Noticias, novidades

SOLICITUDE DE INCLUSIÓN DA DEVESA NO CATALOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS

Unha das primeiras actividades da asociación , nos seus inicios no outono do 2009 , foi a de dirixir á Dirección Xeral de Conservación da Natureza , dependente da Consellería de Medio Rural, unha solicitude para incluir A Devesa de Escairón no catálogo de Arbores Senlleiras , para conseguir algunha forma de protección institucional para este emblemático espazo verde.

Ante estas perspectivas o único que esta asociación pretende é garantir o futuro ecolóxico e social de este espazo querido por todos , por formar parte da identidade dun pobo e por considerar que ben merece un agasallo por parte do home ó que tanto aporta . Destacar que esta solicitude non é competitiva nin excluínte coa búsqueda doutras formas de amparo e protección, que xa deberan estar solicitadas hai dous anos por un acordo plenário que así foi recollido nas súas actas , precisamente esta deixadez  institucional espoleou ós veciños a tomar esta iniciativa . Todo seña por manter e mellorar este monumento da natureza.Baseándose no porte e na relevancia sociocultural de este espazo arbóreo así como na procura de cuidados fitosanitarios ( necesidade de protección radicular ,  podas terapeúticas e selado de polas mortas ) a asociación veciñal elaborou un dossier composto dunha memoria onde se explican as características ecolóxicas da carballeira , destacando a súa idade ( tres séculos ), a altura ( moitos sobrepasan os 25 m. ) e o grosor ( máis dun metro de diámetro e tres de perímetro ), ademais da importancia social e cultural que tivo e continua a ter na sociedade do Saviñao ( referencias literarias , actos multitudinario, uso actual, etc.), que fan deste conxunto un reclamo engadido ós paraxes atractivos da Ribeira Sacra. Acompanando esta memoria cunha mostra fotográfica de todos os aspectos comentados.

Esta solicitude pretende buscar algunha forma de protección institucional para evitar o deterioro e mellorala se cabe ,  pois nos últimos 40 anos ven a sufrir continuas agresións que mermaron a súa extensión e frondosidade. A saber : construcción dos vellos grupos escolares e centro de saúde na súa veira, un parque infantil e unha pista deportiva ( hoxe retirados ), a limitación do perímetro norte e oeste por sendas estradas , a destrucción e arrancamento de pezas sofrido no ciclón Hortensia , e as últimas : o soterramento dun sistema de iluminación interior da Devesa ( absurdo e hoxe inutilizado ) e a ampliación dun dos edificios limítrofes ata os mesmos troncos dalgúns destes vetustos carballos .

Expoñemos a argumentación presentada e o dossier fotográfico adxuntado .

Sigue leyendo

Exercicio Físico para todos

Esta actividade foi facilitada pola Diputación de Lugo á asociación, é totalmente gratuita e só para concellos de menos de 5.000 habitantes.

Iníciase esta actividade en novembro do 2011. No ano 2011 e 12 chámase “Todos a xogar” e celebrouse os martes e xoves, no auditorio de Escairón, de 20:30 a 21:30 durante 8 meses, cunha participación media dunhas 22 persoas.

No 2013 celebraráse os lúns e xoves no mesmo local e horario e ata o mes de xuño e chamase “Tempo”.

No ano 2014 concédennos esta actividade, chámase Mo-vémonos. Celebrarase os lúns e mércores de 21 á 22:30 no Pavillón Municipal, o sernos denegado polo concello o uso do Auditorio. Iníciase o 15 de setembro e durará ata xuño do 2015.

cartel 2- ximnasia de mantemento Movémonos 2014

 

Solicítase o vaciamento definitivo do estanque do lavadeiro da Devesa

Unha vez máis as augas do estanque do lavadeiro motivan queixas dos veciños, nesta ocasión son augas fecais do alcantarillado as que invaden o espazo acuático. Na data do 28 e xullo pídese ó concello a inmediata solución e solicítase a solución definitiva: a conversión de este espazo da Devesa nunha zona de uso e disfrute humano, tal e como recolle o Plan de Protección e Conservación da Devesa proposto pola asociación. No día seguinte foi vaciado o estanque, e renovadas as augas, pero eso non nos parece suficiente.

Consideramos que esta área debería ser aproveitada para ampliar e abrir a Devesa, eliminando a oxidada verxa que a pecha e humanizando ese espazo de uso tradicional polas mulleres que lavavan e clreaban a colada. Podería ser usado para pequenos eventos culturais (concertos, contacontos, etc), de reunión da xoventude que todavía a estas alturas carece de local e ubicación, ou de recreo veciñal.

Sigue leyendo

Visita guiada pola área da leira rapada

Na data do 6 de xullo faise un recorrido circular pola área da Leira Rapada en Vilatán para dar a coñecer ós interesados o dolmen descuberto neste mesmo ano, así como os petróglifos atopados na súa tapa e a pedra tallada con forma de cabeza animal (¿serpe, can, cordeiro….?. Tamén se sobe ó castro pasando polas dúas paredes dos respectivos niveis. Contémplase unha posible vivenda ou cabana, así como unha especie de refuxo con tapa e tres ortostatos laterais. Xa na croa do castro visítase unha pedra con uns curiosos trazos rebaixados ¿feito natural ou intervención humana?.

cartel Leira Rapada

Auga da traida negra, unha vez máis

Coma xa ven acontecendo nos últimos anos, a auga municipal, pública e ben pagada tralo incremento das tasas, volta a saír dos grifos opaca e sucia, xenerando a lóxica preocupación en cada unha das casas que fan uso dela. Á asociación chéganlle numerosas queixas e por elo rexistramos no día 26 de xuño unha pregunta á Alcaldía: ¿é potable a auga?, ¿pódese facer uso doméstico dela para cociñar e inxerir?: Estas preguntas esperan unha rápida e tranquilizadora resposta por parte do responsable da calidade sanitaria das augas ¿dará a cara o Sr. Alcalde?

