Na defensa do común

Fobia do alcalde á natureza

Que o alcalde do concello do Saviñao ten unha aversión especial polas árbores é algo coñecido xa dende fai anos, pero e que onte os traballadores municipais executaron a orde de amputar a única àrbore que daba presentación ó cementerio de Escairón, un impresionante plataneiro. Esto provocou alarma e indignación en moitos veciños que se dirixiron á asociación.

Esta era unha peza de gran porte que ademáis de engrandecer o espazo do campo santo, daba cobixo os veciños na espera dos actos fúnebres, facendo ese tempo máis levadeiro, sendo todo un símbolo da dicotomía vida – norte que acompaña á existencia do ser humano.

Dende a asociación non se comprende cal é o motivo de cercenar esta impresionante peza arbórea, xa que non interrompía o tránsito nin molestaba nin ameazaba os muros do campo santo.

Esta é unha mostra máis da fobia que o noso alcalde parece ter coa natureza e coas pezas arbóreas. Xa fai tres anos que se fixera unha desfeita coa poda de todos os castiñeiros de índias que hai na beirarrúa do fondo da Devesa, o que supuxo o secado de tres de eses exemplares (aínda non reprantados a día de hoxe) e a inexistencia de floración que é o elemento máis agradecido de esa especie. Pero repítese esa estratexia de “rabizar” polo curto as polas é xeneralízase cada ano en todas as especies que hai no entorno de Escairón: na área de tras do campo do futbol vello e no perímetro do mesmo, na estrada que leva ó campo de futbol novo,.. parece como si lle molestase a sombra e a copa, e pretendera convertir cada peza nun bonsái. Fai dous anos, e coa disculpa de liberar os horrorosos edificios que circundan á Devesa, levouse a cabo a “capadura” das cabezas de cinco exemplares dos maxestuosos carballos , que aínda a día de hoxe non teñen garantida a supervivencia. No pasado ano solicitouse pola asociación a reposición de 9 pezas que foron secando no núcleo da Devesa, no intento tan só unha prendeo. Este ano solicitouse un novo intento de reprantación, pero vemos como a tempada remata e non se repuxo unha soa peza. Tamén se solicitaba por parte das nais que acuden cos seus fillos ó parque infantil a prantación de árbores ornamentais que co seu colorido humanizaran un pouco aquel entorno desolado e espido, pero iso non lle gusta ó noso alcalde. Pero e que ademáis de todo isto, no proxecto do PXOM pretendese convertir todo o perímetro da Devesa en espazo “Equipamental” que facilite a construcción de máis edificacións de servizos do concello, limitando e costreñindo o espazo patrimonial da Devesa, feito que a asociación denunciou.

Todos estes feitos apuntan a unha falta de sensibilidade especial do noso alcalde co patrimonio natural, empeñado en pechar todo espazo verde e público con ostentosas balaustradas de pedra que “encortellan” e encaixonan o que xa de por sí desprende halos de libertade e amplitude.

O feito actual, a amputación da única peza de plataneiro que animaba o entorno do cementerio, está xenerando innumerables criticas nos veciños, que non entenden o motivo nin a finalidade de tamaña agresión. Dende a asociación trasmitimos o descontento veciñal xenerado e pedimos do noso administrador municipal un pouco máis de sensibilidade cos espazos públicos verdes, xa que estes son usados, apreciados e conservados día a día polas distintas xeneracións, e de seguir así non poderemos legar ás xeneracións futuras.

6 de marzo do 2013.

Non era unha árbore máis

Na data do venres, 8 de marzo do 2013, pudemos comprobar como os peores temores se facian realidade e a árbore do cementerio de Escairón xacía desraizada ás portas do cementerio ó que durante máis de 65 anos deu beleza e protección.

Namentras en Escairón e parroquias próximas non para de escoitarse un clamor popular: é unha barbaridade. E aínda non atopamos o sentido nin a motivación que poido mover ó noso alcalde e equipo de goberno a executar tal vandalismo institucional.

