os veciños e comunidades forestais a acodir a este acto informativo no que se van tratar temas como:
- – Autorización de queimas.
- – Medidas legais en materia de incendios, uso posterior das terras queimadas, repoboacións, etc.
- – Regulamentacións varias no tema forestal.
Polo que agradécese de antemán a vosa participación.