  Sigue leyendo

Solicitude á deputación do arranxo da estrada Escairón-Currelos

Visto o tremendo deterioro que este duro inverno provocou en certos puntos da estrada de titularidade provincial, e coa intención de que inclúan esta necesaria actuación no plan provincial anual de reparación das estradas, que acertadamente ven facendo a Deputación, na data do 10 de febreiro do 2014 notificamos os puntos concretos onde se precisa reposición ou reparación.

Sigue leyendo

Rexeite da autovía polo Saviñao e o Miño

(23 de maio do 2014)

Dende a Asociación Veciñal do Saviñao desexamos expresar o rechazo total a idea que dende algúns sectores da comarca se está promovendo: a de desviar a autovía A-76 polo traxecto do proxecto da A-72, entre Monforte e Chantada.

Consideramos esta alternativa totalmente equivocada, por canto non da solución á comunicación pretendida con Ourense, perxudica ós territorios do Saviñao e Chantada, porqué supón unha seria agresión a paisaxe, ó medio ambiente e ó patrimonio nesta zona da Ribeira Sacra.

Sigue leyendo

Paixon polo cemento

O Concello do Saviñao ten intención de gastar 33.000 euros nunha obra que terá como resultado encerrar con cemento outra vez os espazos verdes de Escairón. Neste caso, trátase dunha berarrúa arredor do Campo da Lama. Ademais de innecesario, este aro de cemento contribúe a reducir aínda máis o espazo verde no que se atopa o antigo campo de fútbol.

O máis preocupante é que este proxecto está na liña das actuacións do Concello desde hai anos con respecto ás zonas verdes da vila. En vez de valoralas e potencialas para o lecer das veciñas e os veciños, estánse a estreitar, rodeándoas de antiestéticos, inútiles e caros elementos “duros”. Podemos poñer os seguintes exemplos:

A Devesa, que é sen dúbida a maior riqueza patrimonial de Escairón, leva anos reducindo o seu perímetro. A última actuación foi a colocación dunha balaustrada incomprensible, cara e fea, que mesmo dificulta o acceso. Mentres tanto, os magníficos carballos centenarios precisan con urxencia unha poda que a Asociación veciñal do Saviñao leva anos pedindo e que nunca se levou a cabo. A necesidade da poda non é só cuestión de saneamento das árbores, neste momento constitúen un perigo para as persoas, porque caen constantemente anacos de pólas que poden mancar gravemente a alguén. Hai poucos días, a un veciño caeulle unha rama no coche que tiña aparcado debaixo dun carballo situado na parte superior do arboredo. Desta vez, só lle rompeu o vidro do coche, outro día pode haber un accidente grave.

As obras no cemiterio provocaron unha forte polémica cando se derrubou o enorme plataneiro que protexía do sol e da calor á veciñanza. Hoxe só hai unha tórrida esplanada de cemento e catro arboriñas que parecen, en comparación coa outra, plantas nun testo.

A Praza Maior é outro exemplo. Hai poucos meses pechouse ao tráfico unha das rúas que rodeaban a praza e, en vez de aproveitar para introducir algun elemento natural, alguna árbore, algo verde que humanizase a praza e a fixese atractiva para a poboación, limitáronse a enlousar radicalmente o novo espazo.

No Campo da Lama tamén se colocou unha balaustrada igual cá da Devesa e agora queren pechar máis o espazo verde cunha beirarrúa. Tendo en conta que no PXOUM o campo de fútbol non aparece como zona verde, senón como Equipamental , dá medo pensar cal será o seguinte proxecto.

Estas actuacións transparentan unha filosofía por parte do Concello que se resume no desprezo polo verde e a paixón polo cemento. O noso maior capital é a Devesa e a súa área circundante. É unha zona de lecer imprescindible para a calidade de vida das veciñas e, en lugar de deixala deteriorarse, o Concello debería comprometerse a coidar esta riqueza natural e a deixarlla ás próximas xeracións como unha valiosísima herdanza que tamén nós recibimos, non hai que esquecelo, coa condición de que o seu uso fose o disfrute do pobo.

Visita veciñal dolme de Abuime

Despois das conversas mantidas cos veciños propietarios das parcelas de acceso ó dolmen de Abuíme, e de conseguido o seu permiso de paso, e para celebrar este acordo, procédese a limpeza do acceso e do perímetro do monumento megalítico.

Para celebrar esta falta de institucionalización do acceso, organízase a visitar ó dolmen de Abuíme, nun acto público no que se explica o significado de este monumento naquel momento da prehistoria, así como o aspecto actual. Acoden máis de 80 persoas.

Reposición do surtidor de auga da área da Lama

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese diante da Alcaldía do Saviñao coa finalidade de

EXPOÑER:

Que dende sempre existíu ó lado do campo de futbol da Lama en Escairón unha fonte e que, dende que se fixeron as obras de canalización polo borde do campo e a área verde que existe detrás diste, foi sustituida por un punto surtidor de auga á altura da pista de tenis.

Tendo en conta que esta é unha zona de práctica deportiva, por canto ademais do campo de futbol hai outro campo de futbol Indoor, unha cancha de tenis e un parque con aparatos de exercicio biosaludables, é necesaria e imprescindible a existencia de un surtidor de auga coa que poidan refrescarse quenes acoden a facer exercicio.

Recentemente comprobamos como o surtidor que alí existía foi inutilizado, privando ós veciños deste servizo necesario e apropiado como complemento de calesquera práctica deportiva, nun espazo masivamente utilizado por xente de todas as idades.

Sigue leyendo