O vello plataneiro, plantado polos pequenos da escola alá polo anos 50 do anterior século, era a única exemplar que sobrevivía daquela plantación que describía un túpido corredor a modo de tunel arbóreo que daba entrada a Escairón dende a vella estrada de Chantada. Moitos daqueles pequenos están hoxe rabiosos pola insensata demostración de poder absoluto.

O maxestuoso exemplar non facia dano algún as paredes do campo santo, pois distaba de él uns 12 metros. Nin as súas raizes levantaban pavimento, nin as impresionantes polas supoñian ameaza algunha.

Dende a perspectiva de quen non vive aquí pódese opinar que non é máis que unha árbore máis no oceano boscoso que nos rodea e que a actitude da xente é unha resposta de histeria e sensacionalismo.

Nada máis lonxe da realidade, esta peza tiña para os veciños de Escairón un sentido especial, unha simboloxía existencial na que se percibía a dualidade vida – morte, árbore vigorosa – terra inerte. Baixo a súa sombra agardábase para dar a última despedida a seres queridos, invitaba a convertir en placentero paseo a visita íntima a quenes descansan eternamente e servía de plácido asento e testigo de conversas. Ata no seu pé foron repartidas as cinzas nun acto predeterminado de fusión coa natureza, nunha intención de fertilidade: “coas miñas cinzas medrarás e pasarei a formar parte de ti”. Non era unha árbore máis.

Pero todo este sentimento non foi percibido por quen non ten a mínima sensibilidade, pola ignorancia de quen non entende que a natureza tamen é patrimonio e está moi arraigada na esencia de todos os que convivimos nesta terra especial. Agora só esperamos que tamaña agresión á identidade do pobo lle acabe por pasar factura.

01 plataneiro 03 plataneiro 02 plataneiro

 

A Devesa precisa de coidados continuados


Continuando coa actividade da asociación de coidado e protección da Devesa, e tal como vimos repetindo todos os anos por estas datas propicias para as labores de plantación, e por certo con boa resposta por parte municipal na reposición anual, notificamos ó concello a necesaria reposición das pezas que causaron baixa neste último ano. Ademais desta atención anual, neste ano solicítase unha laboura de poda, saneamento e selado dos exemplares máis lonxevos, cara a evitar esgañizamentos que poden acortar a vida e con elo a duración de este querido patrimonio .

Sigue leyendo

Manifestación defensa hospital de Monforte

Na data do 16 de marzo do 2013 a comarca de Monforte, Chantada e Quiroga, unha poboación de úns 60.000 habitantes que conviven nun amplo territorio que abarca dende A serra do Faro ata O Caurel, e dende as terras de Sarria ata Os Peares, sáen polas rúas de Monforte a expresar o rexeite da integración do hospital de Monforte en Lugo.

Unhas 10.000 persoas, con moita presenza de elevada edade, recorreron e clamaron por unha sanidade máis próxima, por non ter que volver os tempos de coller un taxi e correr cara á Lugo. A integración da área de Monforte en Lugo conleva a centralización do presupostos e das decisións na capitalidade, en nun medio prazo o recorte de servizos baixo a disculpa da mala rendibilidade economica. Baste mirar para o que acontece no Barco de Valdeorras, que un ano despois da integración en Ourense xa perdeu o laboratorio e algunha especialidade pediátrica, nun só ano.

Dicir que corren perigo as especialidades dun só médico (Neuroloxía, Reumatoloxía, Endocrinoloxía e Neumoloxía), así como a obstetricía. Pola contra, aínda está sin executar a tan prometida e necesaria UCI, ou a especialidade de Xeriatría tan demandada pola realidade social da comarca.

Dende a asociación, seriamente comprometidos cos dereitos cidadáns, organizouse unha charla explicativa e publicitouse o acto en todas as parroquias do municipio. A asistencia de veciños do Saviñao foi notable nunha acción popular masiva na que, dito de paso, a TVG pública nin se dignou a enviar unha unidade, omitindo a realidade e pretendendo manipular a información. É a realidade dun país descabezado onde a xente ten que defender na rúa as agresións que recibe do parlamento galego.

