Aportacións ó Plan Hidrolóxico do Miño – Sil
A Asociación Veciñal do Saviñao , en resposta á invitación feita dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a colaborar e participar no Plan Hidrolóxico que se inicia agora , dirixíuse a esa institución co ánimo de facer efectiva a colaboración veciñal no citado plan , para o que enviamos unha serie de suxerencias ou propostas .
Dadas as características rurais do noso concello , e as actividades productivas desenvoltas no mesmo , estas propostas foron pensadas e planificadas para o noso entorno concreto , pero cremos que poden extrapolarse e aplicarse noutros concellos das mesmas características socioeconómicas .
SUXERENCIAS :
Plataforma nido para as cigoñas
Como nestes últimos anos estamos recibindo a visita destas aves migratorias que nos deleitan coa observación do seu portentoso vó planeante e coa súa embergadura , e dado que para algúns veciños supón un serio problema o anidamento nas chimeneas e tellados das vivendas , solicítase da Consellería de Medio Ambiente unha plataforma nido que nos conceden a finais do 2010 e fáiselle entrega ó concello .
Esta estructura orixinalmente non é moi alta , úns cinco metros , polo que se lle aumenta outro tanto . O lugar da ubicación , fronte o parque infantil do Palomar , decídese para retirar o nido que unha parella elaboraba todos os anos na cuberta do edificio da esquina entre Xan de Forcados e Pardo Bazán .
Estamos á espera de comprobar si o lugar elexido é do peculiar gusto e preferencia de estes ben recibidos visitantes .
PLAN DE CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DA DEVESA
Que todos os veciños do territorio do Saviñao estamos orgullosos do bosque tricentenario da Devesa non ofrece a máis mínima discusión . Pero o que tamén nos preocupa é a escasa atención que se lle presta para conservar e mellorar , se cabe , este patrimonio natural . Coa intención de aportar alternativas prácticas , dende a asociación elaborouse un plan integral de medidas a iniciar para preservar este conxunto senlleiro .
Dito plan foi presentado ós tres grupos políticos do ámbito municipal coa intención de que fose debatido e se tomase unha decisión consensuada , pois o tema non debería ter discrepancias ideolóxicas . Tras dous envios do proxecto aínda estamos esperando que o tema sexa tratado nun Pleno . Parece que non hai interese nin intención por parte das forzas políticas de protexer este espazo emblemático .
Recentemente , con ocasión da proposta do novo plan urbanístico ( PXOM ) , presentáronse alegacións e dirixíronse solicitudes á Dirección de Conservación da Natureza para que o entorno da Devesa reciba a calificación de Espazo Libre ou verde , que sirva de cinturón protector e integre a totalidade da masa árborea e as zonas “ roubadas “ ó conxunto : a zona de díante do concello , zona da carpa , da feira , do parque infantil e dos edificios do centro sanitário e da gardería .