Auga da traida negra, unha vez máis
Coma xa ven acontecendo nos últimos anos, a auga municipal, pública e ben pagada tralo incremento das tasas, volta a saír dos grifos opaca e sucia, xenerando a lóxica preocupación en cada unha das casas que fan uso dela. Á asociación chéganlle numerosas queixas e por elo rexistramos no día 26 de xuño unha pregunta á Alcaldía: ¿é potable a auga?, ¿pódese facer uso doméstico dela para cociñar e inxerir?: Estas preguntas esperan unha rápida e tranquilizadora resposta por parte do responsable da calidade sanitaria das augas ¿dará a cara o Sr. Alcalde?
Solicitude á deputación do arranxo da estrada Escairón-Currelos
Visto o tremendo deterioro que este duro inverno provocou en certos puntos da estrada de titularidade provincial, e coa intención de que inclúan esta necesaria actuación no plan provincial anual de reparación das estradas, que acertadamente ven facendo a Deputación, na data do 10 de febreiro do 2014 notificamos os puntos concretos onde se precisa reposición ou reparación.
Rexeite da autovía polo Saviñao e o Miño
(23 de maio do 2014)
Dende a Asociación Veciñal do Saviñao desexamos expresar o rechazo total a idea que dende algúns sectores da comarca se está promovendo: a de desviar a autovía A-76 polo traxecto do proxecto da A-72, entre Monforte e Chantada.
Consideramos esta alternativa totalmente equivocada, por canto non da solución á comunicación pretendida con Ourense, perxudica ós territorios do Saviñao e Chantada, porqué supón unha seria agresión a paisaxe, ó medio ambiente e ó patrimonio nesta zona da Ribeira Sacra.
Paixon polo cemento
O Concello do Saviñao ten intención de gastar 33.000 euros nunha obra que terá como resultado encerrar con cemento outra vez os espazos verdes de Escairón. Neste caso, trátase dunha berarrúa arredor do Campo da Lama. Ademais de innecesario, este aro de cemento contribúe a reducir aínda máis o espazo verde no que se atopa o antigo campo de fútbol.
O máis preocupante é que este proxecto está na liña das actuacións do Concello desde hai anos con respecto ás zonas verdes da vila. En vez de valoralas e potencialas para o lecer das veciñas e os veciños, estánse a estreitar, rodeándoas de antiestéticos, inútiles e caros elementos “duros”. Podemos poñer os seguintes exemplos:
A Devesa, que é sen dúbida a maior riqueza patrimonial de Escairón, leva anos reducindo o seu perímetro. A última actuación foi a colocación dunha balaustrada incomprensible, cara e fea, que mesmo dificulta o acceso. Mentres tanto, os magníficos carballos centenarios precisan con urxencia unha poda que a Asociación veciñal do Saviñao leva anos pedindo e que nunca se levou a cabo. A necesidade da poda non é só cuestión de saneamento das árbores, neste momento constitúen un perigo para as persoas, porque caen constantemente anacos de pólas que poden mancar gravemente a alguén. Hai poucos días, a un veciño caeulle unha rama no coche que tiña aparcado debaixo dun carballo situado na parte superior do arboredo. Desta vez, só lle rompeu o vidro do coche, outro día pode haber un accidente grave.
As obras no cemiterio provocaron unha forte polémica cando se derrubou o enorme plataneiro que protexía do sol e da calor á veciñanza. Hoxe só hai unha tórrida esplanada de cemento e catro arboriñas que parecen, en comparación coa outra, plantas nun testo.
A Praza Maior é outro exemplo. Hai poucos meses pechouse ao tráfico unha das rúas que rodeaban a praza e, en vez de aproveitar para introducir algun elemento natural, alguna árbore, algo verde que humanizase a praza e a fixese atractiva para a poboación, limitáronse a enlousar radicalmente o novo espazo.
No Campo da Lama tamén se colocou unha balaustrada igual cá da Devesa e agora queren pechar máis o espazo verde cunha beirarrúa. Tendo en conta que no PXOUM o campo de fútbol non aparece como zona verde, senón como Equipamental , dá medo pensar cal será o seguinte proxecto.
Estas actuacións transparentan unha filosofía por parte do Concello que se resume no desprezo polo verde e a paixón polo cemento. O noso maior capital é a Devesa e a súa área circundante. É unha zona de lecer imprescindible para a calidade de vida das veciñas e, en lugar de deixala deteriorarse, o Concello debería comprometerse a coidar esta riqueza natural e a deixarlla ás próximas xeracións como unha valiosísima herdanza que tamén nós recibimos, non hai que esquecelo, coa condición de que o seu uso fose o disfrute do pobo.
Visita veciñal dolme de Abuime
Despois das conversas mantidas cos veciños propietarios das parcelas de acceso ó dolmen de Abuíme, e de conseguido o seu permiso de paso, e para celebrar este acordo, procédese a limpeza do acceso e do perímetro do monumento megalítico.