Acordo de acceso ó balneario de Augas Santas

ACORDO DE ACCESO Ó BALNEARIO DE AUGAS SANTAS PARA OS VECIÑOS DO SAVIÑAO.

No ano 2010 a directiva da asociación acordou co Director Xerente do Balneario unhas condicións de acceso, en virtude da proximidade, a certos servizos nunha condicións máis asequibles para os veciños do Saviñao.

Dende entón, cambiou a empresa, pero as condicións mantéñense.

 

PUBLICIDADE ACORDO BALNEARIO

O concello rexeita a teleasistencia

A Asociación veciñal diríxese ós medios de comunicación comarcais a propósito da non inclusión do Saviñao no Plan de Teleasistencia.

Si nos inicios do ano 2013 denunciábamos a constante perda de servizos que vimos sufrindo no Saviñao no último ano e medio, agora volvemos a comprobar como o noso alcalde non parece disposto a aportar un só euro para beneficio das persoas maiores do municipio, ó negar a acollida ó Plan de Teleasistencia presentado pola Diputación.

Dito plan aportaría unha axuda e protección ó comunicar ás persoas maiores que viven soas e que non reciben servizos de dependencia, contribuíndo a que vivan no seu lugar, fixando poboación e evitando a migración a outros concellos na busca dunha residencia. Para elo o concello debería aportar a metade da inversión. Dos 67 concellos da provincia, tan só CATRO decidiron prescindir de este servizo, convertíndonos nunha negativa e insolidaria excepción.

Sigue leyendo

Incremento tasas garderia

A Asociación Veciñal do Saviñao, a traves da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, diríxese díante da Alcaldía do Concello do Saviñao para mostrar a súa disconformidade pola pretendida suba das tasas da Gardería Municipal.

EXPOÑENDO:

Díante da proposta presentada pola directora da gardería ante os pais dos nenos na que se anuncia unha modificación e suba das tasas de 110 a 220 €, a asociación veciñal na que están integrados moitos pais afectados considera:

  • Un incremento de máis do 100 % é abusivo e non xustificable no momento actual, limitando o acceso a este servizo ós fillos de moitas familias do noso medio.
  • O feito de que non contemplen descontos en función da renda familiar é discriminatorio e contradice o reglamento que regula ás garderías públicas, e esta a é, aínda que a xestión sexa privada.
  • Que as tasas dunha gardería municipal están reguladas polo Decreto 70/2007 polo que non poden ser modificadas unilateralmente polo concello nin pola empresa adxudicataria.
  • Que a concesión do servizo á empresa adxudicataria remata neste presente ano 2012.

Sigue leyendo

Desmantelamento do publico

A Asociación Veciñal do Saviñao alerta sobre o deterioro nestes últimos anos dos servizos públicos que se ofrecen no municipio.

Si primeiro se prescindíu dos servizos de Protección Civil e posteriormente tamén do GRUMIR, deixando sen cobertura as emerxencias que poidan suceder, despois chegou o recorte en prestacións sanitarias coa supresión de un médico en Escairón (o que evitou a perda de un profesional homónimo no concello de Sober), poucos meses despois vemos como se está suprimindo tamén unha praza de enfermería, que tan só se cubre DOUS días á semana e a metade de xornada.

Respecto da atención á terceira edade, denunciar que o único edificio público dedicado a Residencia (cedido para esta finalidade) foille entregado a unha empresa privada (Gesan) a cambio de 5.000 € anuais, sin que se ofreza nin unha soa praza concertada e a un precio de 1.200 €/cama/mes; co resultado de que a día de hoxe só hai tres veciños do Saviñao ocupando unha habitación.

Ademáis este ano a Xunta suprime totalmente a partida presupostaria da Axuda no Domicilio, co que o concello incrementou a tarifa por hora e reduxo o tempo de asistencia.Tampouco existe servizo de Centro de Día.

No pasado mes comprobamos como tamén o finamento ten contribución: o cementerio municipal de Escairón pasa a ser xestionado por intereses privados.

E para rematar esta serie de desmantelamentos e abandono do público, para inicios do ano próximo a gardería “municipal” entregada á Fundación Fesan incrementará de 110 á 220 € a tarifa por neno, sin ofrecer a lóxica e preceptiva reducción en función das rendas familiares.

Con este panorama comprobamos un deterioro da asistencia e cobertura mínima necesaria que un concello debería ofertar ós seus veciños. Moi á contra, incrementáronse todas as tasas municipais: licencias, auga, basura, IBI, etc…. Pero mantéñense as abusivas catro dedicacións exclusivas a cargo dos presupostos. Vese un notorio interese en recaudar, máis que en ofertar.

Dende a asociación, os veciños reclaman outra maneira máis solidaria de executar as funcións municipais para as que foron elexidos, recortando en gastos superfluos e frenando a privatización interesada dos servizos públicos e rentabilizando as instalacións municipais disponibles para non provocar situacións de abandono e marxinación social.

Decembro do 2012

Dereitos vecinais

APLICACIÓN DOS DEREITOS DO VECIÑO

Non son moitas as posibilidades de participación dos veciños na vida política do territorio onde desenvolve a súa vida , de todos modos a lexislación actual marca certas pautas de transparencia que deben respetarse na xestión da vida municipal , e uns dereitos que , anque mínimos , deben esixirse como modo de implicación social e de boa xestión a quenes nos gobernan .

Estamos a referirnos á Ley Reguladora de Bases de Regimen Local ( LRBRL ) do 4/1985 e o Reglamento de Organización y Funcionamiento de las Corporaciones Municipales ( ROF ) do 12/1986 , autenticas bases xurídicas da administración de un municipio .

Na busca de esa transparencia e claridade na xestión dos nosos gobernantes locales , dende a creación da asociación ( 2009 ) foi obxetivo prioritario a consecución de eses dereitos básicos e elementais que a lei concede ó veciño . Así dirixímonos ata en catro ocasións díante da Alcaldía , unha á Secretaria , e outra o Valedor do Pobo , quen confiado na resposta  do cumplimento das obrigas da alcaldía , deu carpetazo a uns dereitos que a día de hoxe estan sen aplicar .

Expoñemos o último requerimento dirixido ó Concello , así como a resposta do valedor do Pobo .

A Asociación Veciñal do Saviñao , inscrita co nº 14 no rexistro municipal de asociacións , a traves da súa presidenta Violeta Perez Figueroa , diríxese díante da Alcaldía do Saviñao coa finalidade de …

EXPOÑER :

Para facer efectiva a participación veciñal  na vida social do municipio e como garantía de transparencia da xestión municipal , hai recollidos os dereitos básicos dos veciños no Estatuto do Veciño ( Reglamento Estatal de Organización , Funcionamiento y Regimen Local , R.O.F. de 22/12/1986 ) , así como na Ley Reguladora de Bases de Regimen Local ( L.R.B.R.L. de 37471985 ) .

Como queira que estes dereitos foron solicitados nestes tres últimos anos ata en tres ocasións díante da Alcaldía , nunha ocasión díante da Secretaría do concello , e ata elevada instancia ó Valedor do Pobo con recoñecemento dos mesmos , e comprobando como séguese sen aplicar ditos dereitos ….

SOLICÍTASE :

 

1- Recibir as convocatorias e acordos que adopte a Corporación Local nas sesións públicas municipais , no domicilio social da asociación .

Segundo Título VII do R.O.F. , artgo. 234 : Sin perjuicio del derecho general de acceso a la información municipal reconocido a los vecinos en general, las entidades a que se refieren los artículos anteriores disfrutarán, siempre que lo soliciten expresamente, de los siguientes derechos:

  Recibir en su domicilio social las convocatorias de los órganos colegiados  municipales que celebran sesiones públicas cuando en el orden del día figuren cuestiones relacionadas con el objeto social de la entidad. En los mismos supuestos recibirán las resoluciones y acuerdos adoptados por los órganos  municipales.