Para celebrar esta falta de institucionalización do acceso, organízase a visitar ó dolmen de Abuíme, nun acto público no que se explica o significado de este monumento naquel momento da prehistoria, así como o aspecto actual. Acoden máis de 80 persoas.
Reposición do surtidor de auga da área da Lama
A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese diante da Alcaldía do Saviñao coa finalidade de
EXPOÑER:
Que dende sempre existíu ó lado do campo de futbol da Lama en Escairón unha fonte e que, dende que se fixeron as obras de canalización polo borde do campo e a área verde que existe detrás diste, foi sustituida por un punto surtidor de auga á altura da pista de tenis.
Tendo en conta que esta é unha zona de práctica deportiva, por canto ademais do campo de futbol hai outro campo de futbol Indoor, unha cancha de tenis e un parque con aparatos de exercicio biosaludables, é necesaria e imprescindible a existencia de un surtidor de auga coa que poidan refrescarse quenes acoden a facer exercicio.
Recentemente comprobamos como o surtidor que alí existía foi inutilizado, privando ós veciños deste servizo necesario e apropiado como complemento de calesquera práctica deportiva, nun espazo masivamente utilizado por xente de todas as idades.
Solicitude ó Consorcio da visita ó románico
A Asociación Veciñal do Saviñao dirixíuse antes do verao de 2012 ó Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, como entidade responsable da promoción do turismo na nosa zona, solicitando que se procure, con todos os contactos posibles, a apertura das egrexas románicas da comarca.
Consideramos que o motivo fundamental que atrae ó visitante ás nosas terras é o patrimonio románico. Quen acode aquí leva unha desilusión e frustración ó comprobar que todo ese património que se anuncia, e que mesmo apadriña co seu nome ós concellos de Ourense e Lugo que o conforman, non pode ser visitado, tan só dende fora e sen a máis mínima explicación. Trabállase noutras iniciativas, como a Ruta dos Viños, a hostelería e a cociña, o golf, as festas medievais, etc, son elementos que engaden encanto e complementan o motivo pricipal da visita ás nosas terras, que está aínda sen solucionar, acceso ó románico.
Dende fai dous anos unha empresa ven ofrecendo unha media xornada de visita ó románico de cada concello. Máis a oferta parécenos moi escasa, por canto tan só se visitan 3 templos en cada ún dos concellos (no Saviñao, das 7 egrexas románicas tan só se visita Stº. Estevo de Ribas de Miño), e moi limitada xa que ún só día á semana supón unha restricción á disponibilidade e á accesibilidade ó románico.
O feito de que a nosa zona xeográfica, denominada Ribeira Sacra, non sexa capaz de ofrecer ós visitantes e turistas a posibilidade de observar, valorar e coñecer os templos románicos no seu interior, parécenos unha incongruencia e unha seria carencia que limita moito as inmensas posibilidades que a nosa terra ten no atractivo e competitivo mundo do turismo cultural e de interior; e que está frenando o desenvolvemento do que xa debería estar a funcionar como o máis importante recurso económico.
Dende a asociación solicitouse ó Consorcio de Turismo que centre todos os esforzos na búsqueda da apertura destes templos, propoñendo que se intensifiquen as conversas có Obispado, cós párrocos responsables de cada unha destas egrexas, coa Diputación e Consellería de Cultura e Turismo, para que negocien díante da institución clerical; ou ben que sexan os responsables de turismo de cada un dos concellos quenes acompañen e faciliten a visita ós visitantes.
Sin o logro desta mostra, toda a oferta turística cultural queda valeira de contido. Si nalgún día se quere optar a Patrimonio da Humanidade hai que ter perfectamente cuberta e solucionada esta carencia. Namentras, tan só a paisaxe nos pode promocionar.
Esixencia de Austeridade municipal duplícanse as dedicacións exclusivas
Petroglifos no dolmen ou refuxio da Leira Rapada
Na data do 25 de febreiro do 2014 na sección de Lemos da Voz de Galicia publicábase a sorprendente nova da aparición dun dolmen próximo ó castro da Leira Rapada, moi próximo a Vilatán. Ademais afirmába a existencia dun petroglifo na súa tapa consistente nunha cazoleta e dous circulos concéntricos. Quen puxo en coñecemento este achado foi o arqueólogo monfortino Iván Álvarez Meraio, tamén presentou a ficha en Patrimonio para a súa catalogación.
Parece que a natureza e o azar querían compensar a recente malanova sofrida coa caída da Nogueira de Licín coa boa nova deste entusiasta achádego.
Notificación a Patrimonio da inclinación dun ortostato do dolmen de Abuíme
Quizais pola excesiva e continuada choiva caída este pasado inverno , quizais o reblandecemento do chan , provocaron unha acentuación da inclinación do ortostato central do dolmen , que cunha clara tendencia cara o centro do monumento , ameaza con derrumbarse .
Con esta preocupante apreciación , o 24 de marzo do 2014 diríxímonos díante da Dirección Provincial de Patrimonio de Lugo , dependente da Consellería de Cultura , Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia . Explicamos o estado e solicitamos actuacións tendentes a estabilizar esta parte do monumento .