            Segundo artgo. 207 do R.O.F. e artgo. 70.3 da L.R.B.R.L.: Todos los ciudadanos tienen derecho a obtener copias y certificaciones acreditativas de los acuerdos de los órganos de Gobierno y Administración de las entidades locales y de sus antecedentes

            Segundo artgs. 69.1 e 70 bis.1 da L.R.B.R.L. : Artículo 69.1. Las Corporaciones locales facilitarán la más amplia información sobre su actividad y la participación de todos los ciudadanos en la vida local.

            Artículo 70 bis. 1. Los ayuntamientos deberán establecer y regular en normas de carácter orgánico procedimientos y órganos adecuados para la efectiva participación de los vecinos en los asuntos de la vida pública local, tanto en el ámbito del municipio en su conjunto como en el de los distritos, en el supuesto de que existan en el municipio dichas divisiones territoriales.

 

            2- Que se fagan públicas as convocatorias e as resolucións das sesións plenrias e acordos do Pleno , así como os acordos das Comisións de Goberno , no taboeiro de anuncios do concello .

            Segundo artgo. 229 do R.O.F. : 1. Las convocatorias y órdenes del día de las sesiones del Pleno se trasmitirán a los medios de comunicación social de la localidad y se harán públicas en el Tablón de Anuncios de la entidad.

  1. Sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 70.2 de la Ley 7/1985, de 2 de abril, la Corporación dará publicidad resumida del contenido de las sesiones plenarias y de todos los acuerdos del Pleno y de la Comisión de Gobierno, así como de las resoluciones del Alcalde y las que por su delegación dicten los delegados.
  2. A tal efecto, además de la exposición en el Tablón de Anuncios de la entidad,

podrán utilizarse los siguientes medios:

             Edición, con una periodicidad mínima trimestral, de un boletín informativo de

  la entidad.

             Publicación en los medios de comunicación social del ámbito de la entidad.

            Segundo artgos. 70.2 e 72 da L.R.B.R.L. : 70.2. Los acuerdos que adopten las corporaciones locales se publican o notifican en la forma prevista por la Ley.

            72 : Las Corporaciones locales favorecen el desarrollo de las asociaciones para la defensa de los intereses generales o sectoriales de los vecinos, les facilitan la más amplia información sobre sus actividades, y, dentro de sus posibilidades, el uso de los medios públicos

 Na espera dunha resposta efectiva , acordada pola autoridade municipal , que dé cumplimento ós lexítimos dereitos solicitados , despídese de Vde. atentamente a presidenta da asociación vecinal .

En Escairón a 14 de decembro do 2012 .

 

Resposta do Valedor , sen confirmar si efectivamente se publican os acordos dos Plenos e Comisións de Goberno , ou si se convocan as Sesións Plenarias :

resposta Valedor dereitos veciñais 2

Falta de cobertura dunha enfermeira en Escairón

Ata en dúas ocasións vivíronse no municipio situacións de desatención nas labores de enfermería pola racanería de aforrar en sustituir a baixa dunha profesional. E nas dúas ocasións nos diriximos á Xerencia de Lugo do SERGAS:

A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia a precariedade sanitaria coa que o SERGAS continúa a castigar a este concello.

Nesta ocasión os feitos céntranse en que dos 3 enfermeir@s cos que conta o centro de saúde de Escairón, dous estan na situación de baixa laboral de longa duración, co que a día de hoxe tan só hai un enfermeiro para atender os 3 cupos médicos da zona de Escairón (unhas 3.300 tarxetas sanitarias). Solicitado un sustitut@ ó SERGAS, aceptan enviar un enfermeiro tan só para os dous días nos que se fan analises, deixando os outros 3 días da semana a toda esta poboación con tan só un enfermeir@. Despois de moitos rogos dos sanitarios locais, a directora de enfermería de Lugo concede un sustitut@ 3 días á semana.

Sigue leyendo